Do Cebreiro a Compostela en bici polo Camiño de Santiago

O Camiño Francés en BTT dende O Cebreiro

El Camino cerca de Triacastela
O Camiño preto de Triacastela

 

Ainda que o máis común é facer o camiño francés en bicicleta dende máis lonxe, especialmente se temos en conta que a Compostelana non cha dan se non acreditas un mínimo de 200km, comparto con vos esta parte do Camiño en formato de diario de viaxe (con gastos para dúas persoas, km e consellos), moi recomendable para facer cando non se dispón de moito tempo, xa que apenas tres días son suficientes para facer este tramo galego do Camiño Francés.

 

Palloza en O Cebreiro
Palloza en O Cebreiro

 

Canto tempo dedico a facer este tramo do Camiño?

Eu recomendo facelo en tres días, ainda que é posible facelo en dous se cumplides os seguinte requisitos:

  • Estar en boa forma física e habituados a andar en bici
  • Gústavos madrugar
  • Facedes o camiño cando os días son longos e non hai moito barro (de maio a setembro)
  • Non vos importa ir por estrada
Llegando a Portomarín
Chegando a Portomarín

Pola contra, eu recomendo facelo en tres días se cumplides un dos seguintes requisitos:

  • Queredes ir polo tramo orixinal do camiño, e o mínimo por estrada alternativa
  • Tomades o camiño de forma relaxada e, ademáis, non vos gusta madrugar
  • Gústavos parar nos lugares de interese, a ver paisaxes, a tomar algo, a comer con calma…

E se a parte do anterior non estás en moi boa forma física ou non estás habituado en andar en bici, penso que é bo considerar un día máis de ruta.

 

Cerca de Melide
Preto de Melide

 

Cómo chegar a O Cebreiro

 

A forma máis económica de chegar a O Cebreiro, xa fose con bici ou sen ela, é en autobús. A empresa Alsa comunica Pedrafita do Cebreiro (capital do concello, a 4.6 quilómetros da aldea de O Cebreiro) coas principais cidades galegas e do resto da Península. A nós o billete en maio de 2014 dende Compostela a Pedrafita 2 adultos máis 2 bicis saiunos por 55.94 euros (se ides sen bicis botádelle uns 20 euros menos). Unha vez en Pedrafita, se ides con bicis eu recomendovos continuar en bici ate a aldea do Cebreiro, que ainda que é subida ven ben para ir quencendo as pernas para o Camiño. Se polo contrario vides a pé, o mellor é coller un taxi ate o inicio do tramo galego do Camiño. Outra cousa a ter en conta é cándo comezamos a facer o camiño unha vez que chegamos a Pedrafita. Se chegamos pola mañá o lóxico é poñerse xa a pedalear, mais se chegamos tarde ou de noite, en Pedrafita hai algún hostal. Nós quedámonos no Hostal Rebollal, que ten habitacións dobles por 45.50 euros almorzo a parte, un pouquiño caras para o que se estila noutros lugares do camiño, pero coa vantaxe de que te esperan ate que chegue o bus ate horas bastante tardías.

 

Gastos previos á viaxe:

 

· Bus Compostela – Pedrafita (2 adultos + 2 bicis) : 55.94 €

· Supermercado para a cea: 8.96 €

· Hostal Rebollal: 45.50 €

 

O Cebreiro
O Cebreiro

 

Primeira etapa: O Cebreiro – Sarria (43.06 km + 4.65 km desde Pedrafita)

 

Non pode haber un lugar máis fermoso para comezar o Camiño que O Cebreiro. Situada a case 1300 metros de altitude é unha pequena aldea moi ben conservada con varias pallozas e unha interesante igrexa prerrománica. Despois de parar un ratiño neste lugar idílico e hora de poñerse a pedalear. O camiño orixinal (por onde iremos sempre coas nosas bicis) sae ao carón do albergue de pelegríns e continúa por unha sucesión de pequenos repechos entre bosques e de vez en cando con excepcionais vistas das montañas lucenses. Pouco despois do Alto do Poio, atopamonos cunha forte baixada que obriga a usar moito os freos pola pendente e as pedras, e que remata na localidade de Triacastela, un bo lugar para facer un descanso para tomar algo ou xantar.

 

A Montaña de Lugo no Camiño
A Montaña de Lugo no Camiño

Despois de Triacastela temos dúas opcións: A primeira é continuar o camiño orixinal ate Sarria. A segunda é desviarse por Samos, que é recomendable se queredes visitar o interesante Mosteiro desa localidade. Como nós xa coñecemos este mosteiro, decidimos continuar polo camiño orixinal, que discurre por unhas preciosas paisaxes da montaña interior lucense. Despois de subir o alto de Riocabo, a ruta tórnase moi doada ate chegar á vila de Sarria: Un bó lugar para pasar a noite, con moitos aloxamentos onde elexir e bos sitios para cear

 

Gastos día 1:

· Almorzo (Hostal Rebollal, Pedrafita): 10 €

· Comida (Complexo Xacobeo, Triacastela): 15.80€

· Cea (Pizzeria Matias, Sarria): 20 €

· Hotel Oca Vila de Sarria: 40€

· Outros (Bebidas, cañas, cafés,…): 5.2€

 

Algún tramo con agua en el Camino
Algún tramo con auga no Camino

 

Segunda etapa: Sarria – Melide (66.52 km)

 

Sen madrugar moito, retomamos o Camiño subindo pola Rua Maior e saíndo de Sarria a carón do Mosteiro da Madalena. Despois, continuamos pedaleando por fermosos lugares nun típico tramo rompepernas ate a localidade de Portomarín, onde é imprescindible un descanso despois de máis de 20 km. Portomarín é a capital do concello do mesmo nome, que foi anegada coa construcción do Encoro de Belesar nos anos 60. A súa igrexa románica foi trasladada pedra a pedra até a ubicación actual, na praza da vila en frente a Casa do Concello.

 

Portomarín
Portomarín

Ao pasar Portomarín, temos que ter paciencia para enfrentarnos a unha forte e longa subida que fai desta etapa a máis dura destas tres. Ao chegar a Ventas de Narón, comenzamos un descenso ate Palas de Rei, outro concello lucense onde podemos parar a facer un descanso. Despois, o tramo entre Palas e Melide, xa na provincia de A Coruña), transcorre por un relevo con bastantes subidas e baixadas onde podemos xa notar o cansanzo da etapa. Pero todo sacrificio ten a súa recompensa, e en Melide temos bos locais para recuperar forzas cunhas racións de polbo á feira. As pulperías máis famosas son a Garnacha ou Ezequiel, aínda que podemos comer ben calquer tipo de comida, galega ou non, en toda a vila.

 

Pulpo en Melide
Polbo en Melide

 

Gastos día 2:

· Almorzo (Cafetería Anduriñas, Sarria): 11€

· Comida (2 bocatas+2cañas, Casa Molar, Ventas de Narón): 11.50€

· Cea (Pulpería A Garnacha, Melide): 19.90€

· Hospedaje Sony (Melide): 30 €

· Outros: 15.60€

 

Ribadiso
Ribadiso

 

Terceira etapa: Melide – Compostela (56.10 km)

 

Esta última etapa do Camiño até Compostela é a típica rompepernas tan común nas terras galegas. Contínuas subidas e baixadas, pero sempre entre fermosas paisaxes do rural. Se xa o Camiño Francés ten moitísima xente no verán, a partir da vila de Arzúa xúntanse toda a afluencia dos camiños do Norte (podedes ver o diario deste camiño en bici desde Irún neste enlace) e Primitivo, polo que estamos ante a etapa máis concurrida do Camiño de Santiago. Concluímos a última subida da etapa en San Marcos e a partir do Monte do Gozo xa podemos ver Compostela e as torres da Catedral. Entramos na cidade polo fermoso Barrio de San Pedro para rematar, como non, na famosa Praza do Obradoiro. Despois de gozar desta impresionate praza, é fundamental adicar polo menos un par de días para coñecer esta cidade, seguindo as recomendacións desta outra entrada do meu blog. E se continuamos con forzas, outra boa opción é seguir pedalenado polo Camiño até Fisterra, da que tamén podedes ver un diario similar a este nesta outra entrada. Bo camiño!

 

Compostela
Compostela

 

Gastos día 3:

· Almorzo (Restaurante Sony, Melide): 10€

· Comida (2 comidas + 2 bebidas, Rte Esquipa, Salceda): 9.30€

· Outros: 3€

 

Total gastos: 321.7€ (160.85 € persoa) en 3 dias, incluíndo durmir en Pedrafita e o desprazamento ate alí

Total quilómetros: 170.33 km (segundo o contaquilómetros da bici)

E xa sabedes que como é habitual neste blog, se tedes algunha dúbida, queredes deixar aquí algún consello máis, ou simplemente queredes comentar ou compartir unha experiencia vosa similar, non dubidedes en poñer un comentario.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *