TORONTO E CATARATAS DO NIÁGARA

Consellos para visitar esta cidade e unhas das mellores paisaxes do mundo.

Toronto
Toronto

 

Cataratas do Niágara
Cataratas do Niágara

Ainda que non é a capital, Toronto é a cidade máis poboada de Canadá e unha das grandes metrópolis do continente. Tal e como estamos acostumados a ver nas películas americanas, Toronto é unha urbe moderna, con enomes rañaceos e unha chea de ruas en forma de cuadrícula salpicada de grandes avenidas. Debido as súas boas comunicacións con Europa e o propio país, esta foi a cidade que escollimos para iniciar e rematar a nosa viaxe por Canadá que comento en esta e posteriores entradas, así que comenzamos a visita a este interesante país cun paseo por Toronto e a un dos lugares máis turísticos do mundo: as Cataratas do Niágara. E como é habitual neste blog, rematarei esta entrada con consellos prácticos como gastos, onde durmir, onde comer, etc…

Rañaceos e a CN Tower
Rañaceos e a CN Tower

CHEGADA A TORONTO E COMO IR AO CENTRO DENDE O AEROPORTO

Antes de viaxar a calquer destino convén estudar ben as distintas aeroliñas e posibles enlaces para atopar a forma de chegar máis económica. Despois de moito buscar, a forma máis barata de entrar en Canadá foi a través desta cidade e utilizando as compañías Air Transat e a azoriana SATA. Nós decidímonos pola segunda opción xa que, a igualdade de prezo, permitíanos facer escala nas Illas Azores, cousa que fixemos de moi bo gusto é que conto nesta entrada do blog. Ademáis, pudemos aforrar en desprazamento ao salir desde Porto en lugar de Madrid, xa que somos de Compostela.

China Town
China Town

Unha vez no aeroporto Lester B. Pearson de Toronto, a mellor forma de ir ao centro é coller o bus número 192 Airport Rocket e enlazar co metro na estación de Kipling. Consta dun billete único que podemos comprar no mesmo bus por 3 dólares, sempre que teñamos o importe exacto.

O Toronto máis antigo
O Toronto máis antigo

PRIMEIRO CONTACTO CON TORONTO

Se como nós é a primeira vez que pisades o continente americano, é posible que teñades a mesma sensación de estar familiarizados co entorno a través das películas que nos chegan de este continente. As amplas avenidas, os coches grandes, os establecementos de comida rápida,…son moitas cousas que están lonxe da nosa cultura…e a súa vez estamos tan acostumados. O primeiro que nos toca aprender é a forma de orientarnos; e a verdade é que non é difícil debido as rúas en forma de cuadrícula, sendo o eixo da cidade a Younge Street, que vai ser a que nos divida as rúas que corta en leste ou oeste.

Toronto
Toronto

COMO MOVERSE

Toronto non ten que ver moito co esquema de cidades europeas con un centro ben diferenciado e turístico. Aquí as distancias son longas e convén moverse en transporte público. A forma máis doada para desplazarse é o metro (costa 3 dólares o billete e hai que abonar o importe exacto) e nos permite ir a certas zonas da cidade dunha forma rápida e segura. O problema do metro é que só dispón de dúas liñas, polo que para chegar a algúns lugares temos que complementar o transporte co bus.

Dundas Square
Dundas Square

QUE VER

Como moitas cidades de Norteamérica, Toronto non conta con moito máis de 200 anos de antigüedade, polo que os edificios históricos son bastantes recentes e seguindo a arquitectura contemporánea. Un dos seus lugares máis visitados é a CN Tower, todo un símbolo da cidade, e que a podemos ver case desde calquera lugar. Preto desta torre, temos o barrio financieiro con numerosos rañaceos, centros comerciais e modernas prazas como a de Dundas Square .

Casa Loma
Casa Loma

Se nos movemos hacia o interior da cidade, recomendo visitar lugares como a sua universidade ou a Casa Loma, así como ver o ambiente nos concurridos barrios da Pequena Italia ou Chinatown. E se o que nos gusta é ver museos, os máis visitados son a Galeria de Arte de Ontario e o Museo Real de Ontario, donde podemos ver unha grande variedade de fósiles.

Illa Toronto
Illa toronto

Para alonxarse un pouco do ambiente urbano, se pode dar un paseíño no Toronto Islands Park, nas Illas de Toronto, un parque onde pasar unha tarde paseando ás beiras do Lago Ontario.

Cataratas do Niágara
Cataratas do Niágara

AS CATARATAS DO NIÁGARA

Unha vez en Toronto, sería un delito non facer uns 200 km para ver as Cataratas do Niágara. Simplemente son espectaculares, e recomendo completamente a sua visita. A nosa idea era ir ate alí alugando un coche, e así de paso coñecer un pouco a zona ao seu redor, mais ao final decidímonos por utilizar o transporte público. Para elo, collimos un tren dende Toronto ate Burlington e despois enlazamos ate as cataratas (situadas na cidade de Niagara Falls) en bus, aínda que penso que se a visitades en fin de semana hai un tren directo sen necesidade de enlazar co bus. Unha vez en Niagara Falls non hai máis que coller un bus urbano (7 $, pódese usar todo o dia) para ir ate as cataratas e alí gozar das vistas.

Cataratas do Niágara
Cataratas do Niágara

 

GUIA PRÁCTICA DE TORONTO

Para que vos sirva de axuda ao facer o presuposto da viaxe, aquí vos deixo algunhas recomendacións e costes do necesario para pasar uns días en Toronto.

· Onde durmir:

Toronto é unha cidade bastante cara, aínda así, atopamos habitacións dobles bastante ben de prezo:

  • The Parkway Place: 70$ (48€) noite con baño compartido e cociña. Está ben, pero só estivemos unha noite por estar bastante alonxado do centro.
  • Courtyard Living Hostel: 80$ (55€) noite con baño compartido e cociña. Non moi limpo e situado nun suburbio. Aínda así estivemos duas noites por estar ben de prezo.
  • Madison Manor B&B and Pub: 90$ (61€) con baño privado e almorzo. O mellor sen dúbida, aínda que se non está de oferta costa moito máis. O único malo é que te cobran unha fianza que tardan en devolver.

Coche ecolóxico en China Town
Coche ecolóxico en China Town

· Onde comer:

Se vos gusta a comida rápida estades de sorte: por todas partes hai hamburgueserías, pizzerías, e establecementos deste tipo. Senón tamén podedes comer en restaurantes italianos, chinos, mexicanos ou similares. Poño exemplos do que nos costaron algunhas comidas:

  • Spaguetti e Ravioli no mercado: 19$ (13€)
  • 2 Hotdogs na rúa: 6$ (4.2€)
  • 1 pizza no PizzaHut: 14.2$ (10€)
  • Comida Tailandesa no Thai Spress: 14$ (9.8€)
  • Comida consistente no Templeton Cafe: 33$ (23€)
CN Tower
CN Tower

· Onde beber:

Hai moitos tipos de locales para tomar algo en Toronto. Desde tipo Pub Irlandés ate locales de deseño. De todos os xeitos, o precio da bebida é bastante cara, e unha pinta de cerveza pode andar en torno aos 8$ (5.6€)

· Propinas

En Canadá acostúmase a deixar propinas nos bares e restaurantes. Segundo puden comprobar, o normal é deixar en torno o 10%, xa que unha parte do soldo do persoal de servizo compleméntase con estes cartos. Cando se paga con tarxeta de crédito, en moitos sitios o terminal xa te permite abonar a propina (Tip) poñendo directamente o importe ou cun porcentaxe.

Cataratas do Niágara
Cataratas do Niágara

· Outros gastos:

  • Billete de metro: 3$ (hai que levar o importe exacto) (2.1€)
  • Billete de tren mais bus ás Cataratas do Niágara: 36$ (25€)
  • 2 donuts: 2$ (1.4€)
  • 1 Coca Cola nunha máquina self-service: 2.5$ (1.7€)
  • Lavado e secado de roupa nunha lavandería: 4.75$ (3.3€)
Cataratas do Niágara
Cataratas do Niágara

Isto é todo! E xa sabedes que como é habitual neste blog, se tedes algunha dúbida, queredes deixar aquí algún consello máis, ou simplemente queredes comentar ou compartir unha experiencia vosa similar, non dubidedes en poñer un comentario.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *