UNHA PARADA NOS AZORES: A ILLA DE SAN MIGUEL

Consellos para facer un percorrido por libre nun paraiso no medio do Atlántico

Lagoa das Sete Cidades
Lagoa das Sete Cidades

Ainda que pareza mentira, con só 90km de longo,15 km de ancho e pouco mais de 100.000 habitantes, na Illa de San Miguel acumúlanse moitos lugares de interese. De feito, nós decidimos dedicarlle só tres días a esta illa e sen dúbida quedámonos cortos. É todo un exemplo dun pequeno espazo con moito que facer. Nesta nova entrada, comparto con vos consellos para visitar por libre esta fermosa illa.

plantacion de té de Porto Formoso
Plantacion de té de Porto Formoso

VOAR NA SATA: UNHA FORMA ECONÓMICA DE CHEGAR AOS AZORES

Ponta Delgada é a cidade máis grande da Illa e de todo os Azores, e nela está o maior aeroporto do arquipélago. De feito, nós chegamos ao seu aeroporto nun voo directo desde Porto coa compañía azoriana SATA, que conecta diariamente os Azores con Lisboa e Porto, así como con Boston e Toronto, xa ao outro lado do Atlántico. É unha compañía a ter en conta polo seu baixo coste (fora da temporada alta podemos visitar esta illa por menos de 200€) e polas súas conexións económicas co continente americano, de feito é a compañía que utilizamos para desprazarnos ate Canadá na viaxe que contarei en posteriores entradas.

Furnas
Furnas

COMO IR DO AEROPORTO A PONTA DELGADA

Unha vez no aeroporto, a forma máis lóxica de chegar ao centro da cidade é o taxi. Ten un prezo único de 10€, que considero bastante razonable, sobre todo tendo en conta que non hai outro transporte público disponible coma bus urbano. Os únicos autobuses que vimos no aeroporto son de transporte colectivo de hoteis, que tiñan un coste por persoa maior que o taxi, polo que o descartamos ao momento.

Ponta Delgada
Ponta Delgada

PONTA DELGADA: A CAPITAL

Ponta Delgada é a poboación máis grande da illa e conta con apenas uns 70.000 habitantes, o que fai dela unha localidade tranquila. A súa vida xira ao redor do tránsito do seu porto e do turismo; de feito é aquí onde encontramos o maior número de hoteis, restaurantes e outros servizos necesarios para o viaxeiro.

Igreja Matriz de Ponta Delgada
Igreja Matriz de Ponta Delgada

En Ponta Delgada temos tamén varios lugares de interese. Entre as numerosas igrexas destaca a da Nossa Senhora da Esperança, onde se garda o Santo Cristo dos Milagres, un santo con gran devoción na illa e ao que se lle dedican as maiores festas da capital. Aparte das igrexas, podemos visitar tamén outros lugares como a porta da cidade, o Forte de Sao Brás ou a Torre Sineira onde hai unhas boas vistas da cidade.

A Illa de San Miguel en coche
A Illa de San Miguel en coche

 

UNHA VOLTA POLA ILLA

Ainda que pasear por Ponta Delgada é un pracer, o máis espectacular da illa son sen dúbida as súas paisaxes, así que vos recomendo alugar un coche e facer unha ruta pola estrada que a rodea. Comezando na capital, e se saímos pola estrada dirección oeste, dirixímonos a unha das primeiras xoias da illa: A Lagoa das Sete Cidades e o seu miradoiro. A pouca distancia (aqui todo está preto) e de volta á costa, chegamos a Punta da Ferraria, o punto máis occidental da illa co seu faro e as curiosas piscinas quentes naturais que aproveitan a calor do interior da terra.

Ponta da Ferraría
Ponta da Ferraría

 

Xa de volta na ER1, a estrada que rodea a illa, dirixímonos agora en dirección este á altura da Ponta da Bretanha e continuamos ate Ribeira Grande, outra importante localidade onde recomendo parar un rato e aproximarse á Ponta do Cintrao.

Costa Norte
Costa Norte

Se seguimos rodeando a illa, e pouco despois de Ribeira Grande, pasamos pola plantación de té de Porto Formoso, onde de forma totalmente gratuita nos ofrecen unha visita guiada do proceso de elaboración do té así como unha desgustación do mesmo.

Chá de Porto Formoso
Chá de Porto Formoso

Dependendo do tempo dispoñible, aconsellaría continuar a ruta hacia a parte máis ao leste da illa, ate lugares como a Ponta da Madrugada. Se polo contrario o viaxante confórmase (ou non lle queda máis remedio) que ver os pontos máis turísticos, seguirá hacia ó interior hacia a localidade de Furnas, onde pode tomar un baño termal. Preto de aquí está tamén a Lagoa das Furnas e os seus “géiseres”, que son utilizados mesmo para cociñar o famoso Cocido das Furnas. Non moi lonxe, e se as nubes o permiten, se nos acercamos ao Miradoiro do Salto do Cabalo, gozaremos dunhas vistas impresionantes.

Furnas
Furnas

De volta de novo á Ponta Delgada é imprescindible deterse tamén na Lagoa do Fogo, aínda que neste caso para ter unha boa vista da mesma imos necesitar tamén que as nubes non nos oculten a paisaxe.

 

Esta ruta en coche ao redor da illa levounos dous días, ainda que recomendo se fose posible, dedicarlle polo menos un par de días máis para poder visitar máis localidades e gozar da calma con que vive a xente nestes lugares. Recomendo parar nalgún bar que atopemos polo camiño para interaccionar coa xente local así como dormir nalgunha casa rural perdida pola illa (esto último quedounos pendente para outra ocasión).

Furnas dende o Salto do Cabalo
Furnas dende o Salto do Cabalo

GUIA PRÁCTICA E RECOMENDACIÓNS

Onde dormir: Nos aloxámos todos os dias no Marina Lounge Hostel en Ponta Delgada, e foi sen dúbida un gran acerto. Recoméndoo por todo: profesionalidade, deseño, prezo…e sobre todo o trato dos seus propietários Lino e António.

Onde comer: Como o hostel onde nos aloxamos tiña cociña a verdade é que non fomos comer moito por ahí. Só ceamos fora unha noite, concretamente no Restaurante A Tasca, e foi unha moi boa elección.

Onde alugar coche: Nós fixémolo coa empresa Euraçor, por recomendación dos propietarios do hostel. Bo prezo e sen nengún problema.

Idioma: Ainda que o idioma oficial é o portugués, este portugués azoriano é bastante difícil de entender, especialmente nas zonas rurais.

Furnas
Furnas

Precios: Se pode decir que está máis ou menos ao mesmo nivel que o Portugal continental, polo que non se pode considerar un destino caro. Como exemplo, aquí deixo o que costan moitas cousas que pode necesitar un viaxeiro para que podades facer un presuposto:

Dormir: Habitación doble con almorzo e cociña (Marina Longe Hostel) 46€ noite

Cea no restaurante A Tasca de Ponta Delgada: 27,40€ duas persoas

Aluguer de coche pequeno na empresa Euroaçor: 75€ dous días seguro incluído

Unha caña de cerveza: moi variable, entre 50 centimos a 1.5€ segundo o sitio

Un bolo de pan lévedo azoriano: 2.30€

Lagoa do Fogo
Lagoa do Fogo

Isto é todo! E xa sabedes que como é habitual neste blog, se tedes algunha dúbida, queredes deixar aquí algún consello máis, ou simplemente queredes comentar ou compartir unha experiencia vosa similar, non dubidedes en poñer un comentario.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *