Archivos de la categoría en galego

POR EUROPA EN COCHE 3ª PARTE: DENDE ESLOVENIA Á LUGO

Ésta é a terceira parte do diario da miña viaxe por Europa en coche no ano 2011. Na primeira parte describo o percorrido dende a saída da casa ata Noruega, incluíndo unha volta polos fiordos (pinchar aqui para ver o relato da 1ªparte); e na segunda parte, dende Noruega ata Eslovenia (pinchar aqui para ver o relato da 2ªparte). A continuación, comentarei a viaxe dende a saída de Eslovenia ata casa, representado no seguinte mapa.

Percorrido da viaxe e da terceira parte
Percorrido da viaxe e da terceira parte

As ideas xerais da viaxe xa as comentei tamén na 1ª parte do diario, que se poden resumir en disfrutar de cada xornada, sen levar percorrido fixo, sen facerlle apenas caso ás guías de viaxe e non facer reservas de aloxamento, que nos limita a durmir nun sitio prederminado. Esto último non o imos cumplir nesta parte da viaxe polo menos nunha ocasión, xa que como comentarei en breve, en Eslovenia decidimos reservar unha casa rural para pasar uns días nos Alpes franceses, para descansar alí de tantos días de viaxe. De todos os xeitos, esto non deixa de ser unha excepción en toda a viaxe.

22 DE AGOSTO: O LAGO DI GARDA

Stara Fužina (SLO) – Torri del Benaco (I)

O Parque Natural do Triglav de Eslovenia é un deses sitios onde nos gustaría voltar noutra ocasión. A ser posible nunha época de menos calor e levando unhas bicicletas como equipaxe. Pero a viaxe continúa e saímos cara Italia non sen antes encher o depósito de gasoil (1.238 euros/litro en comparación cos 1.5 euros/litro de Italia).

Xa en Italia, a calor faise cada vez máis insoportable, onde chegamos a estar á 40ºC. Por esa razón, decidimos non visitar Venecia (estivemos a apenas 20 quilómetros desta famosa cidade) e nos diriximos hacia a zona dos lagos, xa que pensamos que alí faría algo máis de fresco.

Lago di Garda (Italia)
Lago di Garda (Italia)

Chegamos ata o Lago di Garda e, a decir verdade, non notamos que refrescase moito. Buscamos un hotel na beira do lago, e esperamos a que baixasen un pouco as temperaturas. Pola noite, a uns 30 grados, segue sendo moi pesado pasear, pero se disfruta moito mellor do lugar, como por exemplo dunha cea nunha terraza xunto ó lago, na localidade de Torri del Benaco.

Gastos pagados no día: Gasóleo: 33.01 euros, apartamento de Stara Fužina (2 días): 92 euros, supermercado: 2.90 euros, peaxes: 8.60 euros

Quilómetros percorridos no día: 466.1

23 DE AGOSTO: O LAGO DI COMO

Torri del Benaco (I) – Laglio (I)

O día empeza xa con 30ºC, e moi probablemente se cheguen ós 40ºC pola tarde. Nestas condicións tan pouco propicias para o paseo, a mellor forma de coñecer os lagos será rodeándoos no coche, onde estamos tan a gusto gracias ó aire acondicionado. De todos os xeitos, as paisaxes do Lago di Garda, Como e o d’Iseo (entre os dous anteriores), disfrútanse moito dende o coche, sempre que se vaia polas estradas máis próximas ós lagos, sen presas, e facendo paradas para contemplar as vistas e algunhas localidades

Lago di Como (Italia)
Lago di Como (Italia)

Despois de case rodear por completo o Lago di Como, intentamos buscar un sitio onde durmir na beira oeste do lago. Tardamos bastante en atopar un aloxamento á un prezo razonable, xa que prácticamente todos pasan dos 100euros. Ésta é unha zona moi turística, pero tamén o é o Lago di Garda e non é tan caro. Supoño que será porque o Lago di Como sempre foi un destino das clases máis pudientes de Europa desde fai máis dun século, e eso se nota en moitos hoteles de luxo que teñen xa preto de cen anos. Ainda así, eu esperaba atopar tamén algún sitio onde durmir para os que viaxamos sen derrochar e, cando xa estabamos a punto de decidirnos por un cámping (durmir de cámping a 30 grados non nos facía moita gracia) atopamos un hotel por 75 euros con almorzo e aire acondicionado.

Gastos pagados no día: Hotel en Torri del Benaco: 74 euros, supermercado: 7.67 euros, cea: 27 euros

Quilómetros percorridos no día: 368.9

24 DE AGOSTO: UN POUCO DE FRESCO NO VAL DE AOSTA

Laglio (I) – Valsavarenche (I)

A paisaxe dos Lagos de Italia gustounos moito, ainda que non o disfrutamos todo o que o merece pola calor. Buscando lugares tamén fermosos, pero cun pouco máis de fresco, decidimos ir hacia o Val de Aosta, xa ben dentro dos Alpes, concretamente dentro do Parque Natural Gran Paradiso. E chegamos ata Valsavarenche.

Valsavarenche (Italia)
Valsavarenche (Italia)

Nesta pequena localidade, dentro do Parque Natural, atopamos temperaturas razoables, paisaxe de montaña, prezos xustos e moita tranquilidade. Despois de pasar polos saturados Lagos di Como e Garda, e de sufrir durante tantos quilómetros a nefasta forma de conducir dos italianos, disfrutamos moito da paz deste lugar. Aloxámonos nunha casa rural (ten a denominación de “chambre d’hotes”, xa que por aqui xa se fala francés) con boas vistas, e preto do centro do pobo.

Gastos pagados no día: Hotel en Laglio: 75 euros, supermercado: 23.73euros, gasóleo: 45.06 euros, peaxe: 3.30, cea: 29.70 euros

Quilómetros percorridos no día: 258.3

25 DE AGOSTO: DE VOLTA Á FRANCIA

Valsavarenche (I) – Filinges (F)

Despertarnos neste lugar fai que teñamos moitas ganas de pasar varios días por aqui. E así faremos en Filinges, a pouca distancia de onde estamos, xa en terras francesas. Pero antes, aproveitando parte da mañá, contemplamos algo das paisaxes do Parque Natural Gran Paradiso

Parque Nacional Gran Paradiso (Italia)
Parque Nacional Gran Paradiso (Italia)

Despois, seguimos rumbo Filinges cruzando o alto de Saint Bernard (2188m.), con moi boas paisaxes alpinas; e facendo unha parada en Albertville, para comer unhas galettes nunha creperia bretona. Ben entrada a tarde, chegamos ó apartamento que tiñamos reservado en Filinges, onde imos pasar uns días. Á primeira vista o apartamento é perfecto para nós. Está situado no último piso dunha casa de pedra antigua, perfectamente restaurado, e con tódalas comodidades que podemos necesitar. Ademáis, o entorno é moi tranquilo, pero preto da “civilización” para ir de compras ou tomar algo. Respecto ós anfitrións (un deles galego) non teño máis que decir que son perfectos.

Gastos pagados no día: Chambre d’hotes de Valsavarenche: 70 euros, supermercado: 31.72euros, peaxe: 1, comida: 27 euros, aparcamento Albertville: 0.60 euros

Quilómetros percorridos no día: 264.3

26 DE AGOSTO: COMEZAN OS DÍAS DE DESCANSO NOS ALPES

Filinges (F) – Filinges (F)

Levamos xa 25 días viaxando, polo que necesitamos dunha temporadiña de descanso. Queremos estar uns días facendo de turistas pero sen facer moitos quilómetros, sen madrugar, sen necesidade de ter que andar buscando sitios para comer e durmir, … Apetécenos levantarnos cando despertemos, almorzar tranquilamente; e logo ir a dar unha volta polos arredores, facer a compra, tomar algo, e despois voltar á casa pola noite para cear e ler un pouco antes de durmir.

O Mont Blanc, dende o apartamento de Filinges
O Mont Blanc, dende o apartamento de Filinges

Creo que eleximos o lugar idóneo para levar este estilo de vida. De feito hoxe, tras erguernos tarde e almorzar, fumos ó mercado; despois a xantar en Annemasse e a tomar unhas cervexas en Bonne, onde aproveitamos para ir ó supermercado. E pola noite, cea no apartamento cun bo viño francés.

Gastos pagados no día: Supermercado: 11.60 euros, comida: 29.70 euros, cervexas: 4.70 euros

Quilómetros percorridos no día: 75.2

27 DE AGOSTO: ANNECY

Filinges (F) – Filinges (F)

Hoxe adicamos ó día a coñecer Annecy, unha cidade moi turística que ten canais e está situada á beira dun lago co mesmo nome.

Annecy (Francia)
Annecy (Francia)

O centro de Annecy é un lugar agradable para pasear, ainda que nesta época do ano hai moito turismo. O que máis me gustou foron os canais e a antigua cárcere (Palacio d’Isle), que rodeada de canais ten unha forma parecida a un barco. Hoxe, ademáis, disfrutamos dun mercadillo de artículos de segunda man (tan comúns en Francia). Como é habitual nas nosas viaxes por Francia, comimos nunha creperie bretona as galettes de trigo de sarraceno que tanto nos gustan.

Galettes
Galettes

Pola tarde, rodeamos o Lago de Annecy, que está entre montañas que algunha supera os 2000m de altitude. Supoño que na primavera e no inverno, cos picos nevados, a paisaxe ten que ser aínda máis fermosa.

Lago de Annecy (Francia)
Lago de Annecy (Francia)

Gastos pagados no día: Supermercado: 11.17 euros, comida: 32.70 euros, aparcamento Annecy 2.40 euros, gasóleo: 30.01 euros

Quilómetros percorridos no día: 141.3

28 DE AGOSTO: UNHA EXCURSIÓN A SUIZA

Filinges (F) – Filinges (F)

Como estamos a pouco máis de 30 quilómetros de Suiza hoxe decidimos facer unha excursión por ese país. Descartamos ir ata Xinebra, que ainda que a temos moi preto, non nos apetece visitar ningunha cidade. Así que pasaremos o día visitando as localidades da beira sur do Lago Leman (case todas francesas).

Lago Leman
Lago Leman

Despois, unha pequena excursión polos alpes suizos preto de Monthey, contemplando as paisaxes de montaña deste país.

Estrada en Suiza
Estrada en Suiza

Gastos pagados no día: Comida: 25.50 euros

Quilómetros percorridos no día: 194.3

29 DE AGOSTO: LE CIRQUE DU FER A CHEVAL

Filinges (F) – Filinges (F)

Unha excursión ata o círculo glaciar de Fer a Cheval vai ser a nosa forma de pasar o último día de descanso dentro destas “vacacións” nos Alpes. O circo, preto da localidade de Samoëns, aparte da súa beleza, é moi interesante, xa que se pode observar perfectamente a forma de ferradura dun antigo glacial.

Cirque du fer a cheval
Cirque du fer a cheval

Gastos pagados no día: Comida: 34.60 euros, gasóleo: 55.01 euros, supermercado: 17.31 euros

Quilómetros percorridos no día: 102.6

30 DE AGOSTO: HACIA O SUR DE FRANCIA

Filinges (F) – Albi (F)

Coma novos despois destes días de relax nos Alpes, continuamos a ruta de regreso á casa. Facemos unha parada en Le Puy-en-Velay para xantar e para ver a impresionante ubicación da capilla de Saint Michel de Aiguilhe, situada na cima dunha formación volcánica.

Le Puy-en-Velay (Francia)
Le Puy-en-Velay (Francia)

Pasamos a noite e o final da tarde na cidade de Albi, que ten un certo encanto, e unha catedral feita en ladrillo moi interesante.

Gastos pagados no día: Apartamento de Filinges (380 euros por 5 noites), peaxes: 17 euros, Hotel Albi: 57.80 euros, Cea Albi: 28.70 euros

Quilómetros percorridos no día: 576.6

31 DE AGOSTO: CADA VEZ MÁIS PRETO DA CASA

Albi (F) – Sara (F)

Continuamos facendo quilómetros de volta á casa e, tras pasar Toulouse, decidimos dirixirnos hacia o Iparralde (coñecido como País Vasco francés), un lugar perfecto para decansar un par de días. Ainda que estivemos no Iparralde en varias ocasións (incluso teño unha entrada do blog sobre esta zona), sempre que podemos buscamos unha escusa para volver aquí, xa que nos gusta de forma especial. Desta vez, decantámonos pola pequena e fermosa localidade de Sara.

Gastos pagados no día: Gasóleo: 30 euros, comida: 23.5 euros, peaxes: 13.80 euros, cervexas: 4.80 euros

Quilómetros percorridos no día: 427.7

1 DE SETEMBRO: DESCANSANDO NO IPARRALDE

Sara (F) – Sara (F)

Día de descanso en Sara e arredores, disfrutando da calidade de vida do Iparralde

Sara, Iparralde
Sara, Iparralde

Gastos pagados no día: Supermercado: 46.36 euros, cervexas: 5.60 euros

Quilómetros percorridos no día: 93.3

2 DE SETEMBRO: CELEBRANDO A FIN DA VIAXE EN ASTURIAS

Sara (F) – Luanco

Seguimos facendo quilómetros de volta á casa, pouco á pouco, como decidimos facer en toda esta viaxe. Tras facer unha parada para xantar nunha praia preto de Llanes, chegamos a Luanco, localidade onde vivín dous anos e que lle teño un cariño especial. Será aquí onde celebremos a última noite desta viaxe.

Gastos pagados no día: Hotel Sara: 212.80 euros (inclúe dúas noites e dúas ceas), supermercado: 4.35 euros, gasóleo: 53 euros, peaxes: 10.61 euros, cervexas: 13.80 euros

Quilómetros percorridos no día: 448.9

3 DE SETEMBRO: FIN DA VIAXE

Luanco – Lugo

Estes 33 días de viaxe pasáronsenos tan rápido que case non nos demos de conta. Voltaríamos facer sen dubidalo os 10.907.6 quilómetros que acabamos de percorrer por tantas estradas de Europa. Coma sempre, nada máis chegar xa estamos pensando a dónde será á próxima viaxe: Europa do Leste? Europa do Sur? Países Escandinavos de novo? Dá igual decidilo agora. Coma sempre, non o sabremos ata poucos días antes de partir.

Gastos pagados no día: Hotel Luanco: 85 euros (inclúe a cea), gasóleo: 46.01 euros.

Quilómetros percorridos no día: 233.3

FIN

Pinchar aquí para ver a 1ª parte da viaxe

Pinchar aquí para ver a 2ª parte da viaxe

Se desexades máis información, podedes deixar un comentario ou escribir á cabonorte2009@hotmail.es

POR EUROPA EN COCHE 2ª PARTE: DENDE NORUEGA Á ESLOVENIA

Ésta é a segunda parte do diario da miña viaxe por Europa en coche no ano 2011. Na primeira parte describo o percorrido dende a saída da casa ata Noruega, incluíndo unha volta polos fiordos (pinchar aqui para ver o relato da 1ªparte). A continuación, comentarei a viaxe dende a saída de Noruega ata eslovenia, representado no seguinte mapa.

Percorrido da viaxe e da segunda parte
Percorrido da viaxe e da segunda parte

As ideas xerais da viaxe xa as comentei tamén na 1ª parte do diario, que se poden resumir en disfrutar de cada xornada, sen levar percorrido fixo, sen facerlle apenas caso as guías de viaxe e non facer reservas de aloxamento, xa que esto último nos limita a durmir nun sitio prederminado.

14 DE AGOSTO: DE VOLTA Á SUECIA

Vinstra (N) – Forshaga (S)

Continuando coa viaxe, saímos de Noruega tras 13 días de viaxe e algo máis de 4000 quilómetros coa ilusión de coincidir con Kersti e Lito nalgún lugar do sur de Suecia onde estaban pasar o fin de semana. Comunícannos que escolleron un lugar preto dun lago chamado Forshaga que, por sorte para nós, non estaba demasiado lonxe de onde nos atopabamos.

Forshaga (Suecia)
Forshaga (Suecia)

Así que este día fixemos pouco a pouco os case 400 quilómetros ata Forshaga, pasando por Lillehammer, Kongsvinger e Arvika, sempre por estradas en bastante bo estado, entre ríos, lagos e bosques de coníferas. Xa en Forshaga, reunímonos con Kersti e Lito no cámping da localidade, que está xunto un bonito lago. Coma sempre, disfrutamos da súa compaña o resto do día.

Cabana no cámping de Forshaga
Cabana no cámping de Forshaga

Gastos pagados no día: Gasóleo: 335 NOK, comida: 96 NOK, cervezas: 79.90 SEK, ducha cámping: 10 NOK, cabana cámping Forshaga: 500SEK

Quilómetros percorridos no día: 394.3

15 DE AGOSTO: AS VECES, CÓMO NOS GUSTA REPETIR

Forshaga (S) – Båstad (S)

Despois de despedirnos de Kersti e Lito por segunda vez nesta viaxe, tomamos a estrada 45 rumbo sur, pasando despois por Gotemburgo, aínda que desta vez non paramos nesta cidade. De novo na E6, camiño de Dinamarca, decidimos parar para pasar a tarde e a noite nun lugar xa ben coñecido por nós: Båstad.

Båstad
Båstad

Na primeira parte da viaxe xa falei do a gusto que nos sentimos neste lugar. Ademais, non fará falla decir que para durmir tamén escollemos o mesmo B&B que uns días antes. Se as dúas veces que estivemos en Båstad foron inesquecibles, por qué non repetir unha terceira?

Gastos pagados no día: Gasóleo: 590.19 SEK, comida: 205.3 SEK

Quilómetros percorridos no día: 487

16 DE AGOSTO: CAMBIO DE PLANS

Båstad (S) – Ratzeburg (D)

Ó comezar a viaxe, non descartamos a posibilidade de percorrer o sur de Polonia e Eslovaquia, xa que especialmente os arredores de Cracovia e os Tatra son zonas que xa fai uns anos tivemos ganas de visitar. Pero como o tempo non chega para todo, neste día decidimos viaxar cara ó sur, ata chegar á zona dos Alpes e Eslovenia. Quizais o próximo ano toque unha viaxe pola Europa do Leste.

Xa de novo na estrada, poñémonos rumbo á Dinamarca, ainda que dubidamos de que forma entrar neste país. Tanto na ida coma na viaxe do 2009 utilizamos a Ponte de Oresund, ainda que hai que percorrer uns quilómetros de máis e pagar unha peaxe. Desta vez decidimos usar o ferry de Helsingborg (Suecia) á Helsingør (Dinamarca), e pensamos que foi unha opción acertada, xa que penso que aforramos tempo e distancia. Ademais, as vistas do castelo de Helsingør cando se está chegando á esta cidade danesa merecen a pena.

Castelo de Helsingør (Dinamarca)
Castelo de Helsingør (Dinamarca)

Sen facer unha parada en Helsingør, que xa visitamos no ano 2008 noutra viaxe por Dinamarca, continuamos cara Alemania…e outra vez tocaba elexir o camiño máis convinte. En distancia este era, sen dúbida, collendo o ferry de Gedser (Dinamarca) á Rostock (Alemaña), pero non nos cadraban ben os horarios e por iso volvimos no noso ben usado ferry de Rødbyhavn (Dinamarca) á Puttgarden (Alemaña).

Para descansar escollimos a cidade de Ratzeburg, que non é fea e está nun bonito entorno xunto a un lago, aínda que non aconsello parar alí a non ser que cadre de camiño, coma no noso caso. O único hotel que atopamos foi o Hotel Pension Heckendof, que costaba 85 euros a noite con almorzo incluído, sen dúbida o máis caro desta viaxe. Eso sí, en con un mini bar na habitación onde a botella de cerveza costaba só un euro!

Gastos pagados no día: B&B Båstad: 700 SEK, Ferry Helsingborg – Helsingør: 420 SEK, Ferry Rødbyhavn – Puttgarden: 647 SEK, cea 22.5 euros

Quilómetros percorridos no día: 409.1

17 DE AGOSTO: BREVE INCURSIÓN NA REPÚBLICA CHECA

Ratzeburg (D) – Silberbach (D)

Parece mentira que un hotel deste nivel en Alemaña non dispoña de terminal para pagar con tarxeta, así que non tivemos máis remedio que pagar en metálico os 85 euros do aloxamento máis caro da viaxe. Despois, fixemos quilómetros toda a mañá cara ó sur, facendo apenas unha parada na cidade de Halle, onde se podimos apreciar a diferencia que existe entre as cidades da antiga Alemaña Oriental respecto da Occidental.

Pola tarde, atopamos un Gasthof (Sahönblick) barato (54 euros con almorzo) en Silberbach, preto da cidade de Selb, e como vemos que está a moi poca distancia da República Checa e temos parte da tarde por diante, decidimos facer unha excursión ata ese país, buscando unha localidade para visitar preto da fronteira: Cheb

Cheb, na República Checa
Cheb, na República Checa

De Cheb gustounos o centro, cunha plaza bastante bonita. A verdade é que tiñamos ganas de cear alí, pero decidimos facelo en Alemaña xa que non tiñamos nada de coronas checas.

Gastos pagados no día: Hotel Ratzeburg: 87 euros (Habitación 85 euros, 2 cervexas: 2 euros) Gasóleo: 62 euros, Gasthof Silverbach: 54 euros, supermercado: 8.63 euros

Quilómetros percorridos no día: 586.3

18 DE AGOSTO: OS ALPES

Silberbach (D) – Obertraun (A)

Abandonamos cedo o tranquilo Gasthof de Silverbach (éramos os seus únicos clientes) e seguimos en dirección ó sur, pero tomando estradas fóra das Autobahn atestadas de tráfico. Entramos en Austria pola cidade de Passau e logo seguimos hacia o sur para acercarnos máis ós Alpes e coñecer a fermosa localidade de Hallstatt e a sua contorna.

Lago Hallstättersee (Austria)
Lago Hallstättersee (Austria)

Ó comezar a tarde, buscamos para durmir nunha casa particular en Obertraun, a uns 4 quilómetros de Hallstatt, un lugar bastante máis tranquilo que o anterior. Hallstatt, aunque atractiva, é demasiado turística, razón pola cal decidimos visitala ó día seguinte pola mañá e adicar ó resto da xornada para rodear o seu fermoso lago Hallstättersee.

Para descansar non nos equivocamos con Obertraun. É tranquilo e ademáis ten varios bares e restaurantes ben de precio. Hai varios gastoff e casas particulares, coma a nosa Haus Kieninger, moi recomendable, e por só 54 euros con almorzo.

Gastos pagados no día: Gasóleo: 46 euros, pegatina peaxe Austria para 10 días: 7.90euros, supermercado: 3.60 euros, cervexas: 6.20 euros, cea: 27 euros

Quilómetros percorridos no día: 460

19 DE AGOSTO: OS LAGOS DO SALZKAMMERGUT

Obertraun (A) – Obertraun (A)

Eu sempre digo que a mellor hora de visita dos lugares moi turísticos son as primeiras horas da mañá ou pola noite. Entón, decidimos levantarnos cedo para visitar Hallstatt, xa que pola noite rematamos de cear tarde.

Hallstatt (Austria)
Hallstatt (Austria)

O primeiro que nos indica a súa carga turística é o precio do aparcamento, que ten unas tarifas abusivas. Despois, a enorme cantidade de tendas de recordos e restaurantes faime sospeitar que este é un lugar onde non vive ninguén, mais que os comerciantes que lle sacan os cartos ós turistas. De todos os xeitos, Hallstatt é moi fermoso, e é un lugar perfecto para pasear antes de que cheguen (ou despois de que se vaian) toda a marea de turistas. Unha das imaxes máis curiosas deste sitio, son a especie de palafitos que usan sobre todo como garaxe das barcas, unha forma curiosa de aproveitar o espazo sobre o lago.

Hallstatt (Austria)
Hallstatt (Austria)

O resto do día pasámolo paseando no coche ó redor dos lagos Attersee, Mondsee e Wolfgangsee, todos moi bonitos e uns destinos moi populares para veraneo “na praia” dos austríacos. Tamén visitamos o lago Grundlsee, á maior altitude, e baixo unha treboada.

Lagos de Salzkammergut (Austria)
Lagos de Salzkammergut (Austria)

Gastos pagados no día: Aparcamento Hallstatt: 4.50, supermercado: 7.39 euros, cea: 33 euros

Quilómetros percorridos no día: 219.8

20 DE AGOSTO: Á ESLOVENIA

Obertraun (A) – Stara Fužina (SLO)

O mellor de viaxar por Centroeuropa é ver o preto que está todo. No mapa, vemos que apenas nos separan uns poucos quilómetros dun país balcánico como Eslovenia, que sempre quixemos visitar. Continuamos entón hacia ó sur en dirección á aquel pais, concretamente á sua zona noroeste para coñecer os famosos Alpes Xulianos.

Estrada nos Alpes (Austria)
Estrada nos Alpes (Austria)

Tras uns cantos quilómetros por estradas e autoestradas alpinas entramos en Eslovenia pola estrada 101 a través do Loibltunnel, co obxectivo de non ter que pisar ningunha autoestrada deste país, onde hai que levar ben visible unha pegatina que indica que abonaches os cartos de peaxe para usalas por un ano, e que custa uns 60 euros. De todos os xeitos, sen darnos conta chegamos á unha autoestrada e tivemos que andar uns quilómetros por ela, na que afortunadamente non había moita vixilancia.

Xa fóra da autoestrada, fumos en dirección a Bled e o famoso Parque Nacional do Triglav, un dos lugares máis famosos deste pequeno país. Atopamos para durmir un apartamento no lugar de Stara Fužina, a carón do lago Bohinj, dentro do Parque Nacional. Neste lugar, o acento balcánico da xente que oímos falar, así como os prezos considerablemente máis baixos (a pesares de ser un lugar moi turístico), fannos sentir que estamos nun sitio moi diferente do que estivemos habituados estes días.

Gastos pagados no día: Gasóleo: 40 euros, Casa Obertrain: 108 euros (54 euros por día), supermercado: 15.83 euros, cervexas: 4 euros

Quilómetros percorridos no día: 322.9

21 DE AGOSTO: O PARQUE NATURAL DO TRIGLAV

Stara Fužina (SLO) – Stara Fužina (SLO)

Sen dúbida algunha, decidimos pasar o día neste fermoso Parque Natural. E non nos importaría estar uns cantos máis días se non fose pola calor. O primeiro sitio a visitar é Bled, co seu lago e o seu castelo.

Lago de Bled, Eslovenia
Lago de Bled, Eslovenia

O castelo é dende onde se ten a mellor panorámica do lago, e ésta é a única razón pola que visitalo, xa que polo seu contido do interior ou o seu valor histórico non pagaría a pena os 6 euros a abonar pola entrada (coa reducción do carnet de estudiante, ante a incrédula taquillera).

Castelo de Bled (Eslovenia)
Castelo de Bled (Eslovenia)

Despois de Bled,o mellor é percorrer o Parque Nacional, cunhas paisaxes excelentes, bastantes bosques e picos de case 3000m.de altitude. Se non fixese tanto calor, non dubidaría en alquilar unhas bicicletas para percorrelo.

Parque Nacional do Trigalv (Eslovenia)
Parque Nacional do Trigalv (Eslovenia)

Se non se ten unha bicicleta, tamén no coche se pode chegar a sitios ben fermosos do parque, como algunhas fervenzas. Eso si, moitas estradas están sen asfaltar, ainda que en bo estado.

Parque Nacional do Trigalv (Eslovenia)
Parque Nacional do Trigalv (Eslovenia)

Voltamos durmir no mesmo sitio que o día anterior. Un apartamento con cociña por 46 euros noite, en pleno Parque Nacional.

Gastos pagados no día: Castelo Bled: 12 euros, comida: 11 euros, cervexas: 4 euros

Quilómetros percorridos no día: 163.3

Ata aquí a segunda parte da viaxe. Aquí podes enlazar coas outras dúas:

1ª parte: Dende Lugo á Noruega

3ª parte: Dende Eslovenia á Lugo

Se desexades máis información, podedes deixar un comentario ou escribir á cabonorte2009@hotmail.es

POR EUROPA EN COCHE 2011 1ª PARTE: DAS RÍAS GALEGAS ÓS FIORDOS NORUEGOS

Diario da miña viaxe por Europa en coche, este ano con este percorrido:

Percorrido da viaxe
Percorrido da viaxe

Aproveitando as vacacións do verán, estes últimos anos acostumo a facer viaxes de varias xornadas por Europa no meu coche. As dúas últimas viaxes ( ó Cabo Norte e á Escocia e Irlanda) compartinas con vos neste blog en forma de diarios de viaxe. A deste ano non podía ser menos, polo que me decidín a publicar tamén o seu correspondente diario de viaxe, coma sempre acompañado de anécdotas, fotos e datos que vos poden servir de utilidade.

Meu coche, xunto ó Fiordo dos Soños. Noruega
Meu coche, xunto ó Fiordo dos Soños. Noruega

A IDEA DA VIAXE

Gústame viaxar con libertade e pouco a pouco, disfrutando do camiño desde o primeiro día, por iso sempre que podo fago a viaxe no meu coche. Tamén me gusta que a viaxe me sorprenda, polo que cada vez me informo menos sobre “qué lugares visitar” e deixome guiar máis polo meu instinto; eso fará que durante a viaxe vexa menos cousas, pero que disfrute mais da mesma. Ademais, teño a sorte de que a miña compañeira de viaxe comparta por completo esta forma tan particular de facer turismo.

Lago de Bled, Eslovenia
Lago de Bled, Eslovenia

Por todo isto, neste percorrido por Europa deste ano marcámonos as seguintes especies de normas:

1º: Disfrutar da viaxe dende o primeiro día ata o último, sen perder días enteiros en desprazamentos.

2º: Non levar ningún aloxamento reservado, xa que segundo a nosa experiencia, resta de liberdade ó viaxeiro

3º: Non levar un percorrido fixo, polo que en calquera momento podíamos cambiar de ruta. De feito, durante a viaxe non sabiamos o percorrido que iamos facer, simplemente tíñamos en mente ir ó sur de Noruega e a Polonia, polo que fumos decidindo as etapas día a día. Esto fixo que no medio da ruta acordamos visitar Austria e Eslovenia en vez de Polonia, ou pasar 6 días nunha casa nos Alpes franceses, por exemplo.

4º: Salvo casos excepcionais, apenas facerlle caso as guías de viaxe. Antes nós sempre levabamos varias guías dos paises que visitabamos e dímonos conta que seguíndoas, acababas sendo un exclavo delas, polo que restan liberdade e sempre acabas rodeado de turistas. Agora, fiámonos máis do que vemos en foros, o que nos recomendan as xentes que atopamos polo camiño e, sobre todo, do instinto.

Estrada en Suiza
Estrada en Suiza

AS ETAPAS

Este percorrido por Europa levounos un total de 33 días, polo que para facer máis ameno o diario da viaxe dividireino nas seguintes 3 partes:

1ª parte: Das Rías Galegas ós Fiordos Noruegos

2ª parte: Dende Noruega á Eslovenia

3ª parte: Dende Eslovenia á Lugo

2 DE AGOSTO: COMEZA A VIAXE

Lugo – Xixón

Facía uns meses, inaugurábase a liña de ferry entre Xixón e Saint Nazaire, na Bretaña francesa. Foi unha estupenda nova para nós, xa que permite un aforro de tempo considerable (e na maioria dos casos tamén cartos) para os que viaxamos polo centro e norte de Europa no noso vehículo. Non dubidamos polo tanto en utilizalo, coa intención de estar xa ó día seguinte no Norte de Francia. A saída do ferry é as 9 da noite, polo que ainda nos da tempo á comer na casa e ata tomar unha caña en Xixón antes de embarcar.

Saindo de Xixón no ferry Xixón - St Nazaire
Saindo de Xixón no ferry Xixón – St Nazaire

Xa temos utilizado este ferry noutra ocasión, así que xa coñeciamos como era o camarote, o bar, o restaurante, a tenda, … Desta vez tivemos que pagar bastante máis polo billete ó ser temporada alta, concretamente 415,65 euros (da outra vez pagamos 339 euros catro personas). Supoño que tamén influiu que ó facer a reserva do billete á última hora non tivemos ningún tipo de descontos, aparte de ter que coller un camarote para 4 ó non quedar xa para 2. De todos os xeitos, compénsanos facer o traxecto en ferry en vez de por estrada, xa que na outra opción teriamos que pagar gasoil, peaxes, comidas e durmir polo menos unha noite polo camiño e, o mais importante, perder máis dun día de viaxe en zonas ben coñecidas por nós.

Gastos pagados no día: Ferry: 415,69 euros; cañas: 3,40 euros

Km percorridos no día: 238,6

3 DE AGOSTO: AS PRAIAS DO DESEMBARCO

Saint Nazaire (F) – Saint Laurent sur mer(F)

Chegamos á Saint Nazaire, preto de Nantes, ás 12 do mediodía, polo que decidimos continuar viaxe hacia as praias do desembarco na Normandía, zona que visitamos fugazmente fai 2 anos cando viaxamos ó Cabo Norte.

Despois de facer unha parada na pequena localidade de Chateauxgiron, preto de Rennes, chegamos ás praias do desembarco sobre as 5 da tarde, o momento xusto para buscar unha chambre de hotes para durmir.

Tivemos moita sorte, xa que non tardamos en atopar unha: a Ferme les Vignets; unha bonita casa de campo onde a habitación doble con almorzo e cena para dúas persoas costaba só 69.50 euros en total. Ademais, o trato dos propietarios foi excepcional.

Batería de cañóns en Longues-sur-mer, Normandía
Batería de cañóns en Longues-sur-mer, Normandía

Rematamos o día visitando as baterías de cañóns de Longues-sur-mer, que se conservan en moi bo estado, e dando un paseo pola praia de Omaha Beach, que xa coñeciamos de fai un par de anos.

Gastos pagados no día: Supermercado: 2.45 euros; habitación e cea: 69.50 euros, cañas: 11euros

Km percorridos no día: 372.5

4 DE AGOSTO: GANTE

Saint Laurent sur mer (F) – Gante (B)

Como o día empezou moi chuvioso, decidimos continuar viaxe hacia o norte, desta vez pasando por preto de Lille en lugar de ir pola costa como fixemos fai dous anos. Á beira da D929 pouco despois de Amiens, podemos ver varios memoriais e cemiterios, ainda que neste caso da primeira guerra mundial. Xa a medio camiño, decidimos facer noite en Gante, xa que temos oído boas referencias desta cidade belga.

Gante
Gante

A cidade gustounos nada máis chegar, e despois de buscar o hotel e deixar o coche nun aparcamento, xa nos dedicamos a pasear pola cidade. Ainda que non se pode negar a beleza de Gante, que desluciu a intensa choiva que caeu durante toda a xornada, non se pode evitar comparala coa súa veciña Bruxas, que visitamos dous anos antes. Bruxas ten canais máis fermosos, unha impresionante praza principal e máis beleza arquitectónica nos seus edificios, pero non por iso Gante deixa de ser tamén unha cidade moi fermosa.

Gante
Gante

Á hora da cea decidimos alonxarnos do centro en busca dalgún restaurante con precios non demasiado altos. Non atopamos ningún barato, polo que ó final decidimos cear nun que polo menos parecía que se comía ben. E non nos equivocamos. A Brasserie le Comptoir foi un lugar cun servicio excelente, xa que como se retrasaron en servirnos, invitáronnos á unha ración de xamón mentres esperábamos e, ademais, convidáronnos a varias consumicións. A verdade é que nunca nos trataron tan ben en ningún restaurante.

Gastos pagados no día: Supermercado: 2.23 euros; hotel de Gante:74 euros, gasóleo: 66.04 euros; peaxes: 22.7 euros; cea: 43.5 euros

Km percorridos no día: 507.1

5 DE AGOSTO: A COSTA HOLANDESA

Gante (B) – Bergen (NL)

Saímos cedo de Gante sen apenas tráfico, en dirección á Holanda pola costa, cruzando o túnel baixo o mar Westerscheldetunnel, de peaxe.

Costa holandesa
Costa holandesa

A costa holandesa é unha sucesión de enormes praias, diques, parques eólicos e cidades industriais como Rotterdam ou La Haya. Ó comezar a tarde decidimos parar a descansar e buscar un sitio para durmir nalgún lugar preto desas enormes praias, a ser posible algo tranquilo, e o atopamos nun pobo chamado Bergen.

Bosque e canal en Bergen. Holanda
Bosque e canal en Bergen. Holanda

Bergen (non confundir coa cidade noruega), é unha localidade bastante tranquila e á vez animada. Está a uns 5 quilómetros da praia (Bergen aan Zee), e rodeado dun fermoso bosque cheo de canais e rutas en bici e a pé. O hotel que atopamos non é barato (hotel Duinpost, 80 euros) pero é suficiente para descansar nun bonito lugar onde pasar a tarde.

Gastos pagados no día: Aparcamento en Gante: 10 euros; supermercado: 13.15 euros; peaxe Westerscheldetunnel: 4.9 euros, cea Bergen: 23.8 euros; cañas: 8.7euros

Km percorridos no día: 312.1

6 DE AGOSTO: WORPSWEDE: O POBO DOS ARTISTAS

Bergen (NL) – Worpswede (D)

Continuamos en dirección ó norte, pasando pola autoestrada e á vez dique Afsluitdijk, que xa cruzaramos noutra viaxe no 2008.

Autoestrada sobre o dique Afsluitdijk. Holanda
Autoestrada sobre o dique Afsluitdijk. Holanda

Despois duns quilómetros chegamos á Alemaña e decidimos parar en Bremen, ainda que a choiva torrencial con que nos recibiu, e as poucas ganas de descansar nunha cidade tan grande, fixo que nos desplazáramos uns 20 quilómetros ata a tranquila poboación de Worpswede, que ten fama de ser un lugar de acollemento de artistas.

Aunque non é un lugar especialmente interesante e divertido, sí é un sitio onde nos sentimos a gusto. Ademais, non é nada caro, polo que comimos (Gasthof Zum Hemberg: 38.10euros) e durmimos (Galerie – Hotel Haar: 60 euros) a precios bastante razoables.

Nosa cena en Worpswede. Alemaña
Nosa cena en Worpswede. Alemaña

Gastos pagados no día: Hotel Bergen: 80 euros, Gasóleo: 47 euros; comida: 5.35 euros; cea Worpswede 38.1 euros

Km percorridos no día: 377.6

7 DE AGOSTO: EN ESCANDINAVIA DE NOVO

Worpswede (D) – Båstad (S)

Recordando os bos momentos que pasamos nas dúas viaxes ós países Escandinavos no 2008 e 2009 non dubidamos en continuar a viaxe cara ó norte para así pasar a noite, a ser posible, xa en Suecia. Así fixemos, e saímos cedo pola A1 en dirección á Puttgarden para entrar en Dinamarca utilizando o ferry de Puttgarden – Rødbyhavn e posteriormente entrar en Suecia pola ponte sobre Oresund.

Interminables obras nas autoestradas alemanas
Interminables obras nas autoestradas alemanas

A pesar do tempo perdido nas autopistas alemanas, sempre saturadas de tráfico e obras, dimos chegado á Suecia á unha hora razoable, polo que decidimos pasar a noite no mesmo bed and breakfast onde estivemos fai dous anos cando viaxamos ó Cabo Norte.

O bed and breakfast Sjöbyggaregården seguía sendo un aloxamento inmellorable, nun lugar idílico e cuns anfitrións perfectos. Ó igual que a anterior vez nese lugar, o 6 de xullo de 2009, disfrutamos como nunca da nosa chegada á Escandinavia, axudado sen dúbida pola larguísima posta de sol tan característica destas latitudes. Sen dúbida, un extraordinario lugar onde rematar o día do meu cumpleanos

Muíño preto de Båstad. Suecia
Muíño preto de Båstad. Suecia

Gastos pagados no día: Hotel Worpswede: 60 euros, Gasóleo: 41 euros; comida: 6.5 euros; ferry Puttgarden – Rødbyhavn 86.5 euros; peaxe ponte Oresund: 295 DKK; comisión caixeiro: 7 euros

Km percorridos no día: 617

8 DE AGOSTO: CHEGADA Á GOTEMBURGO

Båstad (S) – Gotemburgo (S)

Pola mañá, despedímos dos anfitrións deste perfecto bed and breakfast despois de tomar un completo almorzo. Por se fora pouco, agasállannos cuns portavelas de artesanía sueca Kosta Boda. Qué máis se lle pode pedir para que un aloxamento sexa perfecto?

O seguinte destino nunca o tivemos tan claro: Gotemburgo. A razón é visitar ós nosos amigos Kersti, Lito e Sofía, cos que xa estivemos tan a gusto cando visitamos esa cidade no 2009. Como non podía ser menos, disfrutamos da súa compañía paseando xunto o lago Slätta damm e ceando na súa casa ata ben entrada a madrugada.

Gastos pagados no día: Bed and breakfast: 750 SEK

Km percorridos no día: 187.7

9 DE AGOSTO: GOTEMBURGO

Gotemburgo (S)

Día de relax e de disfrutar da boa compañía de Kersti, Lito e Sofía. Sen madrugar, cun paseo pola cidade e con outra excelente cea ata a madrugada. Nunca nos cansaremos de agradecerlle a súa hospitalidade!

Gotemburgo
Gotemburgo

10 DE AGOSTO: A ILLA DE UTØYA

Gotemburgo (S) – Buttingsrud (N)

Despedimonos cun “ate logo” a Kersti e Lito, xa que prometímoslles que se íamos ben de tempo voltaríamos a vernos nun cámping xunto a un lago onde ían ir esa fin de semana. Despois, continuamos a viaxe saíndo de Gotemburgo en dirección á Noruega, xa que decidimos visitar a zona dos fiordos entre Bergen e Ålesund.

Cando chegamos á fronteira Noruega, pedimos información na oficina de turismo e aproveitamos para preguntar sobre o seu peculiar sistema de peaxes, xa que algúns deles son de pago automático, sen cabinas de ningún tipo para pagar en metálico ou con tarxeta. Como resposta, dixéronnos que un sistema recoñece a matrícula do coche, e se pode pagar despois nunhas determinadas gasolineiras nun prazo de tres días, ou agardar que te manden un recibo á casa cun pequeno recargo. Como non sabiamos ben cando pasabamos por estos tipos de peaxes, decidimos esperar que nos mandaran o recibo a casa, cousa que a día de hoxe, despois de máis de tres meses, aínda non recibimos.

Flores fronte á Illa de Utøya
Flores fronte á Illa de Utøya

Tras pasar Oslo, continuamos pola E16 dirección Bergen, que transcurre ó carón do Lago Tyrifjorden, onde está a coñecida Illa de Utøya, tristemente famosa pola matanza acontecida o 22 de xullo de 2011. Tendo en conta que apenas pasaron 15 días do tiroteo, á beira da E16 e xusto en fronte da illa, numerosas flores e velas recordan ós falecidos nese lugar.

A non moitos quilómetros de Utøya atopamos un cámping con cabañas para pasar a noite (Buttingsrud camping). Como xa teño comentado noutra entrada deste blog, as cabañas son a mellor forma de aloxamento en Noruega, xa que teñen precios razonables e dispoñen de cociña eléctrica, algo fundamental para aforrar cartos neste país, onde os hoteles e restaurantes teñen precios altísimos.

Gastos pagados no día: Gasóleo: 456.04 SEK; peaxes: 23.5 SEK e 20 NOK; cabaña: 500 NOK; comida: 19 NOK

Km percorridos no día: 386.5

11 DE AGOSTO: CHEGADA ÓS FIORDOS

Buttingsrud (N) – Haukeland (N)

Que mellor forma de espertar que nunha cabaña xunto a un lago en Noruega. Este só é o principio das espectaculares paisaxes que nos acompañarán hoxe máis os dous días seguintes. Volvimos coller a E16 rumbo á Bergen, parando cada pouco para contemplar a natureza en forma lagos, fervenzas e ríos de montaña á beira da estrada. Pero tamén nos sorprende algo feito polo home, como a igrexa de madeira de Borgund, unha auténtica xoia do medievo.

Igrexa de madeira de Borgund
Igrexa de madeira de Borgund

A pouca distancia de Borgund está o Sognefjorden, ou Fiordo dos Soños que, xunto ó de Geiranger, é dos máis visitados en Noruega. Para contemplar mellor dito fiordo, recomendo coller a estreita estrada Fv243 que une Lærdalsøyri con Aurland evitando o túnel de 24.5 km da E16, xa que as vistas merecen a pena.

Fiordo dos Soños. Noruega
Fiordo dos Soños. Noruega
Fiordo dos Soños. Noruega
Fiordo dos Soños. Noruega

Fixemos a seguinte parada en Flåm, famosa por ser a localidade de inicio da ruta en tren do mesmo nome, facendo dela un sitio cheo de turistas e tendas de recordos. Como non nos sentimos moi cómodos neste tipo de lugares continuamos pola E16 hacia Bergen, onde decidimos buscar unha cabaña nun cámping (Bratland Camp) das aforas, para así visitar a cidade pola tarde-noite.

Barrio de Bryggen en Bergen. Noruega
Barrio de Bryggen en Bergen. Noruega

Segundo os consellos de outros viaxeiros e información en foros de internet (mellor non facerlle caso ás guías), en Bergen é imprescindible visitar o barrio de Bryggen, o mercado e a panorámica do monte Fløyen, así que iso é o que imos facer ata a noite. O barrio de Bryggen, Patrimonio da Humanidade, segue tendo un aire de antigo barrio de cidade Hanseática. O mercado, é unha das grandes atraccións da cidade, aínda que na hora á que o visitamos non había moito movemento. Por último, as vistas dende o monte Fløyen, son impresionantes, especialmente se se contempla unha posta de sol.

Solpor dende o Monte Fløyen en Bergen. Noruega
Solpor dende o Monte Fløyen en Bergen. Noruega

Gastos pagados no día: Supermercado: 207 NOK; cabaña: 390 NOK; funicular Bergen: 140 NOK; aparcamento Bergen: 40 NOK

Km percorridos no día: 492.6

12 DE AGOSTO: LAGOS, GLACIARES, E MÁIS FIORDOS

Haukeland (N) – Stryn (N)

Continuamos hacia ó norte conducindo como domingueros contemplando a paisaxe. A uns 100 quilómetros de Bergen, a estrada E39 interrúmpese, e hai que cruzar o Fiordo dos soños nun ferry non excesivamente caro.

Cruzando en ferry o Fiordo dos Soños. Noruega
Cruzando en ferry o Fiordo dos Soños. Noruega

Lagos, montañas, bosques, fiordos e ata un glaciar (Glaciar de Briksdal), son os nosos compañeiros de viaxe durante toda esta etapa, pode que a máis fermosa desta e doutras viaxes. As fotos falan por si soas.

Lago en Noruega
Lago en Noruega
Glaciar de Briksdal. Noruega
Glaciar de Briksdal. Noruega

Dende logo que, despois de tantos quilómetros entre paisaxes impresionantes, non foi difícil atopar una cabaña con vistas para pasar a noite e parte da tarde. Conseguímolo no Holmevik camping, preto de Stryn

Vista dende a cabaña do camping Holmevik. Noruega
Vista dende a cabaña do camping Holmevik. Noruega

Gastos pagados no día: Supermercado: 104 NOK; ferry 109 NOK; gasóleo: 520.18 NOK; cabaña: 400NOK; duchas camping: 30NOK

Km percorridos no día: 383.5

13 DE AGOSTO: O FIORDO DE GEIRANGER E A ESTRADA DOS TROLLS

Stryn (N) – Vinstra (N)

O fiordo de Geiranger e a estrada dos Trolls, son dúas das visitas obrigadas en toda excursión polos fiordos. Nós dirixímonos hacia o Fiordo de Geiranger pola estrada 15 e despois desviámonos pola estrada panorámica 258 (parte de terra, pero en bo estado), que atravesa unha zona alta de montaña con lagos e neveros.

Fiordo de Geiranger. Noruega
Fiordo de Geiranger. Noruega

O Fiordo de Geiranger é outra das marabillas noruegas Patrimonio da Humanidade. Con só 15 quilómetros de lonxitude, está rodeado de altas montañas e moitísimas fervenzas. Ó carón da estrada 63, pódense disfrutar dunhas vistas espectaculares do fiordo.

Fiordo de Geiranger. Noruega
Fiordo de Geiranger. Noruega
Fiordo de Geiranger. Noruega
Fiordo de Geiranger. Noruega

A poucos quilómetros de Geiranger, xusto despois de cruzar en ferry o Fiordo Norddalsfjorden, comeza outra típica estrada panorámica noruega coñecida como Estrada dos Trolls (Trollstigen). No punto máis alto do percorrido hai un miradoiro con vistas á parte máis espectacular do camiño, así como á unha fervenza, onde é interesante parar un bo rato para contemplar a paisaxe.

Estrada dos Trolls. Noruega
Estrada dos Trolls. Noruega

Despois de visitar estas dúas xoias paisaxísticas noruegas, decidimos coller a estrada E6 hacia ó sur en dirección Lillehamer, para facer todo o posible por coincidir con Kersti e Lito ó día seguinte, nalgún lugar do interior de Suecia xunto a un lago, non moi lonxe de Gotemburgo. Facendo camiño, paramos a durmir nunha cabaña en Vinstra (Bøygen Camping), uns 260 quilómetros ó norte de Oslo.

Gastos pagados no día: Supermercado: 119.6 NOK; ferry 86 NOK; cabaña: 40 euros; fresas: 35 NOK

Km percorridos no día: 339

Ata aquí a primeira parte da viaxe. Pinchando nos seguintes enlaces podes ver as outras partes:

2ª parte: Dende Noruega á Eslovenia

3ª parte: Dende Eslovenia á Lugo

Se desexades mais información, podedes deixar un comentario ou escribir a cabonorte2009@hotmail.es

COMO VIAXAR EN COCHE POR FRANCIA CON POUCOS CARTOS

Se pode viaxar por Francia en coche sen gastar moito? Aquí poño algúns consellos para aforrar cartos na viaxe por ese país, acompañado dunhas fotos (feitas por min, coma sempre neste blog) de distintas rexións francesas.

Le Mont Saint Michel. Xullo de 2010
Le Mont Saint Michel. Xullo de 2010

POR QUE FRANCIA?

Cando facía algunha viaxe co meu coche pola parte norte da Península próxima a Francia, nunca me plantexaba atravesar a fronteira para visitar ese país, por moi preto que estivese. Un día, nunha viaxe por Euskadi xa fai uns cantos anos, nos arredores de Donostia vin un cartel no que indicaba apenas trinta quilómetros para a fronteira francesa, entón me dixen: Para que ir a Donostia ,que por moito que me guste, xa a coñezo? …e me fun cara Irún. Non sei cal pode ser a razón, pero tal vez o descoñecemento, a sensación de lonxanía ou o mito de que todo alí é moi caro fixeron que ata ese día non me plantexara percorrer ese país, pero nese momento dinme conta de que polo menos as dúas primeiras razóns non eran en absoluto certas.

Pescando no Río Loira. Agosto de 2007
Pescando no Río Loira. Agosto de 2007

A primeira razón: ¿Descoñecemento? No meu caso está completamente descartada, xa que precisamente penso que esa é a principal razón pola cal unha persoa viaxa a algún lugar que non coñece. A segunda razón: ¿Lonxanía? Temos a sensación, polo menos para un galego coma min, que Francia está máis lonxe do que pensamos. Cando lle comentas a alguén que te vas no coche de vacacións ata, por exemplo, Almería ou Barcelona (ambas a uns 1150 quilómetros de Compostela), ninguén se inmuta, pero se dis que vas a Francia (Bayona está á 790 quilómetros de Compostela), xa te suxiren ir en avión. Por iso para min esta razón tamén está descartada, xa que ben sei que está bastante máis preto Burdeos que Girona.

Só falta a última razón: ¿é bastante máis caro? Nese momento, eu pensaba que si, e pensábao solucionar a base de comer só bocatas e latas, durmir no coche ou en cámpings, etc…Hoxe en día, despois xa dunhas cantas viaxes no meu coche particular por Francia sei que tampouco esta é unha razón para non visitar ese país, e a continuación explicarei por que.

Detalle da Basílica do Sacré Coeur de París. Xullo de 2010
Detalle da Basílica do Sacré Coeur de París. Xullo de 2010

COMPENSA VIAXAR NO COCHE PARTICULAR?

Todo depende, ademais do número de persoas que se despracen, de a que parte de Francia se vaia, que lugares se pretenden visitar, e canto tempo se prevé estar. Como é lóxico, se por exemplo unha parella decide pasar cinco días en París, non lle compensará en absoluto ir no seu coche. Penso que pagará sempre a pena levar o coche no caso de facer percorridos por unha ou varias zonas de Francia (por exemplo Bretaña, Normandía, Loira, Costa Azul,….) a partires duns sete días de viaxe mais ou menos, e incluso menos en outras zonas próximas á Península, como o Iparralde. Claro que todo dependerá do lugar de onde se parta e os gustos de cada un. De todos os xeitos, percorrer rexións de Francia no coche (xa sexa particular ou de aluguer) é unha forma fenomenal de coñecer ese país, xa que hai moitísimos lugares que te sorprenden no camiño onde menos o esperas e fora de calquer circuíto organizado. Ademais, calquer lugar está moi adaptado para o turismo, as estradas son bastante boas e ben sinalizadas e os condutores son moi respectuosos coas normas.

Oradour sur Glane. Restos da localidade arrasada polos nazis no ano 1944. Xullo de 2010
Oradour sur Glane. Restos da localidade arrasada polos nazis no ano 1944. Xullo de 2010

COMO CHEGAR?

Dependendo do lugar de saída se pode acceder polos postos fronteirizos (na actualidade practicamente inexistentes) de Irún en Euskadi (para os que veñan dende Oeste, Centro e Sur da Península), e La Jonquera en Catalunya (para os que accedan do Leste; e Centro e Sur se se dirixen ó Surleste francés). Dende fai pouco tempo, os que vivimos na parte Oeste da Península tamén temos a posibilidade de utilizar o ferry de Xixón a St Nazaire (que está preto de Nantes), o que nos permite aforrar moitísimos quilómetros e tempo, se nos diriximos ó norte do país.

Ferry Xixón – Saint Nazaire, saíndo do porto de Saint Nazaire. Abril de 2011
Ferry Xixón – Saint Nazaire, saíndo do porto de Saint Nazaire. Abril de 2011

ONDE DURMIR POR POUCOS CARTOS?

Un lugar onde durmir do máis económico é sen dúbida o cámping. Aínda que cada vez durmo menos neles (cos anos un vaise facendo máis “pijo”), os cámpings franceses son moi numerosos e polo xeral, de boa calidade. Recomendo especialmente os cámpings municipais, que hai moitísimos en todo o país, sobre todo nos lugares menos turísticos, e son moi económicos (temos pagado menos de 10 euros por dúas persoas máis a parcela en varias ocasións). Nesta páxina pódese atopar máis de 2000 cámpings municipais http://www.camping-municipal.org/index.htm .

En Francia nunca probei en pasar a noite en albergues, aínda que supoño que haberá moitos e bastantes económicos. Penso que serán recomendables sobre todo no caso de quedarse a durmir no centro das cidades, aínda que levando o coche propio case que compensa buscar un hotel de baixo custo que son tan habituais neste pais. Dos máis económicos son os da cadea Formule1, con máis de 250 hoteis repartidos por todo o país, onde se pode pasar a noite nalgúns casos incluso por menos de 30 euros. Tamén se pode durmir por pouco máis (en todo caso case sempre por baixo dos 50 euros) en outras cadeas de hoteis de baixo custo como Etap, B&Bhotels,…

Castelo de Chambord. Abril de 2011
Castelo de Chambord. Abril de 2011

Outra modalidade de aloxamento á que cada vez son máis adepto, é a de pasar a noite en chambres d’hotes, que son casas particulares que alugan habitacións, polo xeral co almorzo incluído, similares aos bed and breakfast ingleses. Os hai de moitos prezos, aínda que é habitual atopalos entre os 45 e 65 euros con almorzo incluído. Eu acostumo a localizalos a través das oficinas de turismo, pero tamén hai numerosas páxinas de internet onde se publicitan, como http://www.chambresdhotesfrance.com/. Como exemplos, poño o enlace de algunhas onde estiven e que recomendo moitísimo por calidade, prezo e trato recibido:

· En Oradour sur Glane, na rexión de Limousin: Le moulin de la Fauvette

· En Pontorson, moi preto de Le Mont Saint Michel: La bastide du molin

· En Montauroux, na Costa Azul: Villa Thocha

Le Moulin Rouge. París. Xullo de 2010
Le Moulin Rouge. París. Xullo de 2010

COMO COMER POR POUCOS CARTOS?

Igual que aquí, en Francia tamén hai sitios baratos para comer, aparte dos McDonald’s. En moitos restaurantes pódense pedir as distintas “fórmulas” do día, máis ou menos o equivalente ó noso menú do día. Se buscamos algo máis barato, son máis habituais que aquí os locais de comida rápida como por exemplo as pizzerías. Outra opción barata á que eu persoalmente son un adicto, é a de xantar e cear nas creperías, onde se poden tomar as famosas galettes, que son unha especie de crêpes de trigo sarraceno que se acompaña con distintos ingredientes salgados como queixo, carne, etc… e de sobremesa, unha crêpe, por suposto. Para aforrar na bebida, é moi habitual aló pedir para beber unha xarra de auga (une carafe d’eau), que aínda que non é embotellada, soe ser de calidade, e é gratis. Outro truco para aforrar na comida é a de mercar a comida nun centro comercial e cociñala despois. Para iso recomendo aloxarse nunha chambre d’hotes con dereito a cociña.

Pont du Gard, na Provenza. É o que está no billete de cinco euros. Abril de 2009
Pont du Gard, na Provenza. É o que está no billete de cinco euros. Abril de 2009

COMO DESPRAZARSE POR POUCOS CARTOS?

Como estamos a falar de viaxar en coche, non temos mais remedio que botar combustible, e todos sabemos que en Francia é bastante máis caro, así que o primeiro que hai que facer antes de cruzar o posto fronteirizo (ou subir ó ferry) é encher o depósito, como é lóxico. Xa circulando polas estradas francesas, a pouco que nos fixemos nos prezos dos carburantes das estacións de servizo, veremos que hai unha diferenza enorme dunhas a outras. As máis caras son as das autopistas, e as máis baratas son as dos grandes centros comerciais estilo Carrefour, Les Mousquetaires, etc… , onde podemos botar combustible por poucos máis cartos que aquí.

No referente ó aparcamento, en Francia é moi habitual a zona azul no centro das poboacións, incluso en algunhas moi pequenas (soen vir indicadas coa palabra “payant” pintada no chan). Para aforrar uns cartiños co parquímetro basta con afastarse un pouco do centro e buscar unha zona libre de pago. Se estamos nunha cidade, recomendo buscar un aloxamento con aparcadoiro ou se non, aparcar nun aparcadoiro subterráneo vixiado para evitar sorpresas. Moitos non son máis caros que os de aquí, así por exemplo por unha noite en Bayona paguei 9.80 euros, e polo día completo en París (dos sitios máis caros de Francia) paguei 20 euros.

Estrada nacional na rexión de Borgoña. Agosto de 2005
Estrada nacional na rexión de Borgoña. Agosto de 2005

Onde non podemos aforrar gran cousa é nos peaxes das autoestradas. Si, sempre queda a opción de ir pola estrada alternativa libre de peaxe, pero na maior parte dos casos non paga a pena, xa que se pode perder moitísimo tempo pasando pobos, semáforos, rotondas (Francia está chea delas), tráfico,… ademais dun maior consumo de combustible o estar acelerando e freando continuamente. O que si se pode facer é buscar vías alternativas nos grandes percorridos que discorran por autovías libre de peaxe en vez de autopistas, así por exemplo, de Burdeos a Poitiers, podes aforrar case 20 euros se vas pola N10 (case todo autovía) que pola A10 (autopista de peaxe).

Si son bastante máis caras as multas, que ademais teremos que abonalas ó contado. Así que non quedará máis remedio que estar moi atento a non cometer ningunha infracción e respectar completamente os límites de velocidade.

Castelo cátaro de Montségur, na rexión de Midi Pyrénées. Maio de 2010
Castelo cátaro de Montségur, na rexión de Midi Pyrénées. Maio de 2010

PODO AFORRAR COS AGASALLOS E RECORDOS?

Moitas veces, sempre nos gusta levar algún recordo da viaxe ou un agasallo para alguén. Salvo algún recordo dun lugar concreto, que só se venda nas tendas de recordos dese lugar, eu aconsello mercar distintos obxectos como roupa, alimentación, etc… nos mercados da rúa (moi habituais aló, onde se poden atopar produtos de calidade a bo prezo) ou nos grandes centros comerciais.

PODO AFORRAR CHAMANDO A CASA?

Como é ben sabido, as chamadas ó estranxeiro soen ser máis caras, así que haberá que controlarse co uso do móbil. Non é así no caso das mensaxes, que incluso na miña compañía sae máis barato dende o estranxeiro. Para aforrar chamando eu aconsello levar un portátil ou calquer outro dispositivo para conectarse a internet vía wifi (que nos pode servir ademais para reservar aloxamentos, planificar rutas ou buscar información turística), así te podes comunicar cos teus por email, skype, etc… E onde atopamos conexión wifi? Pois igual que aquí, en certos bares e cafeterías, así como nos aloxamentos que teñan wifi. Se tivesemos a mala sorte de non atopar ningún, sempre queda a opción de buscar un McDonald’s (en Francia os hai por todas partes) e gozar da wifi gratuíta que teñen todos os seus establecementos, e mentres tanto, tomamos un refresco.

París, dende o Sena. Xullo de 2010
París, dende o Sena. Xullo de 2010

POLO TANTO, SERÁ A VIAXE MOITO MÁIS CARA QUE POLA PENÍNSULA?

Penso que despois destes consellos de aforro, non ten porque saír moito máis caro unha viaxe pola Bretaña que por Catalunya, por poñer un exemplo. Eu teño feito a proba con varias viaxes por Francia e pola Península e (salvo en Portugal, onde si gastei menos), o gasto foi máis ou menos similar. Así que, se nas vacacións viaxamos en coche pola Península, por que non por Francia tamén?

Bayona, no Iparralde. Decembro de 2010
Bayona, no Iparralde. Decembro de 2010

E CANTO PODE CUSTAR? VEXAMOS TRES EXEMPLOS

Imos supoñer que dúas persoas queren percorrer unha rexión de Francia (a Bretaña, por exemplo) en coche en 10 días no mes de xullo, reservando cun mes de antelación,e saíndo de Compostela. Dubidan entre as seguintes tres opcións, polo que deciden facer un cálculo dos custos da viaxe para así decidir.

· Opción A: Ir ata a Bretaña no seu coche particular por estrada

· Opción B: Ir ata a Bretaña no seu coche particular, pero collendo o ferry Xixón – Saint Nazaire

· Opción C: Ir ata París en avión e logo alí alugar coche para percorrer a Bretaña

Tanque na Normandía, a carón da praia Omaha Beach. Xullo de 2009
Tanque na Normandía, a carón da praia Omaha Beach. Xullo de 2009

Os gastos do día incluirán durmir, comidas, desprazamentos,etc…e calcúlanse da seguinte forma: Para durmir, estimarase unha media de 65 euros co almorzo, durmindo en chambres d’hotes ou hoteis de baixo custo como expliquei anteriormente. Para comer e cenar se estima un gasto diario duns 50 euros dúas persoas comida e cea, aproveitando os menús do día, creperías e algunha vez os locais de comida rápida. Nos desprazamentos pola Bretaña estiman uns 200 quilómetros ó día, polo que segundo Viamichelín, supón uns 18 euros de gasto en combustible (non se inclúe o gasto en peaxes xa que na Bretaña non hai). Estiman ademais 30 euros de “outros gastos”, que incluirán entradas a museos e monumentos, algún aparcamento, tomarse un refresco ou unha caña, etc…Tendo en conta isto, deciden calcular os gastos para cada opción: (os custos de desprazamento son calculados con Viamichelin).

Punta de Raz, na Bretaña. Agosto de 2007
Punta de Raz, na Bretaña. Agosto de 2007

·Opción A: Ir á Bretaña no seu coche particular por estrada:

   · Día 1: Compostela – Bayona

     Desprazamento: 75 euros de combustible + 15 euros de peaxes

     Comidas: 50 euros, durmir: 65 euros, outros: 30 euros

     Total: 235 euros

   · Día 2: Bayona – Vannes

     Desprazamento: 56 euros de combustible + 26 euros de peaxes

     Comidas: 50 euros, durmir: 65 euros, outros: 30 euros

     Total: 227 euros

   · Días 3, 4, 5, 6, 7 e 8

     Desprazamento: 18 euros, comidas: 50 euros, durmir: 65 euros, outros: 30 euros

     Total: 163 euros cada día

   · Días 9 e 10: Aproximadamente igual ós días 1 e 2, xa que é a viaxe de volta, menos o de durmir o último día.

     Total: 227 + 170 = 397 euros

   · Total viaxe: 1837 euros

Castelo de Amboise, ó carón do Río Loira. Abril de 2011
Castelo de Amboise, ó carón do Río Loira. Abril de 2011

· Opción B: Ir ata a Bretaña no seu coche particular, pero collendo o ferry Xixón – Saint Nazaire

   · Día 1: Compostela – Xixón

     Desprazamento: 30 euros, comidas: 20 euros (suponse que se sae pola tarde, xa que o ferry sae ás 9 da tarde)

     Ferry, en camarote dobre exterior, ida e volta: 572 euros

     Total: 622 euros

   · Días 2, 3, 4, 5, 6, 7, e 8: igual que na opción A: 163 euros cada día

   · Día 9: igual que os anteriores, excepto que non pagamos por durmir, xa que vai incluído no ferry. Total: 98 euros

   · Día 10: Xixón – Compostela

     Desprazamento: 30 euros, comidas: 20 euros

     Total: 50 euros

   · Total viaxe: 1911 euros

· Opción C: Ir ata París en avión e logo alí alugar coche para percorrer a Bretaña

   · Día 1: Compostela – París

     Avión: (en Vueling, ida e volta): 382 euros

     Comidas: 20 euros (sáese no avión das 4 da tarde), durmir: 65 euros

     Aluguer coche (Opel corsa na compañía Hertz): 483 euros

     Total: 950 euros

   · Día 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9 igual que a opción A e B: 163 euros cada día

   · Día 10: París – Compostela

     Comidas: 20 euros, outros: 30 euros

     Total: 50 euros

   · Total viaxe: 2304 euros

Beynac et Cazenat, na Dordoña. Decembro de 2010
Beynac et Cazenat, na Dordoña. Decembro de 2010

Polo que en base a estes cálculos estimados, o máis económico será a viaxe en coche propio por estrada (1837 euros), aínda que a pouca diferencia respecto a viaxe en ferry (1911 euros, é dicir, menos de 100 euros de diferenza) fará máis aconsellable esta opción, xa que gañamos 2 días de viaxe en destino, ademais de ser bastante máis relaxado ó facer moitos menos quilómetros. Pola contra, a opción do avión máis coche de aluguer é a máis cara (2304 euros, case 400 máis que a do ferry), aínda que se pode aforrar algo de cartos buscando ofertas no voo (aínda que difícil na temporada alta), ou alugando o coche nunha compañía de menos prestixio. De todos os xeitos, o viaxeiro sempre terá a última palabra, porque tamén influirán os seus gustos e preferencias, xa que o máis importante é gozar da viaxe.

FIN

Se desexades mais información, podedes deixar un comentario ou escribir a cabonorte2009@hotmail.es

NOTA:

Desde finais do 2014 a ruta do ferri Xixón – St Nazaire foi suspendida temporalmente. De todas formas, decidín manter o presuposto anterior con este ferri por se volve operar, como esperamos moito dos que o frecuentabamos.

ENTRADAS RELACIONADAS:

Guía de viaxe pola Bretaña francesa: Un percorrido polo mellor da Bretaña francesa

Guía práctica para viaxar por Europa en coche. 20 cousas que debes saber para viaxar por Europa en coche

“Viagem a Portugal”: Porto e Barcelos

Un percorrido por Porto e Barcelos utilizando como guía o libro “Viagem a Portugal” de José Saramago.

Vista nocturna de Porto dende Vila Nova de Gaia
Vista nocturna de Porto dende Vila Nova de Gaia

Xa coñecía os lugares máis emblemáticos de Porto, pero tras ler o libro “Viagem a Portugal” do escritor portugués José Saramago (Premio Nobel de Literatura en 1998) decidín volver, aínda que desta vez utilizando este libro como única guía. En “Viajem a Portugal” Saramago relata un percorrido que realiza por todas as rexións continentais do seu país facéndose pasar pola figura de “o viajante” (e xa que logo, en terceira persoa), contándonos coa súa excepcional forma de redactar o que máis lle chama a atención da súa viaxe.

“Junta com o rio que chaman Doiro..”
Así titula Saramago a parte do libro dedicada a Porto e, como a maior parte dos turistas (entre os que me inclúo), o viaxante comeza a visita á cidade xunto a Sé, é dicir, a catedral.

A Sé
A Sé

Neste punto o viaxante decide o que pode visitar de Porto trazando un círculo imaxinario con centro na praza da Sé, aínda que “provavelmente virá a infringir esta primeira regra”, prestando atención ao “antigo e pintoresco” e desprezando “o moderno e banal”.

Desde a praza de Sé o viaxante descende en dirección ao río polas Escadas das Verdades, hoxe uns dos lugares máis abandonados e míseros de Porto, ata chegar ao mesmo barrio da Ribeira.

Barrio da Ribeira
Barrio da Ribeira

O barrio da Ribeira está aos pés da beira norte do Río Douro. É un dos meus lugares favoritos desta cidade. Chea de bares e restaurantes é ademais ideal para pasear gozando da vista a un lado, das casas mellor conservadas de Porto,e ao outro,das adegas de Vila Nova de Gaia.

A Ribeira
A Ribeira

Aínda que “o viajante está decidido a não andar de igreja em igreja como se de tal dependesse a salvaçom da sua alma” decide visitar algunhas das tantas que hai nesta cidade. Empeza pola fermosa igrexa barroca de San Francisco, xusto á beira do Pazo da Bolsa, outra das visitas obrigadas de Porto, a poucos pasos da Ribeira

Igrexa de San Francisco
Igrexa de San Francisco

Desde a entrada do Pazo da Bolsa, e tras pedir un mapa na oficina de turismo que está xusto enfronte, ascendo cara á parte alta da cidade zigzagueando polas súas rúas entre edificios con ese estilo decadente que lle dá tanta personalidade a esta cidade. Aínda que unha gran cantidade destes edificios estean ao bordo da ruína, hai moitas familias vivindo neles, algo non moi común no centro de moitas cidades europeas. Nas súas rúas, cheas de fachadas con roupa tendida, vese xente que se saúda e coñécese.

Igrexa de Carmelitas e do Carmo
Igrexa de Carmelitas e do Carmo

Subindo pola Rua das Taipas o viaxante diríxese cara á igrexa dos Carmelitas e a do Carmo. Comparando a estas dúas veciñas polo exterior “face a face, ganha o Carmo”. Pola contra, no interior “o viajante está com os Carmelitas. É uma igreja que faz quanto pode pela fé, enquanto o Carmo faz obviamente de mais”. Como é lóxico, entrei en ambas para comparalas, aínda que o que máis me chamou a atención de ambas é a gran cantidade de fieis rezando nelas.

Livraría Lello e Irmão
Livraría Lello e Irmão

De camiño á Rua Clérigos, para completar a volta ao centro histórico de Porto, fago unha parada na impresionante Livraría Lello e Irmão, onde hai máis turistas que clientes. Sen dúbida, ver un dos lugares onde se rodou a película de Harry Potter ten máis interese que visitar moitos museos.

Torre de Clérigos
Torre de Clérigos

Ao saír da Livraría Lello e Irmão, chama a atención a Igrexa e Torre de Clérigos, outra das formidables obras que o arquitecto barroco Nicolau Nasoni realizou nesta cidade. O viaxante non considera xusto o pór o nome deste arquitecto nunha esquina dunha rúa “que tão depressa começa logo acaba”. Aínda que a min paréceme moito máis inxusto que, segundo leo na wikipedia: O 13 de xullo de 2010, a maioría dos concelleiros de centro-dereita do equipo de goberno do Concello da cidade do Porto votaron en contra da proposta para pór o nome do escritor José Saramago a unha rúa da cidade. Está claro que políticos ignorantes hainos en todas partes.

Estación de São Bento
Estación de São Bento

Como o percorrido por Porto do viaxante fáiseme curto, decido cruzar o Río Douro cara a Vila Nova de Gaia, non sen antes entrar outra vez na Estación de São Bento para contemplar os seus famosos azulexos sobre a historia de Portugal.

Porto e a súa Ponte de Luiz I dende Vila Nova de Gaia
Porto e a súa Ponte de Luiz I dende Vila Nova de Gaia

Cruzando a Ponte de Luiz I pola súa parte máis alta, chego á Vila Nova de Gaia. Desde o Mosteiro da Serra do Pilar, as vistas de Porto son magníficas. Descendo cara á beira do Douro e intento visitar o interior dalgunha das adegas para degustar o famoso viño de oporto. Como xa é tarde, e as adegas están pechadas, téñome que conformar con probalo nun bar.

Fonte do Pássaro
Fonte do Pássaro

Acabo o percorrido, igual que o viaxante, na Sé. Alí chama a atención do viaxante o Chafariz da Rua Escura, que segundo oíu dicir coñécese como a Fonte do Pássaro. No alto hai unha especie de pelícano “em atitude de arrancar a própia carne do peito”. Baixo o pelícano hai un orificio onde antigamente saía auga e parecía que lle daba de beber a “os três filhos do pelícano” que están máis abaixo. Complétase o conxunto con dúas figuras de muller con “expressão ameaçadora” a ambos os dous lados do pelícano. Aínda que, segundo o viaxante, “o conjunto é uma ruína”, será o último que visitará de Porto na súa partida, xa que mirando ás “iradas mulheres” desa fonte, “saberá que há ali um segredo que ninguém lhe vem explicar”, e iso será o que se levará de Porto.

Barcelos

Saio de Porto e diríxome a Barcelos, que está a menos de 70 quilómetros ao norte. É domingo, e parece ser que o día do seu famoso mercado é o xoves, pero de todos os xeitos hai algún posto no Campo da Feira, e en moitos deles podo ver numerosas réplicas do Galo de Barcelos.

Barcelos
Barcelos

“Esta é a terra do galo milagroso que depois de assado cantou e veio a ter descendência, tanta que, se ainda não chegou ao milhão, pouco lhe há-de faltar”. E razón non lle falta, xa que aparte dos galos do mercado, por toda a cidade de Barcelos pódense ver réplicas do mesmo. O viaxante conta no libro a lenda do galo de Barcelos, na cal cóntase que se cometeu un crime nesta cidade xusto cando por alí pasaba un galego de camiño a Compostela. Os habitantes de Barcelos acusaron ao galego do crime, polo que foi xulgado e condenado a morrer na forca, pero este, convencido da súa inocencia, pediu ir xunto ao xuíz, que nese momento estábase comendo un galo asado. O condenado díxolle que estaba tan seguro da súa inocencia como de que aquel galo cantaría cando o aforcasen. E así ocorreu, e xusto no momento que estaba sendo aforcado, o galo levantouse e soltou un profundo quiquiriquí. Completouse o milagre grazas a un nó da forca mal feito, polo que o galego salvouse e foi posto en liberdade.

Museo Arqueolóxico
Museo Arqueolóxico

Seguindo os consellos do viaxante achégome ao Museo Arqueolóxico, onde o primeiro que me chama a atención é que sexa un museo ao aire libre. Alí está o Cruzeiro do Senhor do Galo que, segundo conta a lenda, foi esculpido polo mesmo galego uns anos máis tarde de salvarse de morrer aforcado.E como non podía ser menos, nel pódese ver representado o galo e o aforcado.

Cruzeiro do Senhor do Galo
Cruzeiro do Senhor do Galo

Dando unha volta polo Museo Arqueolóxico o viaxante escandalízase coa forma de identificar as pezas que alí se expoñen, xa que utilizan azulexos incrustados nas mesmas. Pregúntase como sería ” a Vénus de Milo marcada assím na coxa roliça”. Razón non lle falta.

Azulexos cravados nas pezas do Museo Arqueolóxico
Azulexos cravados nas pezas do Museo Arqueolóxico

Igual que ao viaxante, “vendo a água correr” sentín sede, e “lembrando-se do galo” sentín fame. Para comer, o viaxante recomenda no libro o Restaurante Arantes, onde aparte dun excelente bacallau, degusta unhas gachas de sarrabulho que segundo nos conta “nunca outro melhor manjar comeu nem espera vir a comer”. Como é lóxico, busco o Restaurante Arantes por todo Barcelos, pero o atopo pechado. Será pola crise ou por ser tempada baixa. Ou porque o libro que levo como guía se escribiu a principios dos 80. De todos os xeitos, síntome decepcionado por non probar o bacallau do Restaurante Arantes e máis aínda por seguir sen saber o que son as gachas de sarrabulho. De todos os xeitos non me penso ir de Barcelos sen comer o bacallau e cumpro a miña promesa noutro restaurante, onde me esquezo de preguntar que son as gachas de sarrabulho.

Fin.

Para máis información, podes deixar un comentario ou escribir a cabonorte2009@hotmail.es

VIAXE A ESCOCIA E IRLANDA EN COCHE

Diario de viaxe a Escocia e Irlanda en coche dende Lugo, facendo o percorrido que se pode ver no mapa:

¿POR QUÉ É ESTA UNHA VIAXE DIFERENTE?

Un mes é o tempo que dispoñemos para percorrer estes dous países. Un mes que queremos aproveitar ó máximo, e non entendemos aproveitar no sentido de ver moitos lugares de interese turístico, senón como disfrutar a viaxe, sen rutas establecidas, sen horarios e reservando só o necesario, ou o que é o mesmo, facendo o que nos apeteza no momento, e sen seguir moito os itinerarios e lugares de interese marcados polas guías turísticas. Vai ser unha viaxe bastante diferente a outros moitos que fixemos, nos que nos deixabamos levar mais por ver “a onde teñen que ir todos os turistas”, e dicir, onde nos mandan as guías de turismo. Non é que estea en desacordo con este tipo de viaxes, pero desta vez queriamos unha viaxe diferente, onde as guías de turismo (que tamén levabamos) só serviran como unha recomendación, unha mera fonte de información, pero despois nós faríamos o que nos petase. Tamén é unha viaxe diferente a que fixemos ó ano anterior; a viaxe ó Cabo Norte en coche (ligazón) que tantas entradas ten neste blog. É diferente por que a razón desa viaxe era un obxectivo: Chegar ó Cabo Norte; esa era a razón fundamental da viaxe, cumprir o sono de chegar a ese lugar; as moitas horas de coche que pasamos para lograr ese obxectivo non mermaron en absoluto a maxia desa viaxe. Foi unha viaxe tamén diferente, e excepcional.

O meu coche, nalgún lugar do norte de Escocia
O meu coche, nalgún lugar do norte de Escocia

Polo tanto,  se queredes información dos lugares turísticos para visitar aproveitando ó máximo posible o tempo, recoméndovos que merquedes unhas das excelentes guías turísticas que hai no mercado (El Pais Aguilar, Lonely Planet, Guias Azules, etc…), así como consultar moitas páxinas web onde podedes atopar moita información destes lugares; pero se ademais queredes coñecer  Escocia e Irlanda doutra maneira, dunha forma distinta (polo menos para min) , podedes ler o diario de viaxe do meu percorrido, reflectindo a miña visión  das paisaxes, das poboacións turísticas…e non turísticas, dos lugares que mais me chegaron, dos aloxamentos mais e menos acolledores, dos bares onde merece a pena tomarse unhas cantas pintas…

A VIAXE

Para min empezar unha viaxe saíndo da casa ó aeroporto, meterme no avión, e aparecer ó cabo dunhas horas no lugar de destino, pérdeme parte da esencia do viaxe. Por iso sempre que podo, gústame chegar ó destino pouco a pouco, en varias etapas, porque son dos que pensa en que a viaxe non so é chegar ó destino, senón de disfrutar do camiño.  Por esta razón fixemos a viaxe no meu coche, no cal saímos da casa ata Bilbo, onde collemos o ferry ata Portsmouth (Inglaterra). Dende alí, fomos en coche ata Escocia e pasamos alí 11 días. Despois, collemos outro ferry a Irlanda para disfrutar de outros 11 días ata que embarcamos nun terceiro ferry ata Roscoff, na Bretaña, e dende alí de volta á casa por estrada. O percorrido describireino a modo de diario de viaxe, é dicir, comentándoo día por día, incluíndo ademais, todos os datos de quilómetros percorridos, aloxamentos e prezos de todo o gastado día por día para dúas persoas,  facéndoo todo mais ameno con fotografías que fixen na viaxe.

Sinal en gaélico
Sinal en gaélico

28 DE XULLO: COMEZA A VIAXE

Lugo – Bilbo

O ferry ata Portsmouth  saíanos de Bilbo ó dia 29 a 1 da tarde, esa é a razón pola cal empezamos a viaxe o día anterior. Así que ese día aproveitamos a mañá para rematar de preparar a equipaxe e facer algunhas xestións relacionadas coa viaxe. Saímos despois de xantar e fixemos os  case 500 quilómetros ata Bilbo, onde chegamos xa de noite. Durmimos nun hotel Formule 1, cadea de hoteis moi famosa en Francia, onde por só 35€ tes unha habitación dobre bastante ben equipada, aínda que con baño compartido.

-Gastos pagados no día: (105€ en total)

Gasóleo: 52€

Cea (Hotel Ibis): 18€

Aloxamento: Formule 1 Barakaldo: 35€

-Km percorridos no día: 483 km

29 DE XULLO: “PRIDE OF BILBAO”

Bilbo – ferry “Pride of Bilbao”

Como o ferry non sae ata a 1 da tarde, aínda podemos almorzar tranquilamente e facer unhas compras nun centro comercial próximo ó hotel, sobre todo para mercar provisións, xa que segundo nos comentaron a comida no ferry é cara e non moi boa para o que estamos acostumados, así que mais vale facer un bo almorzo e subsistir despois algo mais de 24 horas á bocadillos e froita. Tamén aproveitamos para encher o depósito, xa que o gasóleo no Reino Unido é máis caro.

Cunha hora de adianto chegamos ó porto de Santurtzi, concretamente ata o espigón número 3, que é onde sae o ferry e que está moi ben sinalizado, xa dende a autopista A8. Despois de aparcar o coche na bodega, deixamos a equipaxe no camarote (unha vez que o barco sae, non se pode baixar ata o coche).

Vista da Ria de Bilbo dende o noso camarote do Pride of Bilbao
Vista da Ria de Bilbo dende o noso camarote do Pride of Bilbao

O barco sae puntual, e pouco despois de partir, unha vez que nos afastamos da terra baixamos ó camarote.  Escollemos un camarote dobre e exterior, xa que pasar as 29 horas previstas no barco nun camarote interior faise algo claustrofóbico, e ademais, a diferenza de prezo non era moita. Pagamos en total 487€, que inclúe o billete para 2 adultos, o coche e o camarote exterior, e que non o consideramos excesivo tendo en conta que os dous ferries que saían dende Santander eran mais caros

Saída do Pride of Bilbao do porto de Santurtzi
Saída do Pride of Bilbao do porto de Santurtzi

Como teño a sorte de non marearme, disfruto moito do tempo que paso no barco. Dedícome sobre todo a ler, e de vez en cando botar un ollada ó mar polo ollo de boi do noso camarote, no lado de estribor. Ás veces imos dar un paseo polo barco, onde mercamos algún refresco e larpeiradas na tenda libre de impostos, así como un adhesivo para adaptar a luz dos faros ás estradas das illas, para non deslumbrar ós coches que veñen de fronte. Tamén aproveitamos para ir á cuberta a ver o mar, onde xa non se ve nada de terra ó redor, e onde contemplamos unha fermosa posta de sol.

O mar, nalgún punto do traxecto entre Bilbo e Portsmouth
O mar, nalgún punto do traxecto entre Bilbo e Portsmouth

-Gastos pagados no día: (En total 541€ + 11.78£)

Gasóleo: 30€

Almorzo: 9.50€

Supermercado: 14.50€

Billete do Pride of Bilbao: 487€

Adaptador de faros: 7.99£

Outros: 3.79£

-Km percorridos no día: 15 km

30 DE XULLO: A PARTIRES DE AGORA, A CONDUCIR POLA ESQUERDA

Ferry “Pride of Bilbao” – Portsmouth – Stonehenge – Amesbury

A hora prevista de chegada a Portsmouth é as 17:15 hora británica (1 hora menos que no continente), e ó redor das seis da tarde xa estamos co coche na estrada. Como nunca conducira pola esquerda, ía con moito coidado, sobre todo nos cruces e nas rotondas. Por autovía e por estradas convencionais penso que é bastante doado adaptarse.

Chegada ó porto de Portsmouth
Chegada ó porto de Portsmouth

Queríamos ver o famoso monumento megalítico de Stonehenge, así que decidimos ir directamente ata alí, e despois cear e durmir na poboación máis próxima: Amesbury.

Chegamos á entrada para visitar Stonehenge xusto á hora de peche e xa non nos deixaron pasar. Aproveitamos entón para dar un paseo polos arredores, dende onde se pode observar tamén o complexo megalítico.

Conxunto megalítico de Stonehenge
Conxunto megalítico de Stonehenge

En Amesbury, durmimos nun típico bed and breakfast (B&B), chamado Catkin-lodge (http://www.catkinlodge.fsnet.co.uk/), por 65£. Como é habitual neste tipo de aloxamento inclúe, aparte dunha cómoda habitación dobre con baño, un magnífico almorzo.

-Gastos pagados no día: (En total 15.4£)

Cea: 2 pizzas, 1 ensalada, 2 refrescos (King Pizza chicken, Amesbury): 11.40£

Outros: 4£

-Km percorridos no día: 100 km

31 DE XULLO: RUMBO A ESCOCIA

Amesbury – Stirling

Nada mellor que empezar o día cun bo almorzo, cousa que nos bed and breakfast (B&B) está case sempre asegurado. Soen incluír o típico almorzo inglés, composto principalmente por touciño, ovos, fabas, salchichas, tomate, …así como cereais, torradas, iogur, algo de froita e te ou café. Como para nós resulta un pouco forte, conformámonos con repetir cereais e torradas e non tomar nada do “cociñado”.

Saímos cedo cara ó norte, xa que queriamos chegar ata Stirling (Escocia) pola tarde.  Durante os primeiros quilómetros, a estrada era estreita e sen beiravía, e con abundantes cruces e rotondas, que non estaba nada  mal para irse acostumando á conducir pola esquerda. Pouco antes de  Birmingham incorporámonos á M5, e continuamos ata Stirling todo por autoestrada, sen demasiado tráfico salvo nas proximidades de Liverpool e Manchester.

A autoestrada M6, preto de Manchester
A autoestrada M6, preto de Manchester

Ó redor das cinco da tarde chegamos a Stirling, onde tiñamos reservado para catro noites un B&B que atopamos en internet onde nos deixaban utilizar a cociña (Ryneemar B&B,   http://www.ryneemar.co.uk/). Cando chegamos non había ninguén, así que aproveitamos para ir ata ó centro de Stirling para dar un paseíño e facer algunhas compras para á cea. Despois volvemos ó B&B, onde coñecemos os nosos anfitrións (Laura e George) e que nos caeron ben xa dende ó primeiro minuto. Ensináronnos a habitación e o funcionamento da cociña e ós poucos minutos xa estabamos cociñando e ceando, xa que despois dos quilómetros que fixeramos tiñamos fame.

Despois de cear fomos dar un paseo e a tomar unhas cañas, pois xa tiñamos ganas de entrar nalgún pub escocés. No primeiro tomamos unha Tennent’s  “small” e no segundo unha “large”, mais ou menos o dobre que a anterior: bastante suaves pero moi ricas.

-Gastos pagados no día: (En total 80.32£)

B&B Catkin-lodge, Amesbury: 65£

Supermercado (Lidl, Stirling): 7.02£

Cañas: 8.30£

-Km percorridos no día: 656 km

1 DE AGOSTO: “GAMES” NAS TROSSACHS

Stirling – Callender – The Trossachs – Luss– Stirling

Hoxe decidimos dedicar o dia a coñecer o Parque Nacional The Trossachs, xa que nos apetece pasear por algún espazo natural e de paso queimar as calorías do bo almorzo que nos preparou Laura. A pouca distancia de Stirling, ás portas do Parque Nacional, paramos en Callender. Alí, xusto na entrada do Rob Roy Centre (que non visitamos) está a oficina de turismo, onde pedimos información de algunha ruta polo Parque Nacional, e onde nos dixeron que ese mesmo día íase celebrar alí uns “Highland Games”, é dicir, unha festa con típicos xogos escoceses, que dende logo non quixemos perdernos.

Pero antes de que empezaran os xogos deunos tempo para facer unha camiñada ata un monte próximo onde se disfruta unha boa panorámica de Callender e arredores.

Panorámica de Callander
Panorámica de Callander

A subida ó monte foi corta pero intensa, pero non veu mal para queimar parte do almorzo. Unha vez de volta ó pobo, xa había ambiente de festa, con varias bandas de pasarúas con gaitas que seguimos ata un lugar das aforas onde se ían desenvolver os xogos.

Para poder ver os xogos tivemos que dar unha doazón “voluntaria” para beneficencia de 8£ por persoa (si ou si) e unha vez dentro chama a atención un gran campo de xogos no centro, rodeado de múltiples barracas de feira, algunha tenda, un bar e varios lugares onde te servían todo tipo de comida basura. Tamén había unha campa onde se exhibían cans policía.

Highland Games en Callender
Highland Games en Callender

Como di o refrán “alli donde fueres haz lo que vieres” así que, como facía todo o mundo alí dentro, puxémonos a ver os xogos logo de pedir unhas cervexas no bar, e mentres tomabamos  algo dunha pésima comida basura. Como era de esperar nuns xogos escoceses, supoñían unha clara demostración de forza e non moita táctica, así por exemplo podemos observar varios tipos de lanzamentos de pesos e troncos,  así como de levantamento de pedras.

Highland Games en Callender
Highland Games en Callender

Para amenizar os xogos, había nun extremo do campo un palco onde actuaban grupos de bailes rexionais, sobre todo escoceses. Foi unha boa forma de pasar unha boa parte do día, así que xa entrada a tarde seguimos de camiño ó interior das Trossachs. A primeira parada, a moi poucos quilómetros de Callender é o Loch (é así como chaman os escoceses ós lagos) Katrine, fermoso lago dentro do Parque Nacional onde se pode dar un paseo ó redor ou unha volta en barco (nós non fixemos nada diso, xa que era bastante tarde).

The Trossachs National Park, preto de Loch Katrine
The Trossachs National Park, preto de Loch Katrine

Para rematar o percorrido dese día, visitamos o seguinte loch, o Loch Lomond, un pouquiño máis ó leste, facendo unha parada nunha aldea á beira do lago: Luss.

Loch Lomond en Luss, no Trossachs National Park
Loch Lomond en Luss, no Trossachs National Park

Chegamos de volta ó noso B&B de Stirling xa case de noite, onde ceamos nada mais chegar acompañados de Laura, con quen nos sentimos moi a gusto. Despois de cear dedicámonos ó que sería o noso ritual case todos as noites da viaxe: un paseo e unhas cañas nalgún pub próximo, para acercarnos máis ó modo de vivir dos autóctonos.

-Gastos pagados no día: (En total 76.70£)

Gasóleo: 47£

Entradas Highland Games en Callander: 16£

Comida basura nos Games: 4£

Cañas: 9.70£

-Km percorridos no día: 165 km

2 DE AGOSTO: A COSTA DO EAST NEUK

Stirling – St Andrews – East Neuk – Culross – Falkirk Wheel – Stirling

Como onte estivemos na montaña, hoxe decidimos visitar a costa, aínda que como é ben sabido falar de costa aquí non se pode relacionar en absoluto con sol e praia. A nosa primeira parada do día fixémola en St Andrews, unha das poboacións máis interesantes de Escocia a nivel histórico. Aínda que a catedral (que no seu tempo seica foi a máis grande de Escocia) e o castelo están en ruínas, a súa universidade segue en funcionamento na actualidade.

Ruínas da catedral de St Andrews
Ruínas da catedral de St Andrews

Seguindo a estrada da costa cara ó sur entramos na parte norte do Firth of Forth (estuario onde desemboca o Rio Forth, na cal á súa beira está a cidade de Edimburgo), coñecida co nome de East Neuk. Entre os pobos de pescadores que hai neste tramo de costa cómpre destacar St Monans e, máis no interior, Culross.

St Monans, na East Neuk
St Monans, na East Neuk

De camiño de volta á Stirling aproveitamos para ver o funcionamento da esclusa xiratoria Roda de Falkirk (Falkirk Wheel), que se utiliza como ascensor dos barcos que navegan pola canle. Neste enlace pódese ver o funcionamento: http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Falkrikwheelanimationmedium.gif

Roda de Falkirk
Roda de Falkirk

A carón de Stirling, nun alto onde hai unha excelente vista da cidade, está o Monumento Nacional William Wallace, onde se garda a que din que era a súa espada de batalla. Nos non visitamos o interior, porque xa pechara e, ademais, oímos que non pagaba a pena.

Monumento Nacional William Wallace
Monumento Nacional William Wallace

Finalmente, paseo polas rúas de Stirling e o seu castelo, rematando ó dia tomando unhas cañas nos pubs da zona.

-Gastos pagados no día: (En total 18.04£)

Café en St Andrews: 2.10£

Supermercado (St Andrews): 10.24£

Cañas: 5.70£

-Km percorridos no día:  269 km

3 DE AGOSTO: EDIMBURGO

Stirling – Edimburgo – Stirling

Estando tan preto da capital de Escocia (uns 50 km) case sería un delito non coñecer Edimburgo, así que este foi o dia que escollemos para visitar esta famosa cidade.  Cando lle dixemos a Laura que íamos en coche díxonos que a mellor forma de ir a Edimburgo era en tren, que nos deixaba xa no centro mesmo da cidade, e así non nos tiñamos que preocupar por conducir e aparcar. Ofreceuse, ademais,  a levarnos ata á estación de tren de Stirling no seu coche.

E seguindo os consellos de Laura así fixemos. Levounos á estación de tren e, nada máis mercar os billetes, xa nos saíu ó tren que en mais ou menos unha hora nos deixaba no centro de Edimburgo. Fomos cara ó centro, concretamente á famosa Royal Mile e arredores, acercándonos ata a entrada mesma do castelo. A indiscutible beleza da cidade vese eclipsada pola gran cantidade de turistas que enchen as rúas e os lugares de interese turístico como o castelo, onde a cola de entrada é enorme. É lóxico, Edimburgo é un destino turístico de moda, e ademais estamos en pleno verán, e por se fora pouco durante todo o mes de agosto se celebra o seu famoso festival. Pero esta saturación turística réstalle encanto á cidade. Quizais sexa mellor visitala no inverno.

Edimburgo, dende Calton Hill
Edimburgo, dende Calton Hill

Escapando dos turistas que invadían o centro, chegamos a Calton Hill. As magníficas vistas da cidade que hai dende aquí fan deste lugar o meu favorito de Edimburgo.

Aproveitando que estamos nunha cidade de tamaño considerable (uns 400.000 habitantes) con gran cantidade de servizos, decidimos buscar un restaurante italiano para descansar o corpo da terrible comida local. O Martone, preto do Calton Hill, foi unha elección estupenda. Despois, pasamos a tarde paseando pola New Town e algunha zona da parte vella que non vimos pola mañá.

Castelo de Edimburgo dende os West Princes Street Gardens
Castelo de Edimburgo dende os West Princes Street Gardens

Ben entrada a tarde collemos o tren de volta á tranquilidade de Stirling. Xa botaba de menos volver oír falar inglés nas rúas (penso que en Edimburgo escoitei todos os idiomas da terra), tomarme unha caña nun pub onde, despois de catro días por aquí xa non es un descoñecido, e, para rematar o día, cear tranquilamente no B&B mentres falamos con Laura. Dende logo, estivemos moi a gusto en Stirling.

-Gastos pagados no día: (En total 51£)

2 tickets de ida e volta a Edimburgo: 16£

Comida: Pizza, ensalada, cervexas e café (Martone, Edimburgo) 24.70£

Cañas (Stirling): 10.30£

-Km percorridos no día:  0 km

4 DE AGOSTO: CITA COA NATUREZA NO PARQUE NACIONAL DAS CAIRNGORMS

Stirling – Dunked – Aviemore – Parque Nacional das Cairngorms – Boat of garten

Despois de despedirnos de Laura e George, abandonamos Stirling e continuamos cara ó norte. Os seguintes días queremos dedicarnos a percorrer toda a costa norte das Highlands, dende Inverness ata a Illa de Skye, parando a durmir onde nos apeteza. Seguimos pois, a estrada A9 cara Inverness, e a non moitos quilómetros de Stirling visitamos a localidade de Dunkeld, onde facemos un descansiño e vemos as ruínas da antiga igrexa.

Un pouco mais ó norte, decidimos buscar un sitio onde durmir preto do Parque Nacional das Cairngorms. Comezamos a busca en Aviemore, unha especie de localidade – resort, orientada claramente á dar servizos ás estacións de esquí próximas no inverno, e a algúns excursionistas no verán. É, polo tanto, unha poboación bastante fea e sen personalidade, polo que seguimos a buscar polos arredores un lugar que nos convenza máis. Ese lugar foi Boat of Garten. Alí atopamos tamén un B&B que nos gustou ó instante.

Loch Morlich no Cairngorms National Park
Loch Morlich no Cairngorms National Park

Así que despois de comer algo, nos diriximos a ver un pouco o corazón deste Parque Nacional. Primeiro, dentro do Glenmore Forest Park, acercámonos ata  a estación de esquí onde se atopan os picos de maior altitude, e onde aínda nesta época do ano se poden ver algúns neveros. Despois dimos un paseo ó redor do Loch (é así como chaman os lagos en Escocia) Morlich, onde había bastante xente disfrutando da praia do redor e incluso bañándose, aínda que a temperatura non era moi agradable.

Loch Garten no Cairngorms National Park
Loch Garten no Cairngorms National Park

Como hoxe tiñamos ganas de andar, seguimos buscando máis lugares onde pasear polo parque, e continuamos polas beiras do Loch Garten, para o meu gusto moito máis bonito e tranquilo que o anterior loch, xa que é raro que te atopes con xente. Sen dúbida, é un bo lugar para relaxarse durante a viaxe.

De volta a Boat of Garten, ceamos no que cremos que é o único restaurante da localidade: o Andersons Restaurant, con comida de calidade (cousa rara por estas terras), aínda que algo caro.

-Gastos pagados no día: (En total 298.67£)

B&B Ryneemar, Stirling (4 noites): 240£ + 10£ de propina

Supermercado (Boat of Garten) 3.07£

Cea: 2 platos de peixe, 1 botella viño, postre e café (Andersons,Boat of Garten): 42.90£

Outros: 2.70£

-Km percorridos no día:  267 km

5 DE AGOSTO: O NORTE DAS HIGHLANDS

Boat of garten – John O’Groats – Dunned Head –  Melvich

Con moito gusto nos quedariamos uns días máis en Boat of Garten, aínda que só fose por falar máis cos encantadores Val e John, os propietarios do B&B Steornabhagh (http://www.bnbselect.com/bnb/34528). Pero a viaxe continúa, e queremos seguir cara á costa norte das Highlands.

Pouco despois de pasar Inverness, a estrada A9 vai bordeando a costa, facendo a viaxe máis amena. Ó redor do mediodía chegamos ó que se di o punto máis setentrional das Illas Británicas: John O’Groats. Éste famoso lugar non é que teña nada en particular, salvo á fama que leva milleiros de turistas cada ano. En realidade a paisaxe é máis bonita preto de alí, en Dunnet Head, a onde chegan poucos visitantes , e onde si que é en realidade o punto máis setentrional das Illas Británicas. Xusto en fronte desta costa podemos ver as Illas Orcadas.

Faro en Dunnet Head e ó fondo, as Illas Orcadas
Faro en Dunnet Head e ó fondo, as Illas Orcadas

Continuando pola costa, decidimos buscar un sitio onde pasar a noite cando pasabamos por Melvich, xa que nos gustou o seu entorno. Atopamos o B&B The Sheiling (http://thesheilingbandb.com/), situado nun alto con boas vistas.

Bighouse, en Melvich
Bighouse, en Melvich

En Melvich, Bighouse  é un bo lugar para pasear, situado na desembocadura dun río que remata nunha praia. Despois, para relaxarnos máis aínda, fomos tomar algo e cear unhas lasañas moi ricas ó Halladale Inn, a carón do noso B&B.

-Gastos pagados no día: (En total 148.48£)

B&B Steornabhagh, Boat of Garten: 58£ + 2£ de propina

Gasóleo: 52£

Supermercado + pan (Wick):  5.88£

Cea: 2 lasañas e 3 cervexas (Halladale Inn, Melvich): 25£

Cañas: 5.60£

-Km percorridos no día:  314 km

6 DE AGOSTO: “PASSING PLACE”

Melvich – Ullapool

A partires de Melvich, continuamos pola estrada da costa rumbo ó Oeste e despois cara ó sur, indo sempre preto do mar. Para min, as paisaxes desde aquí ata a Illa de Skye son os máis fermosos da viaxe. Recórdanme un pouco os de Noruega que vin o ano anterior. Lugares coma Kyle of Tongue, Loch Eriboll, Kyle of Durness, etc merecen a pena para parar un rato o coche para contemplar a paisaxe.

Loch Eriboll
Loch Eriboll

Ademais, unha paradiña de vez en cando ven ben para descansar un pouco desta estrada, xa que é moi estreita e está chea de “Passing place”, que consisten en pequenos ensanches da estrada onde parar o coche mentres esperas a que pase o que ven de fronte, xa que estas vías son tan estreitas que só colle un turismo.

Passing place
Passing place

Despois de pasar Durness, a estrada diríxenos ata o sur con paisaxes igual de espectaculares, xa sexan de costa ou as veces de interior, onde son frecuentes os loch (lagos ou fiordos). No Loch Assynt podemos ver as ruínas do Ardvreck Castle.

Ardvreck Castle no Loch Assynt
Ardvreck Castle no Loch Assynt

Despois duns 200 km de estradas estreitas e de centos de passing place, decidimos parar a buscar onde durmir en Ullapool. Son máis ou menos as dúas da tarde e comezamos en busca dun B&B para pasar a noite e, cousa que nunca nos pasou ata agora, estaban todos co cartel de “no vacancies”, é dicir, completos. Xa pensabamos en durmir no camping ata que atopamos un onde tiñan unha habitación libre (penso que a última que quedaba en Ullapool), e alí nos quedamos (B&B Fyffe House ).

Loch Broom dende o Faro de Rhue, Ullapool
Loch Broom dende o Faro de Rhue, Ullapool

Ullapool está na beira do Loch Broom, e é de onde saen os ferries para Stornoway, nas Illas Hébridas. Os mellores lugares para contemplar o Loch Broom son dende o Faro Rhue (a moi poucos quilómetros en coche dende Ullapool), ou ben dende o mesmo monte de Ullapool, dende onde sae unha ruta de sendeirismo cortiña, da que te dan información na oficina de turismo da localidade. As vistas dende o alto pagan a pena.

Para rematar o dia, unhas cañas nos pubs e un “fish and chips” (peixe con patacas, ambos fritidos e de baixísima calidade) para cear.

-Gastos pagados no día: (En total 89.33£)

B&B The Sheiling, Melvich: 64£

Supermercado (Ullapool):  8.33£

Cea: Fish and chips (Ullapool): 5.60£

Cañas: 11.40£

-Km percorridos no día:  216 km

7 DE AGOSTO: O ROUBO DE BANK OF SCOTLAND

Ullapool – Portree

Como facemos sempre, de vez en cando miramos por internet os gastos e o que nos queda na conta corrente que utilizamos para as viaxes. Pero desta vez levamos unha sorpresa: Ó dia anterior, íamos retirar 100 libras nun caixeiro do Bank of Scotland de Ullapool, pero antes de aceptar a operación, a anulamos para retirar posteriormente 150 libras, xa que queriamos sacar algo máis de cartos. Total, que hoxe vemos que nos cargan na conta as 150 libras que sacamos no caixeiro, como é lóxico, máis tamén as 100 libras da operación que anulamos. Chamamos ó servizo de atención ó cliente da nosa caixa e non  nos solucionaron nada, así que decidimos ir directamente ó Bank of Scotland ó próximo luns (hoxe é sábado) a ver que nos din. Non andamos nada sobrados de cartos, por iso estes “erros” dos bancos nos cabrean un pouco.

Seguimos despois á viaxe cara ó sur pola costa oeste de Escocia, sempre por estradas á carón da costa, pasando por lugares tan espectaculares como o Loch Torridon e Loch Carron.  Xa pola tarde, chegamos á localidade onde empeza a ponte (antigamente de peaxe) que da acceso á Illa de Skye: Kyle of Lochalsh. Nós, nada máis cruzar á ponte, dirixímonos ata Portree, á capital da illa.

Portree, capital da Illa de skye
Portree, capital da Illa de skye

Igual que cando chegamos a Ullapool, todos os B&B de Portree tiñan xa o cartel de “no vacancies”, polo que desta vez non atopamos ningunha habitación dispoñible. Tampouco tivemos sorte nos albergues do centro. E como non nos apetecía seguir buscando polas aforas, decidimos durmir no cámping de Portree (http://www.portreecampsite.co.uk/), cousa da que despois nos arrepentimos, xa que pasamos bastante frío pola noite. Para ó noso gusto, Escocia (e tamén Irlanda), non son lugares moi apropiados para acampar, xa que os veráns son bastante fríos e chuviosos.

Portree ten moitos servizos de cara ó turista: aloxamentos, restaurantes, etc…, pero non é unha localidade moi grande para asimilar tantos visitantes, polo que para ó tamaño que ten, hai moita xente (supoño que será así so nesta época do ano). Polo demais, non é nada fea, sobre todo na zona do porto.

Collemos comida nun supermercado para cear máis tarde no cámping e despois, celebramos o meu cumpreanos  tomando unhas cañas nun pub de Portree. Celebrabamos tamén que xa levabamos 11 días de viaxe, e aínda nos quedan moitos por diante.

-Gastos pagados no día: (En total 89.33£)

B&B Fyffe House, Ullapool: 60£

Supermercado (Kyle of Lochalsh e Portree):  8.97£

Cañas: 6£

Outros: 3.06£

-Km percorridos no día:  278 km

8 DE AGOSTO: A ILLA DE SKYE

Portree – Neist Point – Kyleakin

Hoxe imos dedicar o día a percorrer a Illa de Skye, famosa por ser unha das illas máis fermosas de Escocia. Saíndo de Portree  cara ó norte, o primeiro que atopamos é o Storr, que conta cun entorno de gran beleza polas súas formacións rochosas, lochs e cantís.

O Storr, na Illa de Skye, co Loch Fada en primeiro plano
O Storr, na Illa de Skye, co Loch Fada en primeiro plano

Pouco despois, seguindo a A 855, están as ruínas do Duntulm Castle, situado á beira dun cantil con vistas ás Illas Hébridas. Continuando polas estradas máis próximas á costa, chegamos ata outro lugar con excelentes vistas: o Neist Point, o punto máis occidental da illa.

Neist Point, na Illa de Skye. No fondo, as Illas Hébridas
Neist Point, na Illa de Skye. No fondo, as Illas Hébridas

A costa ten paisaxes moi fermosos, pero o interior non se queda atrás, como as montañas de Cuillin, que chegan a ter case 1000 metros de altitude.

Kyleakin, porta de entrada na Illa de Skye
Kyleakin, porta de entrada na Illa de Skye

Decidimos pasar esta derradeira noite na Illa de Skye en Kyleakin, a poboación máis próxima á ponte que da acceso á illa. Kyleakin é un lugar que veu a menos dende a construción da ponte, xa que antes era onde se collía o ferry que levaba ata ó “continente”. É pola contra, un lugar moi tranquilo e con bastantes servizos, entre os que destacan varios tipos de aloxamento. Nós desta vez pasamos a noite nun albergue ou hostel, (Skye Backpackers Hostel: http://skyebackpackers.com/)

Botabamos moitísimo de menos poder cociñar a nosa comida despois de tantos días comendo de bocadillos ou a terrible comida que se acostuma tomar por aquí. Concretamente dende a casa de Laura, en Stirling, non tivemos á man unha cociña. Por iso disfrutamos tanto desta cea.  Aproveitando a wifi do hostel, reservamos sitio no ferry que nos levaría á Irlanda dentro de tres días, xa que aquí decidimos partir a viaxe dedicándolle ós mesmos días á Irlanda que á Escocia. De paso aproveitamos para avisar a Laura de que iamos pasar mañá a noite na súa casa (apetecíanos volver a parar en Stirling de paso que nos dirixíamos cara ó sur).

-Gastos pagados no día: (En total 51.77£)

Cámping, Portree: 10£

Supermercado (Broadford):  5.97£

Skye Backpackers Hostel, Kyleakin: 30£

Cañas: 5.80£

-Km percorridos no día:  205 km

9 DE AGOSTO: ATRAPADOS NO LAGO NESS

Kyleakin – Lago Ness – Fort Augustus – Fort William – Stirling

Nada máis partir de kyleakin, cruzamos a ponte que da acceso á illa e paramos en Kyle of Lochalsh, a buscar unha sucursal do Bank of Scotland para solucionar o problema das 100 libras que nos cargaron de máis no caixeiro de Ullapool: Nos dixeron que non podían facer nada e que reclamáramos ó noso banco, ou o que é o mesmo, que non querían facer nada.

Despois, a pouca distancia de Kyle of Lochalsh, paramos xunto ó castelo de Eilean Donan, mentres caía unha intensa choiva. Para min, é o castelo máis fermoso dos que vin en Escocia.

Eilean Donan Castle
Eilean Donan Castle

O noso seguinte obxectivo era rodear o famoso Lago Ness, no sentido contrario das agullas do reloxo, é dicir, cara ó leste pola beira sur do lago e cara ó oeste pola norte. Non era mala idea, xa que así podíamos ver todo o redor do lago, se non fora porque nos equivocamos de estrada onde a beira sur, e a ruta alternativa por onde nos levou o GPS resultou ser unha pista de terra, invadida por ovellas, e con unhas curvas tan pechadas na parte final, que o coche case non podía tomar as curvas, e moito menos dar a volta.

O GPS non sempre te leva polo camiño correcto… aínda que isto é unha autopista comparado co que me atoparía despois
O GPS non sempre te leva polo camiño correcto… aínda que isto é unha autopista comparado co que me atoparía despois

Mentres manobraba para tomar as curvas, baixo un intenso olor a embrague e roda queimada, ben pensei que se non saiamos de alí polos nosos medios, a única forma de sacar o coche sería en helicóptero.

Tivemos sorte e, como o camiño non estaba excesivamente húmido, conseguimos chegar ata a estrada que bordea ó lago. Dende alí, fomos ata Inverness, cidade no extremo leste do lago, e despois, de volta ó oeste para rodear ó lago pola parte norte, con moitos máis visitantes que na beira sur, onde hai unha especie de “centro turístico” sobre ó lago Ness e o seu monstro (non paramos), e as ruínas do Urqhart Castle, cun prezo da entrada desorbitado para ver unhas ruínas.

Completamos á volta ó Lago Ness en Fort Augustus, para min o lugar máis interesante de todo o lago. Aparte de ser unha poboación con certo encanto, conta cun sistema de esclusas para salvar ó desnivel da Canle de Caledonia (que une a costa leste de Escocia coa do oeste, pasando polo Lago Ness) que paga a pena ver en funcionamento.

Esclusas en funcionamento en Fort Augustus
Esclusas en funcionamento en Fort Augustus

Dende Fort Augustus continuamos cara Fort William, por unha estrada que cruza algunha vez o Canle de Caledonia a través de pontes xiratorias, onde se corta ó tráfico cando pasa un barco.

Ponte xirando para deixar pasar un barco polo Canle de Caledonia
Ponte xirando para deixar pasar un barco polo Canle de Caledonia

Fixemos unha parada en Fort William para mercar algo para a cea nun supermercado e, aínda que a cidade non é que sexa gran cousa, dar un paseo. Despois, fixemos ó camiño de volta á Stirling, pasando polas fermosas paisaxes do Glen Coe, chegando xa case de noite ó B&B de Laura e George.

-Gastos pagados no día: (En total 42.26£)

Gasóleo: 35£

Supermercado (Fort Augustus):  3.13£

Supermercado (Fort William):  3.13£

Outros: 1£

-Km percorridos no día:  425 km

10 DE AGOSTO: A DERRADEIRA NOITE EN ESCOCIA DESTA VIAXE

Stirling – Portpatrick

Despois do almorzo e a despedida saímos de Stirling cara ó sur, coa intención de chegar a un lugar próximo a Stranraer, que é dende onde nos vai saír o ferry á Irlanda ó día seguinte. Laura e George aconselláronnos facer unha parada no camiño para visitar o castelo de Culzean, xa que pasabamos moi preto. E así fixemos.

Culzean Castle
Culzean Castle

Aínda pasamos un bo rato paseando polo xardín que rodea ó castelo, que conta ademais cun lago e incluso unha pagoda. Despois, continuamos pola A77 (por certo, chea de radares de tramo) a carón da costa, con boas vistas ó North Channel, mar que separa Irlanda de Escocia. Chegamos xa pola tarde a Stranraer, onde tiñamos pensado buscar algún lugar para durmir. Como esta poboación non nos gustou moito, decidimos seguir buscando algún B&B por algunha localidade próxima con mais encanto, e a atopamos: Portpatrick.

Portpatrick
Portpatrick

En Portpatrick atopamos o Ard Choille Guest House (http://www.ardchoilleguesthouse.co.uk/) , outro típico B&B dos que xa estabamos acostumados a durmir nesta viaxe. Foi unha boa forma de pasar a nosa última noite en Escocia desta viaxe: Nun bonito lugar, cun típico pub e B&B escocés.

-Gastos pagados no día: (En total 135.78£)

B&B Ryneemar, Stirling: 60£

Gasóleo: 45£

Culzean Castle: 11£

Cea: The Downshine, Portpatrick  17.18£

1 caña: 2.60£

-Km percorridos no día:  252 km

11 DE AGOSTO: REPUBLICANOS E UNIONISTAS EN BELFAST

Portpatrick – Belfast – Ballycastle

Aínda que Escocia nos gustou moito, xa tiñamos ganas de entrar en Irlanda, sobre todo sabendo que xa estamos no ecuador da nosa viaxe. Aproveitamos que tiñamos que esperar o ferry en Stranraer para facer algunhas compras no supermercado e para cambiar as libras escocesas que nos quedaban por libras británicas, xa que temos oído que hai sitios fóra de Escocia que non aceptan libras escocesas (e viceversa, en Escocia pódese atopar tamén tendas que non acepten as libras inglesas, aínda que nós nunca tivemos problemas neste sentido). Intentamos cambialos en dous bancos e, para a nosa sorpresa, en ambos dinnos que non o poden facer a non ser que teñamos unha conta nese banco. Incrible: se nun banco non podes cambiar cartos, en onde se non?.

Finalmente, pedimos que no las cambiaran en tres tendas distintas, e en cada unha de elas nos trocaron as libras inglesas que tiñan por escocesas sen ningún problema.

Puntuais, saímos de Stranraer no ferry con destino a Belfast, no Úlster, xa na illa de Irlanda, só que baixo administración británica. O traxecto faise nunhas tres horas.

Belfast é unha cidade cun pasado recente sempre en conflito, xa que dende finais dos anos 60 ata non fai moitos anos, sufriu con intensidade a loita entre unionistas (partidarios de seguir pertencendo á Gran Bretaña e maioritariamente protestantes) e republicanos (partidarios de pertencer á República de Irlanda e maioritariamente católicos). Aínda que pode dicirse que a violencia diminuíu enormemente despois do Acordo de Venres Santo de 1998, aínda hoxe en día segue habendo tensión entre estas comunidades. Decidimos visitar, pois, dous enclaves dentro de Belfast onde se respirase un ambiente republicano (católico) e outro unionista (protestante). Escollemos para o primeiro Falls Road, facendo a primeira parada xunto ós famosos murais que fan esquina coa Northumberland Street.

Murais na Falls Road, Belfast (barrio republicano)
Murais na Falls Road, Belfast (barrio republicano)

Nestes  murais non só se recorda ó conflito do Úlster, senón tamén outros como o Palestino ou o de Euskadi, habendo tamén de temáticas diferentes. Mentres observamos estes murais, vemos como de vez en cando aparcan aquí taxis negros (típicos “cabs” británicos) con algúns turistas, onde o condutor lles explica posteriormente algo sobre os murais. Segundo a guía Lonely Planet, pasear polas zonas do conflito en Belfast nun cab atendendo ás explicacións do taxista, é unha das máis requiridas actividades turísticas de Belfast.

Mural na Falls Road, Belfast
Mural na Falls Road, Belfast

Despois dimos un paseo polo barrio republicano, chegando á zona de separación co barrio protestante, onde se pode observar  á delimitación entre eles, con portas e muros como na rúa Townsend Street.

Para ver o barrio unionista escollemos a Shankill Road, moi preto da Falls Road republicana. O primeiro que nos chama a atención nesta rúa, é a grande cantidade de bandeiras que hai por todas partes (nos edificios, nas farolas, sobre a rúa…), como se se estivese celebrando unha festa, aínda que supoño que estarán alí todo o ano. Loxicamente, esas bandeiras eran británicas. Se poden ver tamén varios murais sobre o conflito.

Shankill Road, Belfast (barrio unionista)
Shankill Road, Belfast (barrio unionista)

Ó rematar o paseo pola Shankill Road, saímos da Belfast cara ó norte en busca dalgunha localidade na costa onde pasar a noite. Chegamos ata Ballycastle, onde atopamos unha especie de Hotel – B&B (Corratavey , http://www.corratavey.co.uk/) que tiña cociña (moi importante para os que, coma min, non lles gusta moito o que se como por estas terras).

Despois de cear, tomamos unhas cervexas nun pub onde escoitamos por primeira vez nesta viaxe música en directo, rodeados dun ambiente único. Isto íase converter case que nunha rutina os seguintes días. Está claro que, aínda que baixo administración británica, isto xa é Irlanda.

-Gastos pagados no día: (En total 140.54£ máis 158.88€)

Ard Choiller Guest House, Portpatrick: 60£

Supermercado (Stranraer): 2.64£

Supermercado (Ballycastle): 4.40£

Hotel – B&B Corratavey, Ballycastle  60£

Cervexas: 13.50£

Ferry Stranraer – Belfast: 154.5€

Outros: 4.38€

-Km percorridos no día:  143 km

12 DE AGOSTO: O DOMINGO SANGUENTO DE DERRY

Ballycastle – Calzada do Xigante – Derry – Dunfanaghy

Tiñamos claro que queriamos ver dúas cousas no día de hoxe: A calzada do Xigante e as rúas do Domingo Sanguento de Derry; e iso é o que fixemos. Pouco despois de saír de Ballycastle, estabamos xa na Giant’s Causeway (Calzada do Xigante), unha interesante formación xeolóxica composta por miles de columnas de basalto que forma unha paisaxe moi singular, motivo polo que foi declarada Patrimonio da Humanidade.

A Calzada do Xigante
A Calzada do Xigante

Aínda que a gran carga de visitantes á que está sometida lle resta encanto (soluciónase con visitala en temporada baixa), o lugar merece a pena velo, non só pola formación xeolóxica en si mesma, senón pola paisaxe dos arredores. Por certo, a entrada é libre, pero o costo do aparcamento (8€), é simplemente un timo.

Vista a Calzada do Xigante collemos rumbo á Derry, onde chegamos en apenas unha hora. Custounos atopar a Leckey Road, no barrio de Bogside, escenario do Domingo Sanguento así como de outros sucesos acontecidos principalmente nos anos 60 e 70.

A famosa esquina de Free Derry, no Barrio de Bogside en Derry
A famosa esquina de Free Derry, no Barrio de Bogside en Derry

Aquí, na famosa esquina de Free Derry, entre as rúas Leckey Road e Fahan Street, unha pintada no lateral dunha casa advertía que se entraba no Derry Libre, unha zona que abarcaba os barrios de Bogside e Creggan autoproclamada autónoma polos católicos irlandeses, onde non podían actuar as forzas do exército británico. Pero o domingo 30 de Xaneiro de 1972, un grupo de persoas que participaban nunha manifestación convocada pola Asociación polos Dereitos Civís de Irlanda do Norte traspasou estes límites ante a oposición do exército británico, que respondeu disparando contra os manifestantes, resultando un total de catorce falecidos e varios feridos. Non sería ata xa ben entrado o ano 2010 cando o goberno británico recoñeceu que ós soldados do seu exército se lle dera á orde de disparar, demostrándose que ademais ditos manifestantes non ían armados.

Mural alusivo ó Domingo Sanguento de Derry
Mural alusivo ó Domingo Sanguento de Derry

Na actualidade, neste lugar queda en pé o muro da casa da esquina de Free Derry, entre as rúas Leckey Road e Fahan Street, onde se pode ler “You are now entering Free Derry” (Estás entrando no Derry Libre). Tamén se poden ver varios murais con pinturas relacionadas co conflito de Irlanda do Norte e un monumento ás vítimas do Domingo Sanguento.

Nomes dos 14 falecidos no monumento de recordo ás vítimas do Domingo Sanguento de Derry
Nomes dos 14 falecidos no monumento de recordo ás vítimas do Domingo Sanguento de Derry

Queriamos buscar un sitio para durmir nalgunha localidade pequena, polo que saímos de Derry (que é unha cidade de máis de 100.000 habitantes) en dirección á costa do Oeste da Illa. Pouco despois de saír de Derry, deixamos a zona da illa que está baixo administración británica para entrar na República de Irlanda. A partires de aquí xa se utiliza o euro (por fin!), xa non se miden as distancias en millas… pero se segue conducindo pola esquerda.

Quedámonos finalmente nun B&B na localidade de Dunfanaghy, na costa do Condado de Donegal (The Willows http://thewillowsdunfanaghy.com/) . Como ía ser costume os días seguintes, pola noite disfrutamos dos magníficos pubs irlandeses, con músicos tocando en directo e moita Guinness.

-Gastos pagados no día: (En total 3.20£ máis 58.7€)

Párking Calzada do Xigante: 8€

Supermercado (Derry): 3.20£

Cea (Molly’s Bar, Dunfanaghy):34.9€

Cervexas: 15.8€

-Km percorridos no día:  182 km

13 DE AGOSTO: UN PARAÍSO PERDIDO: GLENCOLUMBKILLE

Dunfanaghy – Glencolumbkille

A verdade é que para o día de hoxe non tiñamos plans de visitar ningún lugar en concreto, só ir tirando por estradas á carón da costa en dirección ó sur. Pero a non moitos quilómetros de Dunfanaghy (apenas 100km), atopamos un lugar que nos gustou ó instante onde, cando chegamos sobre as 11 da mañá, decidimos pasar alí o resto do día. Cando vía o seu nome nos carteis da estrada (Glencolumbkille, Gleann Cholm Cille en gaélico) xa me daban ganas de visitalo, e a verdade é que o pobo, así como os arredores, non nos defraudaron en absoluto.

Arredores de Glencolumbkille
Arredores de Glencolumbkille

Buscamos onde durmir nun hostel con cociña (Ionad Siúl, http://www.ionadsiul.ie/)  e dedicamos o día a pasear polos arredores da aldea, e a ler na fermosísima praia de Trabane Strand, 7km ó sur.

Praia de Trabane Strand, 7km ó sur de Glencolumbkille
Praia de Trabane Strand, 7km ó sur de Glencolumbkille

Sen lugar a dúbidas, pasaríamos aquí varios días se tiveramos unhas vacacións máis longas, disfrutando das paisaxes e da tranquilidade que se respira neste lugar de Irlanda rodeados de pastos cheos de ovellas e coellos e de terras onde se aproveita a turba,onde as persoas te saúdan cando te atopan polos camiños, e onde se escoita bastante xente falar en gaélico.

Aproveitamento da turba en Glencolumbkille
Aproveitamento da turba en Glencolumbkille

Como non podía ser menos, pola noite a aldea encheu  os seus pubs de xente, e os músicos tocaron en directo. Non entendo de onde saíu tanta xente dun sitio tan pequeno, e moito menos de onde saíron tantos músicos. Un dos grupos estaba composto só por mulleres, con cinco ou seis violinistas que tocaban á vez. Igual que aconteceu os dous días anteriores, todo o mundo disfrutaba do final do día no pub mentres se tomaba unhas Guinness. Pena de non quedarse aquí uns dias…

-Gastos pagados no día: (En total 136.01€)

B&B The Willows, Dunfanaghy: 65€

Hostel Ionad Siúl, Glencolumbkille : 50€

Supermercado (Glencolumbkille): 8.21€

Cervexas: 12.80€

-Km percorridos no día:  146 km

14 DE AGOSTO: OS PUBS DE CLIFDEN

Glencolumbkille – Clifden

Deixamos Glencolumbkille con pena, pero a viaxe continúa, e seguimos cara ó sur pola costa. A mañá pasámola na estrada, atravesando as poboacións de Sligo e Donegal, saíndo do coche nada máis que para o necesario. Xa pasado o mediodía, chegamos ás portas do Parque Nacional de Connemara, onde xantamos uns bocadillos nun bonito lugar xunto o mar ó carón da estrada, a pesares da choiva e o frío.

Pola tarde comezamos buscar algunha localidade que nos gustase para pasar a noite. Roundstone foi unha boa candidata, pero como estaban en festas non había ningún B&B libre, así que ó final decidimos quedarnos a durmir en Clifden.

Paisaxe dende a Sky Road, preto de Clifden
Paisaxe dende a Sky Road, preto de Clifden

En Clifden a oferta de aloxamentos, restaurantes e pubs é considerable, xa que está nun lugar con bastante afluencia de turistas principalmente pola proximidade ó Parque Nacional de Connemara. Nos arredores, aconsello tomar a Sky Road, unha estrada dende onde se poden contemplar unhas fermosas paisaxes.

Unha vez aloxados nun B&B (Harbour Lodge, http://www.discoverireland.ie/Search-Results/Details.aspx?touristItemID=41192) fomos dar un paseo por Clifden e a buscar un sitio para cear. Despois da cea atopámonos co habitual ambiente nocturno ó que xa estabamos habituados despois de estes días en Irlanda: Pubs cheos de xente de todas as idades, música en directo, e moita, moita Guinness. No primeiro pub onde entramos as cervexas saíronnos de balde, xa que un home nos deu o seu tícket da comida, na que lle regalaban unha consumición. Máis tarde, chegamos a outro pub onde un home cuns 60 anos xa ben cumpridos, e unha forma física envidiable,  improvisaba os bailes da música que se tocaba, facendo flexións e estiramentos de cando en cando, e ata cantando cando os músicos, cos que non tiña ningunha relación, lles deixaban o micrófono. Foi un auténtico “showman” improvisado sen el sabelo, e conseguiu que todos os que mirábamos o seu espectáculo non esquecéramos xamais ese día. Os pubs de Irlanda son inigualables.

-Gastos pagados no día: (En total 98.54€)

Gasóleo: 56€

Cea (Mannions bar, Clifden): 24.40€

Cervexas: 13.80€

Outros: 4.34€

-Km percorridos no día:  376 km

15 DE AGOSTO: UN DIA PERFECTO NAS ILLAS DE ARAN

Clifden – Illas de Aran – Carraroe

Hoxe amañeceu completamente despexado e facía calor. Non viamos un día así en toda a viaxe, onde o ceo estivo sempre máis ou menos nubrado, con algunhas chuvias e a temperatura rara vez chegou a rozar os 15 grados. Decidimos pois pasar o día nas Illas de Aran, que están a pouca distancia de Clifden.

Fomos en coche ata Rossaveel, dende onde sae o ferry ata a maior illa das Aran: Inishmore. En menos dunha hora o ferry deixounos en Kilronan, a poboación máis importante da Illa, onde nada máis chegar alugamos unhas bicicletas (10€ cada bicicleta por día).

Focas nas Illas de Aran
Focas nas Illas de Aran

Decidimos facer unha ruta circular para dar a volta á illa, comezando pola estrada que vai en dirección ó oeste á carón da costa norte, onde nunha paradiña chegamos a ver focas coa metade do corpo ó sol e a outra metade na auga.  Nunca viramos focas no seu hábitat natural, por iso estivemos un bo rato contemplándoas. Continuamos a ruta pasando por unha fermosa praia onde se bañaban bastantes turistas , ata chegar ó estremo máis occidental da illa, para min un dos lugares máis fermosos da mesma, onde nos tomamos uns bocadillos mentres viamos pasar focas.

Leiras rochosas das Illas de Aran, esquilmadas polo uso intensivo. Ó fondo, as Illas de Brannock
Leiras rochosas das Illas de Aran, esquilmadas polo uso intensivo. Ó fondo, as Illas de Brannock

Unhas das cousas que máis chaman a atención destas illas son as leiras esquilmadas polo uso intensivo das mesmas ó longo dos anos, quedando nada máis que rochas en moitas delas. Dende logo a vida aquí nunca foi doada, xa que climatoloxía é moi dura, con frecuentes temporais nos longos invernos, e as terras son moi pobres para subsistir da agricultura. Aparte dos típicos xerseis das Aran, tamén son famosas as Currach, típicos barquiños que aínda se usan nestas illas.

Currach, nas Illas de Aran
Currach, nas Illas de Aran

Rematamos a excursión pola illa na costa sur, onde hai fermosos cantís, logo de pasar polo punto de maior altitude, onde hai unha boa panorámica das illas. Foi un día perfecto, nun lugar cunha natureza e cultura únicas, que tivemos a sorte de disfrutalas cun ceo completamente despexado, sen vento, e a uns 20 grados de temperatura.

Despois de estar todo o dia pedaleando, embarcamos no ferry de volta xa ben entrada a tarde. Unha vez no coche, decidimos ir buscar onde durmir nalgún pobo próximo á beira do Loch Corrib, pero perdémonos. Estivemos tan perdidos, que tiven que preguntar nun supermercado onde nos atopabamos, xa que o noso mapa ten unha escala moi grande, o GPS non ten cartografía de Irlanda, e os carteis nesta zona estaban todos en gaélico. Ademais, non atopamos ningún letreiro que indicase o nome de ningunha poboación por onde pasabamos. Así que, como xa se estaba facendo de noite, preguntei no supermercado se había algún sitio para durmir preto, e moi amablemente me indicaron onde, sen mencionar o nome de ningún pobo, senón só por referencias: pasas unha ponte, despois unha árbore grande ó carón dunha rocha, etc…

Seguindo as instrucións que nos deron, chegamos a un B&B (teach diochta uí dhomhnaill casla ) nun lugar que o día seguinte me decatei que se chamaba Carraroe. Como xa era tarde, o único sitio aberto para cear era un local de comida rápida onde daban fish and chips, hamburguesas e toda clase de fritangas basura. Despois, como de costume, a relaxarse un ratiño a un pub onde, por primeira vez dende que estivemos na Illa de Irlanda, non houbo música en directo. Esa noite tampouco estabamos para moita festa, xa que o cansazo de pedalear todo o día podía con nós.

-Gastos pagados no día: (En total 148.06€)

B&B Harbour Lodge, Clifden: 60€

Supermercado (Clifden): 9.31€

Ferry a Aran con desconto: 40€

Aluguer de bicicletas en Aran: 20€

Cea (Carraroe): 11.60€

Cervexas: 7.15€

-Km percorridos no día:  99 km

16 DE AGOSTO: DIA CHUVIOSO EN LAHINCH

Carraroe – Lahinch

Ó contrario que onte, hoxe choveu case todo o día. Queriamos visitar os famosos cantís de Moher, e de camiño fixemos unha parada no mosteiro de Kilmacduagh. Sen dúbida, é un lugar interesante para visitar, sobre todo pola súa ben conservada torre circular, onde a poboación se protexía dos ataques.

Torre circular e ruínas do Mosteiro de Kilmacduagh
Torre circular e ruínas do Mosteiro de Kilmacduagh

Despois tomamos rumbo cara á costa para ver os Cantís de Moher. Cando chegamos, chovía moito e había néboa, polo que decidimos buscar un sitio para durmir en Lahinch, a pouca distancia de alí. Atopamos un Hostel (West Coast Lodge, http://www.lahinchaccommodation.com/ ) con cociña, que xa botabamos de menos despois de non poder cociñar a nosa comida dende fai un par de días.

Praia de Lahinch
Praia de Lahinch

Ó final pasamos o resto do día en Lahinch protexéndonos da choiva e descansando. Apenas saímos da habitación máis que para dar un paseo polo pobo e para ver a súa praia, moi famosa entre os que practican o surf.

Pola noite, como de costume desde que chegamos a esta illa, fomos tomar unhas Guinness a un pub onde tocaban música en directo. Desta vez  acompañounos Iratxe, unha rapaza de Bilbo que coñecemos onde nos aloxamos, coa que nos sentimos moi a gusto compartindo unhas cervexas. Foi unha mágoa que os pubs pechen tan cedo para nós, porque senón seguro que continuaríamos tomando Guinness ata ben entrada a noite.

-Gastos pagados no día: (En total 86,78€)

B&B teach diochta uí dhomhnaill casla, Carraroe: 70€

Supermercado (Lahinch): 5.58€

Cervexas: 11.20€

-Km percorridos no día:  160 km

17 DE AGOSTO:  BENVIDOS Á “FARM HOSTEL”

Lahinch – Fenit – Killorglin

Logo de saír de Lahinch fixemos unha parada en Ennis para dar un paseo polo centro da cidade e mercar algo nun supermercado. Despois continuamos cara ó sur, pasando polos arredores de Limerick cruzando o Río Shannon, e seguindo pola estrada da costa ata Tralee. A medio camiño, visitamos as ruínas do Castelo de Carrigafoyle, onde se pode entrar nelas e subir ata o último piso.

Castelo de Carrigafoyle
Castelo de Carrigafoyle

En Tralee desviámonos uns quilómetros ata Fenit, para ver  a Bahía de Tralee e o porto, onde dimos un pequeno paseo.

Faro na Illa de Samphire, en Fenit
Faro na Illa de Samphire, en Fenit

Continuando ó sur chegamos a Killorglin, onde atopamos un hostel para pasar a noite chamado Laune Valley Farm Hostel (http://www.launevalleyfarmhostel.com/index.html). Era un lugar perfecto para pasar uns días para unha persoa con afición á aracnoloxía, xa que pola grande cantidade de telarañas presentimos  a súa presenza. A estancia sería insuperable se ademais gustara das antigüidades e a restauración, debido á idade e estado de moitos mobles. Aínda que nós non temos tales afeccións, decidimos quedarnos alí un par de días xa que polo menos a casa era barata, e a estas alturas da viaxe non andabamos sobrados de cartos. Ademais,  dispoñía de cociña, polo que podiamos facer a nosa comida. Non fai falla dicir que non lle temos medo ás arañas.

-Gastos pagados no día: (En total 84.98€)

West Coast Lodge, Lahinch: 60€

Supermercado (Ennis): 13.98€

Cervexas: 8€

Outros: 3€

-Km percorridos no día:  248 km

18 DE AGOSTO:  A PENÍNSULA DE DINGLE E O PARQUE NACIONAL DE KILLARNEY

Killorglin – Península de Dingle – Killarney – Killorglin

O noso plan de hoxe é visitar a Península de Dingle e a cidade de Killarney, xunto co seu Parque Nacional. O máis fermoso da Península de Dingle é a súa paisaxe, especialmente no seu extremo preto das Illas Blasket e, ó sur, a gran praia de Inch. Pola contra Dingle, a maior localidade da península, para nós non tivo nada de interese.

Praia de Inch, na Península de Dingle
Praia de Inch, na Península de Dingle

Tras rodear a península dirixímonos á famosa cidade de Killarney. Alí, dimos un paseo polo centro e a verdade é que nos decepcionou un pouco, tendo en conta o que escoitaramos falar dela. O que si nos gustou moito foi o Parque Nacional de Killarney. É un lugar moi fermoso, con varios lagos entre montañas e moita vexetación, onde se poden facer rutas de sendeirismo, en bicicleta e incluso se poden alugar coches de cabalos. Dentro do parque tamén se pode visitar o Castelo de Ross.

Castelo de Ross, Killarney
Castelo de Ross, Killarney

Estivemos paseando polo Parque Nacional  entre o Lago Leane e os bosques unhas horas, ata que case se nos fixo de noite.

Bosque dentro do Parque Nacional de Killarney
Bosque dentro do Parque Nacional de Killarney

Despois, de volta á Killorglin, fomos tomar unha cervexa á un pub como de costume,  aínda que, tanto este día como o anterior, non atopamos ningún pub con música en directo. A verdade é que Killorglin, para non ser unha poboación moi pequena, pareceunos unha localidade moi solitaria pola noite.

-Gastos pagados no día: (En total 70.24€)

Gasóleo: 54.01€

Supermercado (Killarney): 6.73€

Cervexas: 8€

Outros: 1.50€

-Km percorridos no día:  219 km

19 DE AGOSTO:  O “RING OF KERRY”

Killorglin – Península de Iveragh – Kenmare

Asegurándonos de que non levabamos ningunha araña con nós, saímos de Killorglin coa intención de percorrer o Ring of Kerry, que non é máis que rodear a Península de Iveragh.

A Illa de Beginish dende a Illa de Valentia, no condado de Kerry
A Illa de Beginish dende a Illa de Valentia, no condado de Kerry

A parte máis occidental da Península de Iveragh é para min a máis fermosa, especialmente a Illa de Valentia e a Bahía de St. Finnans, dende onde se poden ver ó lonxe as Illas Skelling, que albergan un mosteiro cristián do século VI e unha poboación importante de frailecillos e alcatraces.

Extremo occidental da Península de Iveragh.Ó fondo á dereita, as Illas Skellig
Extremo occidental da Península de Iveragh.Ó fondo á dereita, as Illas Skellig

Logo de facer unha parada en Sneem, completamos a volta ó Ring of Kerry en Kenmare, onde decidimos quedarnos a durmir, xa que nos gustou moito cando pasamos pola estrada e ademais parecía que tiña bastante ambiente. No primeiro B&B que preguntamos para pasar a noite queríannos cobrar 100€, así que saímos disparados de aló a pesar de que a propietaria nos aseguraba que nese pobo non atopariamos un B&B máis barato. A pouco metros de distancia preguntamos noutro que, para min era máis ou menos similar que  o anterior, ou incluso mellor, e nos saía a 65€ (aínda que ó final cobrounos 60€ porque tomamos un almorzo continental en vez que o irlandés), polo que quedamos durmir alí (B&B Melrose, http://www.melrosekenmare.com/page2.html).

Dende logo que non nos equivocamos ó escoller Kenmare para pasar a noite, xa que hai moitos pubs con moito ambiente e moita música en directo. Nun deles incluso un tipo nos invitou a uns chupitos. A verdade é que tiñamos ganas de festa despois de dous días tranquilos en Killorglin.

-Gastos pagados no día: (En total 130.24€)

Laune Valley Farm Hostel , Killorglin (2 noites): 80€

Supermercado (Sneem): 2.24€

Cea (McCarthy, Kenmare): 20€

Cervexas: 28€

-Km percorridos no día:  181 km

20 DE AGOSTO:  A DERRADEIRA GUINESS DA VIAXE

Kenmare – Península de Beara – Baltimore – Kinsale

Así como dous días antes rodeamos a Península de Dingle, e o anterior a de Iveragh, hoxe nos toca a Península de Beara. Como no caso de Dingle e Iveragh, a zona que máis me gustou foi o seu extremo máis occidental, aínda que toda a península é fermosa.

Ballydonegan Bay, no extremo occidental da Península de Beara
Ballydonegan Bay, no extremo occidental da Península de Beara

Como as dúas anteriores, Beara tamén remata con illas no seu extremo, neste caso coa Illa de Dursey, onde un curioso aparato similar a un teleférico con capacidade para unhas poucas persoas e unha vaca (iso vin nalgunha guía), permite acceder ós turistas é os pouco menos de dez habitantes fixos da illa.

Teleférico que une a Península de Beara coa Illa de Dursey
Teleférico que une a Península de Beara coa Illa de Dursey

A partires de Dursey continuamos por estradas da costa agora xa en dirección leste, xa que nos atopamos no extremo sur da illa. De camiño, fixemos unha parada no faro de Baltimore: a súa forma cónica me pareceu moi curiosa.

Faro de Baltimore
Faro de Baltimore

Decidimos buscar un B&B para durmir en Kinsale, xa que nos gustou a poboación e ademais estaba preto do porto dende onde nos sairía o ferry á Bretaña ó día seguinte. Atopamos unha habitación libre no Rock View B&B (http://www.rockviewbb.com/), situado no mesmo centro. Como era a nosa última noite en Irlanda desta viaxe había que despedirse en condicións buscando os mellores pubs para tomar unhas pintas de Guinness. ¿E cales son eses mellores pubs?. Despois destes días en Irlanda fixémonos uns expertos en atopalos. Os mellores pubs son eses onde apenas hai turistas, e a meirande parte dos clientes son autóctonos. Deben ter, como debe ser, música en directo e, como os que escoitan a súa música son os clientes de sempre, non lle fan moito caso ós músicos. Isto é importante, xa que fai que os músicos actúen con máis naturalidade, e incluso, como ven que es “raro”, é dicir, un turista perdido por alí, case seguro van ir falar contigo, dedicarte unha canción ou, polo menos, despedirse de ti cando te vaias. O mesmo pasa cos clientes habituais do pub, que se fixan máis en ti xa que es a “novidade” desa noite. Estivemos un bo rato nun destes pubs tomando as derradeiras Guinness da viaxe.

-Gastos pagados no día: (En total 113.34€)

B&B Melrose, Kenmare: 60€

Supermercado (Castletainbere): 5.44€

Cea (kieran’s Folkhouse Inn, Kinsale): 26.70€

Cervexas: 21.2€

-Km percorridos no día:  282 km

21 DE AGOSTO:  O “PONT AVEN”

Kinsale – ferry “Pont Aven”

O ferry sae as catro e media da tarde dende Ringaskiddy, a poucos quilómetros de Kinsale, así que temos tempo para aproveitar a mañá dando un paseo por Kinsale e visitar o castelo de Charles Fort.

Kinsale, dende o Charles Fort
Kinsale, dende o Charles Fort

Puntual, pouco antes das cinco, o ferry xa estaba navegando en fronte da cidade de Cobh, agasallándonos cunha panorámica da mesma.

Cobh, dende o ferry Pont Aven
Cobh, dende o ferry Pont Aven

Desta vez, temos que pasar bastantes menos horas no barco que no de Bilbo á Portsmouth, 14 horas fronte ás 29 do ferry anterior, aínda que facemos máis ou menos as mesmas cousas: pasear polo interior do barco, ver o mar dende a cuberta e ler no camarote. Este ferry, chamado Pont Aven, é máis moderno que ó anterior e, para min, penso que máis grande e rápido tamén. Ten, incluso, unha piscina aceptable dentro dunha das cubertas superiores. O billete para dúas persoas en camarote interior (xa non quedaban prazas en camarotes exteriores) e o coche saíunos en 395€.

Comeza a noite na cuberta superior do Pont Aven
Comeza a noite na cuberta superior do Pont Aven

-Gastos pagados no día: (En total 511.54€)

B&B Rock View, Kinsale: 60€

Supermercado (Kinsale): 7.79€

Pizza (Carrigaline): 6€

Gasóleo: 41€

Ferry Cork – Roscoff: 395€

Outros: 1.75€

-Km percorridos no día:  61 km

22 DE AGOSTO:  CROISSANTS, GALLETES, CAFÉ AU LAIT

Ferry “pont aven” – Roscoff – Punta de St Mathieu – Audierne

O ferry chegou a Roscoff á hora prevista: ás 7:30. Nada máis chegar á terra o primeiro que facemos é buscar un lugar onde almorzar en Roscoff, a ser posible uns croissants. E así fixemos. Tomámonos uns bos croissants, que xa tanto botabamos de menos despois de tantos días.

Roscoff
Roscoff

Logo de dar un paseo por Roscoff, continuamos en dirección á Punta de St. Mathieu por estradas sempre á carón da costa, contemplando os fermosos paisaxes bretóns.

Plounéour-Trez, na costa bretona
Plounéour-Trez, na costa bretona

Fixemos unha parada en Le Conquet e no faro de St Mathieu, e a partir de aí choveunos o que nos quedou de día. Continuamos cara ó sur sempre pola costa ata que decidimos quedarnos a durmir en Audierne, preto da cidade de Quimper. Audierne, así como a próxima Punta de Raz, xa as coñeciamos de outras viaxes pola Bretaña francesa, onde nos gusta regresar sempre que podemos. Para pasar a noite buscamos unha habitación nunha “chambre d’hôtes” ,unha especie de B&B pero á francesa, que é un tipo de aloxamento onde acostumamos a durmir sempre que viaxamos por Francia, xa que soen ser baratos, con almorzo e cun trato moi familiar (Vent d’ailleurs, http://www.vent-dailleurs.eu/).

Xa pola noite, e despois de tantos días comendo a terrible comida das terras que acababamos de visitar, case nos caían as lágrimas mentres ceabamos nunha crepería unhas galettes, unha especie de filloa de trigo sarraceno típica da Bretaña e moi famosa en toda Francia. Por fin volviamos comer ben despois de tantos días!

-Gastos pagados no día: (En total 51.8€)

Almorzo (Roscoff): 5.95€

Cea (Aux Crepes d’or, Audierne): 28.70€

Cervexas:  9€

Outros: 8.15€

-Km percorridos no día:  286 km

23 DE AGOSTO:  “ALBATROS”

Audierne – Pont-Aven – Port-Navalo – La Roche-Bernard

Continuamos polo sur da Bretaña cara ó leste, para ir facendo o camiño de regreso á casa. Lugares bretóns tan famosos como Concarneau, Carnac ou Quiberon xa son coñecidos para nós doutras viaxes, pero non Pont-Aven, que aproveitamos para visitalo ó quedarnos de camiño.

Pont-Aven
Pont-Aven

Outro lugar que non estivemos noutras viaxes pola Bretaña e que decidimos visitar foi a parte leste do Golfo de Morbihan, chegando ata á localidade de Port-Navalo. Esta zona non nos gustou moito, polo que continuamos o noso camiño ata La Roche-Bernard, que nos pareceu máis bonito e tranquilo.

La Roche-Bernard
La Roche-Bernard

Quedámonos durmir no Auberge des Deux Magots (http://www.auberge-les2magots.com/EN/index.php) , nunha praza do mesmo centro de La Roche-Bernard.

Place du Bouffay, La Roche-Bernard
Place du Bouffay, La Roche-Bernard

Despois dun paseo pola localidade e o porto, volvemos cear as típicas galettes (tamén as tomamos no xantar) nunha creperia. Para rematar ó dia estivemos de cañas por La Roche-Bernard onde coñecimos a Greg, co que estivemos xunto a outra xente tomando algo ata ben entrada a noite. Aínda hoxe continuo sen saber por que cando diciamos que eramos galegos un deles non paraba de repetir a palabra “albatros” (e o albatros non é que sexa un paxaro moi común na nosa terra).

-Gastos pagados no día: (En total 110.6€)

Chambre d’hôtes Vent d’ailleurs, Audierne: 47€

Xantar (La fregale, Guidel): 21.50€

Cea (Crêperie de la Roche, La Roche-Bernard): 27.60€

Cervexas:  14.50€

-Km percorridos no día:  298 km

24 DE AGOSTO:  FACENDO QUILÓMETROS

La Roche-Bernard – San Vicente de la Barquera

Aínda que tiñamos pensado pasar polo menos un par de días máis en Francia, moi ó noso pesar, e por motivos alleos á nós, tivemos que adiantar camiño ata algún lugar preto da casa. Así que, algo resacosos despois da festa do día anterior, saímos de La Roche-Bernard logo de tomarnos un croissant de almorzo. Despois, fixemos os máis de 800km. ata San Vicente de la Barquera facendo só as paradas necesarias. Chegamos xa de noite, e escollemos para durmir no mesmo sitio que estivemos no regreso da viaxe ó Cabo Norte do ano anterior, o Azul de Galimar (http://www.hotelazuldegalimar.es/), pero neste caso quedamos no hostal, que é máis barato e máis que suficiente para nós.

San Vicente de la Barquera
San Vicente de la Barquera

Como aínda despois de dous días en Francia comendo ben non nos é suficiente para esquecer a comida escocesa e irlandesa, tomamos unhas boas racións para cear. Non hai que excederse moito, xa que mañá en Asturias continuaremos xantando como tanto o botabamos de menos uns días atrás.

-Gastos pagados no día: (En total 240.56€)

Auberge des Deux Magots, La Roche-Bernard: 60€

Supermercado (La Roche-Bernard): 16.41€

Gasóleo: 82€

Peaxes: 39.65€

Cea (Bar Folia, San Vicente de la Barquera): 28.7€

Outros:  13.2€

-Km percorridos no día:  882 km

25 DE AGOSTO:  ALONGANDO A VIAXE

San Vicente de la Barquera – Ídolo de Peña Tú – Coto Carcedo – Puerto de Vega – Castropol

Hoxe pola mañá sabemos que ó final podemos estar un día máis de viaxe, así que, aínda que estamos preto da casa, intentaremos pasar outra noite polo camiño e así ir con máis calma. Pouco despois de saír de San Vicente, xa en Asturias, visitamos o Ídolo de Peña Tú, que é un conxunto megalítico con grabados e pinturas. Dende o aparcadoiro(a carón da N-634) ata o ídolo hai un camiño que se percorre en poucos minutos. Unha vez alí, un guía explica de balde o significado dos grabados.

Como de costume sempre que pasamos por Asturias, hai que comer o típico cachopo (http://es.wikipedia.org/wiki/Cachopo). Un dos meus favoritos é o do Bar Parrillada Vistamar, en Coto Carcedo (Concello de Castrillón, moi preto de Avilés).

Logo, despois dunha parada en Luarca, buscamos onde durmir en Puerto de Vega (preto de Navia), pero estaba todo ocupado ou con prezos moi altos, polo que continuamos ata Castropol.

Ribadeo e a Ponte dos Santos, dende Castropol
Ribadeo e a Ponte dos Santos, dende Castropol

En Castropol durmimos nun hotel á beira da N-640 (Casa Vicente) e ceamos unhas sardiñas á carón do porto.

Ría do Eo dende Castropol
Ría do Eo dende Castropol

-Gastos pagados no día: (En total 128.4€)

Hostal Azul de Galimar, San Vicente de la Barquera: 65€

Xantar (Parrillada Vistamar, Coto Carcedo): 22€

Cea (Mesón La Santina, Castropol): 32.30€

Cañas: 6.20€

Outros:  2.90€

-Km percorridos no día:  267 km

26 DE AGOSTO:  A CHEGADA

Castropol – Foz – Lugo

Con pena porque xa non podemos alongar máis a viaxe, iniciamos ó regreso ó lugar de onde saímos trinta días atrás. De todos os xeitos, aínda aproveitamos a mañá para dar un paseo pola Praia das Catedrais e por Foz, onde comemos unhas racións. Pola tarde, chegada a Lugo. Como de costume, todo este mes viaxando pasóusenos tan rápido que case non nos dimos conta. Por suposto, e como en case todas as viaxes que fixemos, o volveriamos facer o día seguinte da chegada.

-Gastos pagados no día: (En total 82.6€)

Hotel Casa Vicente, Castropol: 55€

Xantar (Cervecería Barrilete, Foz): 24€

Outros:  3.60€

-Km percorridos no día:  134 km

TOTAL DA VIAXE:

Gastos: 4345€ (2172€ cada un)

Quilómetros: 7609km (254km de media en 30 días de viaxe)

FIN.

Se desexades máis información podedes escribir a cabonorte2009@hotmail.es

GUIA DA VIAXE

Documentación:

Tanto Reino Unido, como Irlanda e Francia pertencen a Unión Europea, polo que o único requisito de entrada nestes países para cidadáns da UE é que leven o seu DNI. De todas formas, non está de máis levar o pasaporte.

Fronteiras:

Nalgúns sitios son practicamente inexistentes, coma por exemplo entre Irlanda e o Reino Unido. O único que poden controlar nalgunhas delas pode ser que non nos pasemos da cantidade de alcohol ou tabaco permitido.

No Cairngorms National Park
No Cairngorms National Park

Seguridade persoal:

Todos estes países son moi seguros, así que a única norma de seguridade a seguir é a do sentido común: non deixar cartos nin obxectos de valor á vista no coche, vixiar a carteira e mochila en aglomeracións, etcétera…

Urxencias sanitarias:

Para axilizar os trámites en caso dunha urxencia sanitaria nestes países, recoméndase levar a Tarxeta Sanitaria Europea, que calquera beneficiario da seguridade social a pode pedir gratuitamente nas oficinas da seguridade social. En moitas oficinas as dan o momento.

Cómpre levar ademais certos medicamentos de uso corrente para a diarrea, estreñimento, paracetamol, alcohol, auga osixenada, …

Comunicacións:

A cobertura de móbiles é moi ampla nestes países. Nalgunhas compañías pode ser preciso chamar ó servizo de atención ó cliente por se hai que activar algo para chamar dende o estranxeiro. Nós levabamos dous móbiles, un de contrato e outro de tarxeta e de dúas compañías distintas, que funcionaron sen problemas. Tamén é recomendable informarse de que compañías teñen tarifas máis baratas nos países para así escoller dende o noso móbil a compañía máis económica (con selección do operador manual).

Ferry que une a Península de Iveragh coa Illa de Valentia. Tamén se pode acceder á illa por unha ponte
Ferry que une a Península de Iveragh coa Illa de Valentia. Tamén se pode acceder á illa por unha ponte

As veces é recomendable buscar acceso a internet para falar coa familia (e aforrar cartos en chamadas), buscar aloxamento, información turística, etc… Nós levamos un ordenador portátil e atopamos distintas redes wifi polo camiño nos aloxamentos, bares,… En Francia sempre queda o truco de ir a un Mc Donalds a tomar polo menos un refresco, xa que alí todos teñen wifi gratuíta. Se non levades ordenador, sempre se pode atopar un cíber ou unha biblioteca pública.

Información turística:

En moitas das localidades que visitamos contan con oficinas de turismo onde proporcionan información turística gratuitamente. Nós informámonos antes da viaxe de moitos dos lugares turísticos por medio de guías de viaxe e internet. Ademais, levabamos con nós varias guías de países, algunhas nosas e a maioría prestadas gratuitamente por bibliotecas públicas.

Cartos:

Convén levar cartos en metálico e en tarxeta. Os cartos en metálico non se deben gardar todos xuntos, senón en lugares separados, para evitar roubos e perdas. Francia e Irlanda utilizan o euro, pero non no Reino Unido. Nós levabamos algunhas libras en metálico que cambiamos antes de saír da viaxe. Tamén sacamos algunhas máis nun caixeiro automático que nos deu problemas, como conto no diario da viaxe. Segundo me teñen comentado, hai algúns lugares en Inglaterra ou no Ulster onde non aceptan libras escocesas e viceversa, aínda que nós non tivemos problemas neste sentido.

Débese levar ademais varias tarxetas, mellor as de crédito que as de débito, xa que estas últimas non as aceptan nalgúns lugares (peaxes de Francia ou na compañía de ferries Brittany Ferries, por exemplo). Visa ou Mastercard como tarxetas de crédito e Visa Electron e Maestro como de débito son das máis frecuentes.

Illa de Sherkin, fronte ó faro de Baltimore
Illa de Sherkin, fronte ó faro de Baltimore

Horarios:

Hai que ter en conta que os establecementos destes países sempre pechan antes que aquí, polo que moitas tendas sobre as 5 e media da tarde xa están pechadas. Excepcionalmente, en Irlanda teño visto supermercados abertos ata case as 10 da noite, e incluso en domingo. Os restaurantes e bares igual, polo que compre adiantar a hora da comida e da cea. Isto tamén é importante á hora de buscar aloxamento, especialmente en localidades pequenas.

Cómpre destacar que tanto no Reino Unido como Irlanda se debe retrasar unha hora o reloxo.

Ónde durmir:

Nestes países hai moitas posibilidades de aloxamento en cantidade e calidade, dende luxosos hoteis ata campings e albergues. No Reino Unido e Irlanda é moi común aloxarse en casas particulares onde te alugan unha habitación e inclúen o almorzo do día seguinte, coñecido polo nome de Bed and Breakfast (B&B). Hai moitísimos e en case todas as localidades. Soen estar sinalizados ó carón da estrada (moitos incluso poñen nun cartel se teñen habitacións libres, vacancies, ou está completo, no vacancies), aínda que tamén se poden localizar nas oficinas de turismo, en internet, etc… Pódense atopar caras e baratas, aínda que o prezo medio ronda as 60-65 libras no Reino Unido e os 60-65 euros en Irlanda. Os almorzos soen ser moi completos, podendo elixir en case todos entre o almorzo típico das illas (ovos, touciño, fabas, salchichas, tomate, …) ou o continental. Pero o mellor deste tipo de aloxamento é, sen dúbida, o trato familiar.

Cómpre destacar que nos cuartos de baño das habitacións onde durmimos nas illas teñen un sistema nas duchas un pouco estraño para nós, xa que se manexa cunha especie de interruptor onde tamén se regula a temperatura, posto en marcha previamente con outro interruptor que polo xeral está no teito e ten forma de cordel. Por outro lado, precísase un tempo para acostumarse ó funcionamento das cisternas.

Interruptor da ducha no teito do baño
Interruptor da ducha no teito do baño
Mando da ducha co interruptor de acendido
Mando da ducha co interruptor de acendido

Aparte do B&B, tamén se pode durmir en hoteis, hostels (unha especie de hostais), albergues ou campings, aínda que este último non o recomendo xa que nestas illas chove bastante, e pola noite soe facer bastante frío. Por esta razón nós só acampamos unha noite.

Non se debe esquecer ó entrar nas illas un adaptador de enchufes, xa que alí se utilizan de tres clavixas planas.

Enchufe que se utiliza no Reino Unido e Irlanda
Enchufe que se utiliza no Reino Unido e Irlanda

En Francia recomendo a máis ou menos versión francesa do B&B: a chambre d`hôtes. Aínda que as hai de moitas categorías e prezos, temos durmido nelas ata por 40€ a noite con almorzo en temporada baixa. Tamén se pode durmir barato nas cadeas de hoteis tipo Formule 1, Ibis, etc…

Ónde comer:

Persoalmente, considero a comida do Reino Unido e Irlanda bastante mala e pouco saudable, polo que recomendo sempre que sexa posible buscar un aloxamento con cociña. Nas localidades máis grandes sempre se pode atopar algún restaurante con comida de mellor calidade. Se de todas formas se decide xantar ou cear como a meirande parte dos nativos, acudiremos a un pub ou a diversos locais de comida rápida para tomar fish and chips, pizzas, e todo tipo de fritangas.

Música en directo nun pub irlandés
Música en directo nun pub irlandés

En Francia a cousa é ben distinta. Hai moitos tipos de restaurantes e en moitos deles teñen menús a escoller a prezos interesantes. Particularmente, eu recomendo comer de vez en cando nunhas das típicas creperías.

O vehículo:

Para rodar polas estradas destes países compre levar o permiso de circulación do vehículo, o recibo do seguro e recoméndase tamén a carta verde do seguro. Non está de máis pedir na compañía de seguros un parte europeo de accidente. Se o vehículo non leva distintivo do estado na placa de matrícula, debe colocar un adhesivo identificativo.

Vehículo de tres rodas de fabricación británica
Vehículo de tres rodas de fabricación británica

Tendo en conta que as luces do vehículo do continente non están adaptadas para circular pola esquerda, se recomenda pegar un adhesivo nos faros para que non deslumbren ós que nos cruzamos en sentido contrario. Eu merqueino nunha tenda do ferry que nos levou a Portsmouth.

Adhesivo para adaptar a luz dos faros á circulación pola esquerda
Adhesivo para adaptar a luz dos faros á circulación pola esquerda

Respecto ó combustible se pode atopar en todos estes países gasolina sen chumbo e gasóleo en todos eles sen problemas, iso si, máis caros. En Francia é recomendable repostar en gasolineiras dos centros comerciais, algo moi habitual alí, xa que o aforro respecto as estacións de servizo das autopistas é considerable. Ningunha das gasolineiras onde repostamos tiñan servizo atendido, como é común nestes países.

Conducir:

Como todos sabemos, tanto no Reino Unido como en Irlanda se conduce pola esquerda. Ó principio parece difícil, especialmente nas rotondas,  pero debo recoñecer que me adaptei bastante ben.

Débese un facer cun bo mapa de estradas. Co obxectivo de non andar con varios mapas, utilizamos o mapa de Europa de Michelín, que xa o temos utilizado noutras viaxes e estamos acostumados a el. As veces resulta interesante ter algún máis dunha zona en concreto cunha escala máis detallada; nós para elo usábamos os mapas das guías. Aparte tiñamos un G.P.S. con mapa de Europa de Viamichelín, sen actualizar dende o 2006, aínda que non incluía Irlanda. Aínda que non é infalible, si serve de gran axuda.

Estrada en Irlanda
Estrada en Irlanda

Nas Illas, tanto as distancias como os límites de velocidade se miden en millas e millas por hora respectivamente, cousa á que si me custou adaptarme. No caso dos límites de velocidade levaba pegada unha nota no salpicadero cos límites máis comúns de millas por hora pasados a quilómetros por hora. Soen ser de 30mph (48km/h) en cidade, 60mph (96km/h) en estrada e 70mph (112km/h) en autoestrada.

Nota no salpicadero cos límites máis comúns de millas por hora pasados a quilómetros por hora
Nota no salpicadero cos límites máis comúns de millas por hora pasados a quilómetros por hora

O estado das estradas principais en Escocia é bastante bo, aínda que non se pode dicir o mesmo das menos transitadas, como ás do máis ó norte. Algunhas destas son moi estreitas e cheas de “passing place”, que son pequenos ensanches onde esperar á que pase o vehículo co que nos cruzamos nas estradas onde non collen os dous á vez. Circular moitos quilómetros por este tipo de estrada pode ser desquiciante. En Irlanda o estado das estradas é bastante peor, especialmente nas zonas máis afastadas.

Passing place, en Escocia
Passing place, en Escocia

En Francia son moi frecuentes as autopistas de peaxe, moi boas pero caras. O límite máximo nelas é de 130 km/h pero con humidade baixa ata 110 km/h. Hai bastantes radares, uns sinalizados e outros non. Os condutores soen cumprir escrupulosamente cos límites de velocidade.

Aparcar:

Para aparcar nas cidades hai dúas opcións: Ou buscar un aparcamento subterráneo (máis cómodo, seguro e caro), ou buscar unha zona de aparcamento público na rúa. Neste último caso, buscar onde aparcar soe ser difícil, perdendo ás veces moito tempo en buscar un sitio libre. Cómpre, ademais, levar cartos soltos para os parquímetros, e controlar o seu límite de tempo.

Se desexades máis información podedes escribir a cabonorte2009@hotmail.es

Os meus lugares favoritos do nordés catalán

Apenas unha semana de viaxe para coñecer un pouco máis Cataluña é pouco tempo, polo que non me quedou máis remedio que ser un pouco selectivo e escoller unha zona que tiña moitas ganas de percorrer. Xa coñecía Barcelona e o espectacular Parc Nacional d’Aigüestortes i Estany de Sant Maurici doutras viaxes así que me decidín polo nordés, que comprende a provincia de Girona e a rexión do Rosselló (baixo administración española e francesa, respectivamente).

Besalú, un dos pobos medievais do nordés catalán
Besalú, un dos pobos medievais do nordés catalán

Como era de esperar, a viaxe non me defraudou en absoluto, aínda que como non dispoñía de moito tempo non puiden visitar todo o que desexaba. De todos os xeitos, gocei enormemente do percorrido e de moitos lugares que comentarei a continuación, que me pareceron os máis interesantes, e por iso considéroos como os meus favoritos desa zona. Denominar estes lugares como “os meus favoritos” é unha cuestión persoal, e é probable que para moita xente non sexan “os seus favoritos”, pero creo que esta información pode ser moi útil para quen visite esta zona en pouco tempo e teña que elixir que visitar. Estou seguro que esta selección non defraudará a un amplo número de futuros viaxeiros.

Partindo de Barcelona, Blanes e Lloret de Mar son as primeiras localidades da provincia de Girona que, segundo as guías de viaxe, teñen importancia turística. Só recomendo deterse nelas ao turista que busque sol, praia e moito ambiente, polo que para min é máis interesante seguir a GI-682 ata Tossa de Mar, e visitala con calma.

Tossa de Mar
Tossa de Mar

O máis interesante de Tossa de Mar é o seu recinto amurallado medieval, onde se pode dar un paseo polo interior para percorrer a Vila Vella. Tossa de Mar tamén ten unha boa praia e moitos lugares onde comer ou tomar algo, xa que é tamén un lugar moi turístico.
Continuando pola GI-682 cara ao norte, pódese gozar de excelentes vistas da Costa Brava ata Sant Feliu de Guixols, aínda que hai que conducir con coidado, xa que a estrada é estreita e con moitas curvas.

Peratallada
Peratallada

A seguinte localidade que estou seguro que non defraudará a ninguén é Peratallada, un pequeno pobo medieval moi ben conservado onde dá gusto pasear, especialmente se hai pouca xente (recomendo visitalo en horas con poucos turistas).

Peratallada
Peratallada

A poucos quilómetros de Peratallada, cara á costa, é imprescindible deterse nas ruínas gregas e romanas da cidade de Empúries.

Cidade grega en Empúries
Cidade grega en Empúries
Mosaico grego en Empúries
Mosaico grego en Empúries

Na parte máis próxima á costa están as ruínas da cidade grega e na máis afastada, as da cidade romana. Entre elas, temos o centro de interpretación, con distintos obxectos achados nas escavacións.

Cidade romana en Empúries
Cidade romana en Empúries

Continuando cara ao norte desde L’Escala ata Roses, a costa é practicamente unha continua praia, que atravesa o Parc Natural dels Aiguamolls de l’Empordà e a urbanización de Empuriabrava, con máis de 20 quilómetros de canles navegables. A pouca distancia de Roses chegamos a Cadaqués, un bonito pobo pesqueiro situado no macizo do Cap de Creus.

Cadaqués
Cadaqués

En Cadaqués recomendo pasar un bo intre percorrendo as súas estreitas rúas do casco antigo e visitar a igrexa de Santa María, que está no centro da poboación e desde onde se pode gozar dunha boa panorámica.

Portlligat
Portlligat

Ao norte de Cadaqués, na bahía de Portlligat, pódese visitar a Casa Museo de Salvador Dalí, onde residiu o artista namorado da beleza do lugar, moi preto do Cap de Creus, o punto máis oriental da Península Ibérica.

Parc Natural Cap de Creus
Parc Natural Cap de Creus

Na paisaxe do Cap de Creus e a súa contorna, que constitúe o Parc Natural Cap de Creus, destaca o seu relevo abrupto e a súa vexetación baixa, sen dúbida resultado da exposición da zona aos fortes ventos de tramontana e levante. Aparte de Cadaqués, recomendo visitar nesta zona El Port de la Selva e o mosteiro de Sant Pere de Rodes, desde onde se pode gozar dunhas impresionantes vistas.

Mosteiro de Sant Pere de Rodes
Mosteiro de Sant Pere de Rodes

Cambiando o rumbo cara ao interior atopámonos con Figueres, onde destaca o Teatro-Museo de Salvador Dalí, e se seguimos pola N-260 cara ao oeste chegamos a Besalú, outro bonito pobo medieval.

Besalú
Besalú

Continuando pola N-260 cara a Olot, a capital da comarca da Garrotxa, entramos no Parc Natural da Zona Volcànica da Garrotxa, considerado o mellor expoñente de paisaxe volcánico da Península Ibérica.

Castellfollit de la Roca
Castellfollit de la Roca

Nel, hai varios lugares que é imprescindible visitar, como Castellfollit de la Roca, pobo situado sobre unha parede de basalto de máis de 50 metros de alto, o faial de Jordà, Santa Pau e os volcáns de Croscat e Santa Margarida.

Interior do cráter do volcán de Santa Margarida
Interior do cráter do volcán de Santa Margarida

Rodeando Olot pola C-26, C-38 e a GIV-5221, pódese facer unha parada en Sant Joan de les Abadesses e en Camprodon antes de chegar a Beget.

Beget
Beget

Beget está moi ben conservado e, aparte da súa contorna, destaca a igrexa románica de Sant Cristòfol. É un lugar ideal para descansar e relaxarse, a condición de que non haxa moitos turistas.

Beget
Beget

Cruzando en posto fronteirizo de Portbou, entramos na zona catalá baixo administración francesa. A estrada D-914 e D-114 achégannos a Perpinyà, mentres gozamos das vistas ao Mediterráneo. Logo de Perpinyà, recomendo tomar a N-116 cara ao interior, para visitar a comarca do Conflent e o macizo do Canigó, coa súa cima mítica para os cataláns de 2784 metros de altitude.

Pico Canigó dende Vernet
Pico Canigó dende Vernet

Para rematar, e tras facer unha parada en Vilafranca de Conflent, é imprescindible subir ata a abadía de Sant Martí del Canigó, situada no alto da localidade de Castell sobre un pico de 1055 metros de altitude.

Abadía de Sant Martí del Canigó
Abadía de Sant Martí del Canigó

FIN
Para máis información, podes deixar un comentario ou escribir a cabonorte2009@hotmail.es

IPARRALDE, as provincias vascas do norte

Como Iparralde coñézense as tres provincias vascas que están baixo administración francesa, e comprende unhas das zonas do territorio vasco que mais teño visitado, moitas veces como lugar de paso de outras viaxes ou pola cercanía a distintas excursións a zonas limítrofes.

O interior

Caseríos espallados entre os campos baixo un suave relevo ondulado é a paisaxe máis habitual do interior do Iparralde. Desplazarse polas estradas e camiños que nos levarán ás localidades máis turísticas desta zona xa nos fai disfrutar da viaxe.

Caserío no interior do Iparralde
Caserío no interior do Iparralde

Pequenas localidades como Ainhoa, Ezpeleta (Espelette en francés) ou Sara (Sare en francés) son extraordinarios exemplos de pobos vascos perfectamente conservados, onde debemos deternos para visitarlos. Neles, ademáis de pasear, podemos mercar productos típicos da zona (coma os pementos de Ezpeleta), tomar algo, comer ou incluso durmir en pequenos hoteis ou “chambres de hotes”.

Ainhoa
Ainhoa
Espelette
Ezpeleta
Descansando en Espelette
Descansando en Ezpeleta

Preto de Sara é posible tomar o “Petit Train de la Rhune”, un pequeno tren turístico que nos levará ó Pico Larrun, dende onde podemos contemplar, se a climatoloxía o permite, unha impresionante panorámica da zona.

Le petit train la Rhune
Le petit train la Rhune
O Iparralde dende o Pico Larrun
O Iparralde dende o Pico Larrun

A poucos quilómetros cara ó interior do Iparralde se pode facer unha parada na localidade de Donibane Garazi (Saint Jean Pied de Port en francés ou San Juan Pie de Puerto en castellano), moi coñecida como lugar de partida do Camiño de Santiago cara Compostela polo camiño francés. Nela pódese visitar o castelo e as suas murallas.

Rua en Saint Jean Pied de Port
Rua en Donibane Garazi
Rio Errobi en Donibane Garazi
Rio Errobi en Donibane Garazi

Continuando cara ó interior, nas beiras das montañas do prepirineo, a fermosa aldea de Larraine (Larrau en francés) ou a curiosa igrexa do século XI en Urdatx Santa Grazi (Sainte Engrâce en francés) son dúas importantes paradas nesta excursión polo interior do Iparralde.

Larraine
Larraine
Igrexa do século XI en Urdatx Santa Grazi
Igrexa do século XI en Urdatx Santa Grazi

O litoral

A costa do Iparralde é a que comprende dende a desembocadura do Río Bidasoa ata a do Río Aturri (Adour en francés). Este litoral caracterízase pola presenza de bonitas paisaxes e interesantes poboacións, como Donibane Lohizune. Pódese percorrer en coche, bicicleta e incluso andando por unha senda litoral ben sinalizada. Comezando por Hendaia (Henaye en francés e Hendaya en castellano) paseando polo porto desta localidade divisaremos unha boa panorámica de Hondarribia, ó outro lado da ría. A carón do porto, comeza unha magnífica praia que soe estar chea de xente no verán, e que remata preto dun outeiro coronado polo Château d’Abbadie, do século XIX.

Praia de Hendaia
Praia de Hendaia
Château d'Abbadie
Château d’Abbadie

Seguindo a estrada da costa dende Hendaia cara ó norte divisamos unha paisaxe de cantís con múltiples pliegues. A beira dun cantil preto de Hendaia, podemos visitar restos de  baterías de cañóns.

D 912 pola costa do Iparralde
D 912 pola costa do Iparralde
Paisaxe de cantís na costa do Iparralde
Paisaxe de cantís na costa do Iparralde
Interior dun búnker da segunda guerra mundial
Interior dunha bateria de cañóns

Continuando pola estrada da costa chegamos as poboacións de Ziburu e Donibane Lohizune (Ciboure e Saint Jean de Luz en francés, respectivamente), interesantes poboacións mariñeiras e turísticas, xa que aparte da sua beleza, están preto de estupendas praias. En Donibane Lohizune pódese admirar tamén a igrexa de San Xoan Bautista, onde se casou Lois XIV.

Donibane Lohizune
Donibane Lohizune
Casas con acceso á praia en Donibane Lohizune
Casas con acceso á praia en Donibane Lohizune
Ziburu
Ziburu
Sokoa e o seu castelo dende Zubiri
Sokoa e o seu castelo dende Ziburu

Despois de Donibane Lohizune pasamos polas localidades de Getaria e Bidart, famosas polas suas praias cercanas, ata chegar a Biarritz, importante centro turístico de veraneo. Biarritz púxose de moda no século XIX polas propiedades terapeuticas da sua auga de mar así como por ser o lugar escollido para veranear pola emperatriz Eugenia, esposa do emperador Napoleón III. Na actualidade tamén é coñecida polo seu casino e a práctica do surf nas praias de preto da cidade. Todas estas cousas fan de Biarritz un destino moi concurrido especialmente en período de vacacións, onde se enchen os numerosos bares e restaurantes do centro. Pola contra, esta cidade tan enfocada ó ocio fai que non teña o encanto de outras localidades do Iparralde que non perderon a súa esencia vasca.

Costa preto de Biarritz
Costa preto de Biarritz
Antigo porto e iglesia de Sainte Eugénie
Antigo porto e iglesia de Sainte Eugénie
Casino e praia de Biarritz
Casino e praia de Biarritz

Baiona

Pódese considerar como a poboación máis importante do Iparralde, polo menos dende o punto de vista administrativo. Baiona (Bayonne en francés e Bayona en castellano) é unha cidade que conserva a súa identidade vasca, como se pode observar nos seus edificios da zona vella, dividida polo Rio Nive que delimita a “Petit” da “Grand”  Baiona.

Rua no "Petit Bayonne"
Rua no “Petit Bayonne”

Dende o punto de vista turístico, Baiona ten moito interese. Comezando pola catedral do século XIII, declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no 1998, os castelos vello e novo, e os museos Vasco e Bonnat, neste último se expoñen obras de pintores como O Greco, Goya, Rembrandt ou Rafael.

Catedral de Baiona dende as ruas do casco vello
Catedral de Baiona dende as ruas do casco vello
Claustro da catedral de Baiona
Claustro da catedral de Baiona

Baiona pódese considerar un excelente lugar como base para as excursións polo Iparralde, no cal podemos atopar múltiples restaurantes de todo tipo, e bares onde sempre hai ambiente, e non so no verán. Dispón ademáis de aloxamentos de todo tipo como varios hoteles e “chambres de hotes”.

Río Nive en Baiona
Río Nive en Baiona
"Grand" Baiona á beira do Nive
“Grand” Baiona á beira do Nive
Vista de Baiona, coa catedral ó fondo, dende a beira do Río Aturri
Vista de Baiona, coa catedral ó fondo, dende a beira do Río Aturri

FIN

Portugal: Lisboa e costa de estremadura

LISBOA

A capital de Portugal ten certos lugares que merece a pena visitar. Aparte dos enclaves turísticos típicos como o Castelo de São Jorge, a Sé, Elevador de Santa Xusta,  a Torre de Belem e o Mosteiro dos Xeromes, na cidade hai barrios e lugares onde disfrutar paseando ou simplemente tomando algo, como pode ser os barrios de Alfama ou o Chiado.

Hai dúas datas que foron determinantes para comprender a estructura da Lisboa actual, a primeira delas, e máis importante, é o 1 de Novembro de 1755, data na cal un forte terremoto duns 9 grados sobre a escala Richter, seguido dun maremoto, destruiu case toda a cidade, causando milleiros de mortos. Case toda a cidade tivo que ser reconstruida de novo, polo que foi amplamente reformada segundo os plans do Marqués de Pombal. Como testigo deste terremoto na actualidade pódese ver as ruinas do Convento do Carmo, no céntrico barrio do Chiado.

A outra data a ter presente é o 25 de Agosto de 1988, data na cal ardeu unha parte do famoso barrio lisboeta do Chiado, que obligou a reconstruir unha parte deste, sobre todo a moi afectada Rua do Carmo.

Unhas das zonas que menos sufriron os danos do terremoto, falando dende o punto de vista arquitectónico, foi o barrio de Alfama, que conserva unha estructura apenas planificada. Na actualidade este barrio ten un carácter  de barrio menos “urbano”, con poucos grandes edificios e con numerosas casas onde moitos dos seus veciños se coñecen. A roupa tendida na fachada destas casas e un rasgo común deste barrio, así como os seus locales onde se cantan os famosos fados.

Barrio de Alfama. Lisboa
Barrio de Alfama. Lisboa

No alto do Barrio de Alfama está o Castelo de São Jorge, dende onde hai moi boas vistas da cidade, así como en outros miradoiros próximos. Un deles está situado xunto á outra das visitas obrigadas para un turista habitual, a Sé, tamén no barrio de Alfama.

A Sé. Lisboa
A Sé. Lisboa

Despois de percorrer Alfama, pódese visitar unhas das zonas mellor planificadas tras o terremoto de 1755, un conxunto de ruas que teñen como eixo a Plaza do Comercio e Restauradores.

Rua Augusta e ó fondo a Praça do comércio
Rua Augusta e ó fondo a Praça do comércio

Neste lugar, así como por toda a cidade, pódense ver os típicos tranvias de Lisboa.

Tranvia en Lisboa
Tranvia en Lisboa

Nun extremo da Rua de Santa Xusta, lindando co barrio do Chiado, temos o Elevador de Santa Xusta, que nos deixa xusto a carón do Convento do Carmo, en ruinas dende o terremoto de 1755.

Elevador de Santa Xusta. Lisboa
Elevador de Santa Xusta. Lisboa

As vistas da cidade dende a parte alta do Elevador de Santa Xusta son excelentes.

Vistas dende o elevador de Santa Xusta. Lisboa
Vistas dende o elevador de Santa Xusta. Lisboa

Usando o elevador aforramos de subir a pendente que nos leva o barrio do Chiado. O barrio do Chiado sufriu o gran incendio do 1988, sendo posteriormente restaurada a sua parte danada. Na actualidade, o barrio do Chiado é un importante barrio cultural e comercial de Lisboa.

Rua do Carmo. Lisboa
Rua do Carmo. Lisboa

Xa nas aforas de Lisboa, seguindo a costa ó oeste, atopamos o barrio de Belem, un dos mais monumentais da cidade. O Mosteiro dos Xeromes e a fermosísima Torre de Belem, ambas clasificadas pola Unesco como Patrimonio da Humanidade, fai obrigada á súa visita.

Torre de Belem. Lisboa
Torre de Belem. Lisboa

Dende a mesma Torre de Belem, pódese contemplar dende a beira do Rio Tejo a Ponte 25 de Abril, que comunica a cidade coa beira sur.

Ponte 25 de Abril. Lisboa
Ponte 25 de Abril. Lisboa

A ponte recorda ó Golden Gate de San Francisco, así como o Cristo Rei, preto do extremo da ponte pola beira sur, recorda o Cristo Redentor de Rio de Janeiro.

Cruzando a Ponte 25 de Abril. Lisboa
Cruzando a Ponte 25 de Abril. Lisboa

COSTA DE ESTREMADURA

Cando se vai visitar Lisboa non se pode deixar de visitar certos lugares que están situados a poucos quilómetros da capital. Se tomamos a autoestrada dirección sur, cruzando o Tejo pola Ponte 25 de Abril, temos unha fermosa costa con praias e piñeirais que se extenden ata o Cabo Espichel, onde se pode ver o seu bonito faro sobre os cantís, así coma o Santuario de Santa María do Cabo Espichel.

Santuario de Santa María do Cabo Espichel
Santuario de Santa María do Cabo Espichel

Se continuamos pola costa, cara ó leste atopámonos coas poboacións de Sesimbra (moi frecuentada no verán) e Setúbal. Entre estas localidades podemos disfrutar do Parque Natural da Serra da Arrábida, onde temos lugares para contemplar unhas amplias vistas panorámicas do mesmo, así como de praias na súa vertente costeira. Recomendo parar no precioso enclave de Portinho da Arrábida, e disfrutar da sua praia e se se vai con tempo, do Museu Oceanográfico.

Paisaxe costeiro da Serra da Arrábida
Paisaxe costeiro da Serra da Arrábida

Despois de percorrer a costa, é recomendable adentrarse cara ó interior uns poucos quilómetros hacia ó norte de Setúbal para visitar ó cumio da localidade de Palmela, onde disfrutar das vistas panorámicas, muiños de vento e o seu castelo. Neste punto, pódese pasar a noite na Pousada.

Vistas dende o Castelo e Pousada de Palmela
Vistas dende o Castelo e Pousada de Palmela

Cara o norte e oeste de Lisboa tamén hai moitos lugares moi interesantes. Se seguimos a estrada da costa polo oeste , a ser posible a N6, chegamos as coñecidas poboacións de Estoril e Cascais. Ambas son importantes destinos de veraneo, e a primeira delas é famosa sobre todo polo circuito de Formula 1 e o casino. Cascais e un bo lugar para pasear.

Se continuamos pola costa rodeamos o Cabo Raso así coma a Praia do Guincho, a mar aberto. Seguindo pola N 247 chegamos ata o Cabo Roca, o punto máis occidental da Europa continental.

Cabo de Roca
Cabo de Roca

Dende o Cabo de Roca pódese tomar a estrada que nos leva ata Sintra, pasando por localidades como Colares. Sintra é unha fermosa localidade, declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco, a carón da serra que leva o seu nome. Pasear polas suas rúas, probar a gastronomía da zona nos seus numerosos restaurantes, así como as famosas “queixadas”, é o mellor que se pode facer aparte da imprescindible visita ó Palacio Nacional de Sintra, antiga residencia da realeza portuguesa.

Palacio Nacional de Sintra
Palacio Nacional de Sintra

A pouca distancia do centro de Sintra, no alto da Serra, está o Palacio de Pena, tamén residencia da realeza portuguesa, aínda que máis contemporáneo, concretamente do século XIX.

Patio do Palacio de Pena. Sintra
Patio do Palacio de Pena. Sintra

As vistas dende o Palacio da Pena son fantásticas, sempre e cando a visibilidade o permita.

Vista dende o Palacio de Pena. Sintra
Vista dende o Palacio de Pena. Sintra

Seguindo cara á costa, e a pouco máis de 20 quilómetros de Sintra, atopamos o bonito pobo mariñeiro de Ericeira. Cando o visitei, a finais de decembro, había un gran temporal que facía bater fortemente o mar contra as rochas. Supoño que no verán será todo ben diferente.

Ericeira
Ericeira
Ericeira. Igrexa no Largo de Santa Marta
Ericeira. Igrexa no Largo de Santa Marta

Seguimos pola estrada da costa, onde se poden ver numerosas praias, ata a localidade amurallada de Peniche, onde destaca o Forte de Peniche.

Forte de Peniche
Forte de Peniche

Peniche atópase na entrada da pequena península do mesmo nome. No seu extremo cara ó mar pódese contemplar o mar dende o Cabo Carvoeiro, onde se hai boa visibilidade veremos ó fondo as Illas Berlengas. Dende o faro, se miramos cara ó norte, divisamos a curiosa rocha con forma de barco coñecida como Nau dos Corvos.

Nau dos Corvos, no Cabo Carvoeiro. Peniche
Nau dos Corvos, no Cabo Carvoeiro. Peniche

Moi preto da Península de Peniche, cara ó norte, atópase a pequena e ben coidada localidade de Baleal, situada tamén no extremo dunha pequena península rochosa. O seu itsmo está formado por duas praias separadas por unha estreita e curta estrada que da acceso o pobo. Estas praias, e as dos arredores, son consideradas un paraíso surfista.

Baleal
Baleal

Tras visitar Baleal, non hai escusa para percorrer uns poucos quilómetros cara ó interior ata Óbidos. Esta vila amurallada consérvase en excelente estado, e ainda que soe estar chea de turistas, ten moito encanto. Como fago sempre que visito lugares tan turísticos, espero ata a noite ou ata a mañá cedo do día seguite para paseala. Aparte das murallas,( ás que se pode subir a elas e percorrerlas andando, cousa que resulta algo perigosa) temos a Praza de Santa María e o Castelo, hoxe reformada nunha luxosa Pousada.

Un rincón de Óvidos
Un rincón de Óvidos
Óvidos e a súa muralla
Óvidos e a súa muralla
Panorámica de Óvidos, co seu castelo ó fondo
Panorámica de Óvidos, co seu castelo ó fondo

Volvendo cara á costa, saímos de Óvidos cruzando Caldas da Raíña, dirixíndonos hacia São Martinho do Porto, que presume dunha enorme praia, bastante abrigada do mar aberto. Se seguimos cara ó norte, chegamos a Nazaré, tamén con preciosas praias e vistas, e con bastante ambiente no verán.

Nazaré e a sua praia vista dende O Sitio
Nazaré e a sua praia vista dende O Sitio
Santuário de N. Sra. de Nazaré
Santuário de N. Sra. de Nazaré

Deixamos a costa uns quilómetros ó interior para rematar o percorrido en dous lugares moi interesantes dende o punto de vista cultural. O primeiro deles é o Monasterio de Alcobaça, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Unha das cousas que fai famoso a este monasterio son as impresionantes tumbas de Pedro I e a sua muller Inés de Castro.

Mosteiro de Alcobaça
Mosteiro de Alcobaça
Tumba de Pedro I no Mosteiro de Alcobaça
Tumba de Pedro I no Mosteiro de Alcobaça

Rematamos o percorrido a pouca distancia de Alcobaça, concretamente no fermoso Mosteiro de Batalha, de orixe gótico, onde cabe destacar as tumbas reais, a sala capitular (onde contén a tumba do soldado descoñecido como lembranza dos portugueses mortos durante a primeira guerra mundial), ou as Capelas Imperfeitas (ou Capelas Inacabadas, que non se lograron rematar de construir).

Mosteiro de Batalha
Mosteiro de Batalha

FIN

VIAXE Ó CABO NORTE (completo)

VIAXE Ó CABO NORTE

Diario da viaxe realizada en coche dende Lugo ó Cabo Norte (Noruega) en Xullo de 2009, seguindo o percorrido que se pode ver no seguinte mapa:

Mapa da ruta realizada

A VIAXE:

Ésta é unha viaxe que xa queriamos facer desde fai tempo, sobre todo eu, que teño lido moito dos países escandinavos en especial da súa natureza, así que despois de varios viaxes por Europa, coma o primeiro contacto con Escandinavia na viaxe do ano pasado á Dinamarca, por fin se deron as circunstancias idóneas para realizar esta viaxe. Como condicionais da viaxe acordamos, entre os dous, destinar un presuposto entorno os 1500 – 2000 € por persoa (3000 – 4000 € en total), entre 20 e 25 días de duración e sobre todo ir facendo turismo desde practicamente o primeiro día da viaxe, sen levar nada reservado, a excepción das dúas primeiras noites en Francia, para improvisar os nosos destinos diarios.

O noso destino era moi claro: O Cabo Norte, e tiñamos pensado subir vendo as praias do desembarco de Normandía, Bruxas, Gotemburgo e Estocolmo. Xa no retorno, gustaríanos ver as Illas Lofoten e despois xa iríamos improvisando, pero sen voltar por toda a costa Noruega, xa que suporíanos moitos máis días e cartos e, ademais, a esa zona gustaríanos dedicarlle outra viaxe.

Utilizamos o meu coche, un Toyota Avensis Wagon Sol D4D 126 CV do 2008 e cargámolo coas nosas maletas e algo de comida así coma material de acampada, mesa e sillas portátiles, sábanas e un edredón.

A continuación detallase o diario da viaxe, explicando o percorrido día por día. Ó final de cada xornada indícase:

– Os gastos pagados nese día: Inclúe todo o que se pagou nese día: aloxamento, gasoil, comida, peaxes, cafés, etcétera

– Os quilómetros percorridos ese día: Inclúen todos os quilómetros percorridos nesa xornada, desde que se arranca o coche ó inicio da xornada ata que se apaga cando se aparca ata o día seguinte, polo que resulta o desprazamento dunha cidade á outra, as rutas turísticas, buscar aloxamentos,… e tamén os km de máis que fas cando te perdes.

– O tempo durante a xornada, desde o punto de vista climatolóxico, por suposto.

2 DE XULLO: LUGO – SAINT YZANS DE MEDOC

Saímos de Lugo en torno as 10 da mañá co obxectivo de chegar a unha casa rural que tiñamos reservada na zona vinícola do Medoc, preto do Burdeos. Decidimos ir por Burgos, xa que se aforra tempo na viaxe, e xantamos estupendamente de menú nun restaurante preto do Porto do Etxegarate, xunto a A-1. Cruzamos o antigo posto fronteirizo de Behobia sobre as 4 da tarde, chegando ós arredores de Burdeos sobre as 7. A casa rural que tiñamos reservada estaba situada uns 100km ó noroeste de Burdeos, na coñecida zona vinícola do Medoc, ó carón da “ría” do Gironde. Nós xa coñecíamos outra zonas vinícolas de Burdeos pero non ésta.

Saint Christoly Médoc

Esa saída do Gironde ó mar é unha zona moi influenciada polas mareas, coma se pode ver no “porto” de Saint Christoly Médoc desta foto. Neste caso, a marea estaba baixa, e pódese ver na foto a cantidade de lodo que deixa o río cando baixa. O Gironde no seu tramo final ten un color marrón, que non incita en absoluto ó baño.

Gironde en Saint Christoly Médoc

Outra curiosidade desta zona son estas casetas que entran no Gironde e teñen no seu extremo unha rede que se pode introducir na auga para pescar.

A casa onde durmimos chamábase La Hourqueyre custaba 56 € incluíndo un bo almorzo e estaba bastante ben. http://www.toprural.com/casa-rural-habitaciones/la-hourqueyre_f-fr-cx-26478.htm

Gastos pagados no día: 84.3 €

Km percorridos no día: 903.4 km

Tempo bastante bo, algo cuberto pero sen chuvia.

3 DE XULLO: SAINT YZANS DE MEDOC – BRICQUEVILLE

Despois dun bo almorzo preguntámoslle a propietaria da casa, que falaba algo español, se había un ferry para cruzar o Gironde, xa que si non tiñamos que dar a volta por Burdeos, o que suporía máis quilómetros, horas de viaxe e gastos. Contestounos que había un ferry xusto na unión do Gironde co atlántico, e que saía cunha frecuencia dunha media hora, así que non o dubidamos.

Ferry Le Verdón – Royan

O ferry era bastante cutre, en comparación cos que temos ido outras veces, pero aforrounos bastante camiño. Xantamos nunha área de servizo ó carón da autovía  pouco antes de chegar a Rennes, e antes das 6 da tarde xa chegáramos a Bricqueville, unha pequena aldea preto de Bayeux, na Normandía. Dimos bastantes voltas pola dispersa aldea e non dimos atopado a casa que tiñamos reservada, polo que tivemos que buscar alguén para preguntar. Despois de outras cantas voltas atopamos a un home que non sabía falar máis que francés, polo que a comunicación era imposible aínda que el se esforzaba moitísimo en explicarnos. Despois dun rato decidiu que a mellor forma de explicarnos era coller o seu coche e que o seguíramos, cousa que fixemos e llo agradecemos enormemente. A casa era preciosa, e moi barata, 48€ con almorzo, con cociña e unha fermosísima habitación cun baño moi completo.

Omaha Beach

Despois de localizar a casa aproveitamos para ir ver algunha praia do desembarco, polo que decidimos visitar Omaha Beach. Despois desprazámonos ata a punta de Hoc (Pointe du Hoc), onde se atopan as famosas baterías de cañóns que foron conquistadas polos aliados, polo que se poden ver os refuxios, a localización dos cañóns e un memorial. Ésta visita é moi recomendable e é libre, polo que non hai nin que pagar entrada (cousa raríiisima en Francia) e se pode ver a horas “intempestivas” na Europa, xa que nós a visitamos pasadas as 8 da tarde.

Batería de cañóns en Punta de Hoc

O día rematámolo cunha boa cea aproveitando a cociña que dispoñiamos nesta preciosa casa, chamada Ferme de l´Isle: http://www.toprural.com/casa-rural-habitaciones/ferme-de-l-isle_f-fr-cd-29021.htm

Gastos pagados no día: 164 €

Km percorridos no día: 674.6 km

Tempo moi soleado con bastante calor

4 DE XULLO: BRICQUEVILLE – BRUXAS

Empezamos o día cun fabuloso almorzo que nos preparou a encantadora Beatrice, quen atende la Ferme de l´Isle (mágoa que non  fale máis que francés!). Despois, decidimos ir visitar algunha praia máis do desembarco. A Normandía ten moito que visitar, aparte das praias ten varios cantís, moitísimos museos sobre o desembarco, así coma varios cemiterios e memoriais, polo que o normal é estar varios días (intentarei volver cando poda). Decidimos entón facer unha visita á famosa localidade de Arromanches les Bains, onde se poden ver os restos dun dos portos artificiais remolcados polos aliados  desde Inglaterra.

En primeiro plano e ó fondo, restos do porto remolcado polos aliados ata a praia de Arromanches les Bains

Dende Arromanches les Bains seguimos pola costa ata Caen, cruzando despois a enorme ponte de peaxe que cruza o Río Sena ó carón de Le Havre. Antes de chegar a Calais, paramos a comer algo nunha área de servizo. Neste punto estamos moi preto do túnel do Canal da Mancha, e se nota polos cada vez máis numerosos coches con matrícula británica e porque sintonizamos algunha emisora en inglés. Case sen darnos conta xa estabamos en Bélxica

Sobre as 5 da tarde chegamos a impresionante cidade de Bruxas (Brugge en flamenco). Deixamos o coche nun aparcamento subterráneo preto do centro e decidimos buscar un hotel o máis céntrico posible, e atopamos o Hotel Erasmus, a catro pasos da Praza do Mercado. Despois pateamos toda a zona turística da cidade, facendo un descanso para cear nun dos moitísimos restaurantes da zona histórica, polo xeral bastante ben de prezo. O máis bonito da cidade, para o meu gusto, son os canais (a min recordábame bastante a Amsterdam) e a Praza do Mercado. Xa entrada á noite, voltamos ó Hotel.

O Hotel estaba moi ben, e o aire acondicionado se agradecía. Saíunos por 120€, que non está mal tendo en conta que está en pleno centro, ten bastantes comodidades e é sábado (nos hoteis de aquí soen cobrar máis en fin de semana). O único pero é que non incluía o almorzo:  http://www.hotelerasmus.com/hotel/index.cfm?langue=UK

Canal en Bruxas

Gastos pagados no día: 139.2 €

Km percorridos no día: 519.0 km

Tempo moi soleado e con moita calor

5 DE XULLO: BRUXAS – NEUMÜNSTER

Como nos levantamos cedo, aproveitamos para dar outro paseo polo centro histórico da cidade. É domingo, e iso se nota nas rúas case baleiras.  Visitamos a Praza do Concello, xa que ó día anterior estaba pechada por mor dun concerto ó aire libre. Para fuxir do agobio turístico recomendamos ver esta cidade ás primeiras horas da mañá (mellor se é domingo) ou xa de noite.

Bruxas. Praza do mercado
Praza do Concello. Bruxas

Despois collimos o coche no aparcamento subterráneo onde o deixamos (Parking Centrum, en Het Zand), pagando apenas 7 € por 17 horas, nada que ver cos abusivos prezos de aquí. Collemos de novo a autoestrada rumbo ó norte de Alemaña. As autoestradas belgas e holandesas son moi boas, con bo firme, ben sinalizadas e sen peaxes. Soen ter moito tráfico, cousa que non nos afectou ó ser domingo pola mañá. Ademais, polo que puiden comprobar neste e nun viaxe anterior, entre estes países non hai posto fronteirizo de ningún tipo, polo que só sabes que entras en Holanda polo sinal ó carón da autoestrada. O único incidente que nos pasou nestas autoestradas é que unha pomba golpeounos ó espello retrovisor esquerdo do coche  e descompúxoo bastante, cousa que solucionei cunha reparación de urxencia.

Xantamos uns bocadillos nunha área de servizo próxima á fronteira con Alemaña e seguimos dirección Bremen e Hamburgo. Ésta é a terceira vez que conduzo por autoestradas alemanas, e das dúas anteriores ocasións non teño especialmente bo recordo delas debido á grande cantidade de tráfico e as continuas obras, ademais hai bastantes tramos limitados (sobre todo se inclúes os tramos de obras). Isto fai que só podes ir sen límite de velocidade con seguridade durante pouco tempo. Por outro lado, raro é a vez que non se ve un accidente por alcance, xa que moitos non respectan a distancia de seguridade. Nesta ocasión tivemos pouco tráfico.

Tras pasar Hamburgo, decidimos parar na cidade de Neumünster a buscar ónde durmir. Non tardamos en atopar o Hotel Hildebrandt´s, bastante céntrico, moi novo e cunha bonita decoración “zen”. A nosa habitación tiña unha terraza con vistas a un estanque con peixes. Ademáis tiña wifi libre (cousa que non atopamos dende que paramos, exclusivamente para iso, no Mc Donald de Bayeux). O prezo da habitación foi de 99 € incluído un completísimo almorzo: http://www.hildebrandts-hotel.de/index.php

Aínda que Neumünster non é moi turístico, dimos un paseo pola cidade e despois cenamos unha boa pizza, unha completa ensalada, cervexas e café por menos de 20 euros.

Gastos pagados no día: 179.3 €

Km percorridos no día: 718.0 km

Tempo soleado e bastante calor, aínda que menos que o día anterior

6 DE XULLO: NEUMÜNSTER – BASTAD

Nesta viaxe, a nosa intención era seguir a autoestrada 7/E45 ata Frederikshavn, xa en Dinamarca, e unha vez alí coller o ferry que te deixa xusto en Gotemburgo. Pero aproveitando a wifi do hotel, descubrimos que dito ferry podía estar completo, e ademais, resultábanos máis caro que entrar en Suecia cruzando a Ponte de Öresund, así que escollimos esta segunda opción.

Despois do estupendo almorzo do hotel, saímos dirección Puttgarden, e alí collemos o ferry que nos deixa en apenas media hora en Rødbyhavn, xa en Dinamarca. Tivemos moita sorte, xa que apenas tivemos que esperar cola. Logo duns 160 km por unha boa autoestrada chegamos a Copenhague (København, en danés), e xusto despois cruzamos a famosa Ponte do Öresund.

Ponte do Öresund

Ésta ponte une Dinamarca con Suecia por estrada dende que foi inaugurada no ano 2000. Mide 16 km e está composta por unha ponte, un túnel baixo o mar e unha illa artificial no medio. Cruzala costa case 40 euros para turismos, e a área de peaxe está xusto o pisar territorio sueco, preto da cidade de Malmö.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Ponte_de_Oresund

Tras abonar o peaxe, seguimos uns poucos quilómetros a autoestrada dirección Gotemburgo e paramos a xantar algo preto dunha estación de servizo, baixo unha intensa tormenta. Suecia é o primeiro país que pisamos nesta viaxe onde non estivemos nunca, polo que todo nos resulta algo máis estraño. Pouco despois de xantar, deixamos a autoestrada e decidimos buscar onde durmir preto de Båstad.

Paramos na pequena poboación costeira de Torekov, e preguntamos no camping desta localidade por canto nos saía unha cabaña para esa noite. A resposta foi de uns 120€ (non me lembro a cifra exacta en coronas), prezo que me pareceu abusivo. Seguimos buscando ata que atopamos un cartel anunciando un Bed & Breakfast no que decidimos preguntar. Nesta bonita casa tiñan habitacións libres por uns 60 euros incluíndo almorzo e cociña, así que non dubidamos en quedarnos: http://www.sjobyggaregarden.se/

Costa en Bastad

Unha vez localizado aloxamento, fixemos un pouco de turismo por esta zona costeira onde abundan as praias coma a da foto. Despois paseamos pola localidade de Båstad, a “capital” da zona, onde se xoga o famoso Torneo de tenis de Båstad.

Voltamos á casa e facemos unha boa cea aproveitando a completísima cociña. Logo descansamos no salón mentres líamos guías de viaxe sobre Escandinavia. Eran as 11 da noite e aínda había algo de claridade, e ó lonxe podíase ver unha espectacular treboada. Eran desas imaxes que nunca se poden esquecer.

Gastos pagados no día: 194 €, 413 SEK (38.96 €)

Km percorridos no día:  467.0 km

Tempo variable, con algunha treboada

7 DE XULLO: BÅSTAD – GOTEMBURGO

Estamos a pouco mais de 170km de Gotemburgo, así que hoxe non toca madrugar en exceso e podemos saborear aínda máis o estupendo almorzo. A nosa intención era chegar á Gotemburgo (Göteborg, en sueco) sobre o mediodía, onde quedaramos en visitar a uns amigos que residen alí. Cando chegamos,os chamamos para que nos dixeran a dirección para introducila no GPS, cousa que fixemos erroneamente, xa que non nos aclaramos coas ø, β, å, ö… letras que non nos resultan nada familiares. Paramos o coche e atopamos a un chileno que, non só nos axuda a introducir a dirección no GPS, senón que se sube ó seu coche e nos di que o sigamos ata alí. Sempre se agradece atoparse con xente tan amable e simpática, pero máis aínda cando estás perdido!

Unha vez localizados ós nosos amigos, nos levan dar unha volta ó redor do precioso lago Slätta damm, e de paso sacamos de paseo a Nina, unha bonita cadela da raza labrador. Despois, invitáronnos a unha riquísima cea sueca, e cuns cantos viños de Rioja e algunhas cervexas danesas, estivemos de charla ata ben entrada a madrugada.

Gastos pagados no día:  650 SEK (61.32 €)

Km percorridos no día:  210.0 km

Tempo bastante bo, aínda que con algo de bochorno. Algunha treboada nocturna.

8 DE XULLO: GOTEMBURGO – ESTOCOLMO

Éste é o primeiro e único día que nos erguimos tarde nesta viaxe, sobre as 12 do mediodía, e estamos algo cansos (por non dicir resacosos). Pese a todo, o día presentase soleado e moi caluroso, e os nosos amigos ofrécense a ensinarnos o centro de Gotemburgo. A cidade ten un centro bastante tranquilo, tendo en conta que ronda o medio millón de habitantes, así que nada de tráfico agobiante nin xente estresada, ademais conta con rúas bastante amplas e bastantes zonas verdes.

Canal fronte á Feskekörka. Gotemburgo

O mar está presente en todo Gotemburgo, xa que din que o seu porto é o máis grande de Escandinavia, ademais conta con algún canal (como o da foto) e pódense dar distintos paseos turísticos en barco polo arquipélago.

Feskekörka: Igrexa do Peixe. Gotemburgo

Como curiosidade poño esta foto da Igrexa do Peixe (Feskekörka, en sueco), chamada así porque, aínda que parece unha igrexa, é en realidade unha lonxa de peixe.

Unha vez visto o centro de Gotemburgo, saímos  rumbo Estocolmo sobre as 5 da tarde despois de despedirnos dos nosos amigos, ós que lle estaremos agradecidos eternamente polo aloxamento, comida e por coidarnos tan ben durante a nosa estancia en Gotemburgo: Kersty, Lito e Sofía, un millón de gracias!!!

Sofía reservounos habitación nun hostal (hostel) no centro de Estocolmo, e tiñamos que chegar alí antes das 10 da noite. Fixemos os 470 km ata Estocolmo algo resacosos, e gracias o GPS atopamos o hostal á primeira. O hostal  STM Fridhemsplan  é moi grande e dispón de aparcamento e wifi libre. A nosa habitación era dobre con baño compartido e, como soe acontecer nestas latitudes, neste tipo de aloxamentos débese levar as propias sábanas (ou alugalas). O prezo da habitación, garaxe e almorzo foi de 88.28 €. http://www.fridhemsplan.se/?p=Main&c=es

Gastos pagados no día:  1280 SEK (120.76 €)

Km percorridos no día:  467.5 km

Tempo bastante bo e con moito bochorno. A partires das 7 da tarde moita choiva

9 DE XULLO: ESTOCOLMO – ÄLVKARLEBY

Non parou de chover en toda a noite, e pola mañá mais do mesmo. O tempo non acompañaba para visitar a cidade, pero as ganas de ver o centro de Estocolmo eran moitas, e se lle engadimos que xusto ese día meus pais facían escala alí mesmo nun cruceiro que estaban a facer polo Báltico, a choiva non ía ser quen de deslucir o día. Deixamos o coche nun aparcamento subterráneo do centro, xa que non levabamos as suficientes moedas para aparcalo na rúa.

A auga sempre presente en Estocolmo

Estocolmo está formada por catorce illas, polo que hai auga e pontes por todas partes. Nós decidimos visitar en maior medida a Cidade Vella, o Gamla Stam, empezando polo Palacio Real, lugar onde nos reunimos con meus pais para visitar a cidade, e seguindo pola catedral (Storkyrkan). Para complementar a ruta turística, visitamos o parlamento e o palacio da ópera, xusto ó carón do Gamla Stam.

Parlamento sueco. Estocolmo

Para recuperar forzas, xantamos estupendamente (por cantidade, calidade e prezo) no Restaurang Kaffegillet, situado moi preto da catedral, concretamente na rúa Trångsund nº4 onde podedes ser atendidos en castelán por unha muller de orixe chileno. Logo de despedirnos dos meus pais, paseamos de novo polo Gamla Stam, disfrutando das súas rúas estreitas así como o deseño destas casas do casco antigo. Perderse nestas rúas é, para min, o máis recomendable que facer en Estocolmo.

Gamla Stam. Estocolmo

Despois de mercar algo para cear nun pequeno supermercado, saímos da cidade seguindo o noso habitual rumbo cara ó norte. Conducir polas cidades suecas é unha delicia, xa que están moi ben organizadas e apenas teñen tráfico se as comparamos coas nosas, polo que en apenas uns minutos xa nos atopabamos na autoestrada E4.

Tendo en conta que saímos tarde de Estocolmo só nos deu tempo a realizar uns 150 km, ata un camping situado próximo á localidade de Älvkarleby. Alí pasamos a noite baixo unha continua choiva nunha cabaña con baño, cociña e TV, onde vimos nos telexornais suecos as importantes inundacións que todo o surleste de Suecia estaba a sufrir polos continuos chuvascos destes días.

Gastos pagados no día:  1185 SEK (111.8 €)

Km percorridos no día:  174.5 km

Tempo chuvioso durante practicamente todo o día

10 DE XULLO: ÄLVKARLEBY – BYSKE

Non parou de chover en toda a noite, e parece que vai seguir chovendo todo o día, polo que temos as condicións perfectas para dedicar este día a facer un bo número de quilómetros para acercarnos o noso destino ó máximo posible. Polo tanto, saímos de Älvkarleby dirección Gävle, e unha vez alí volveríamos coller a estrada E4, que teríamos que seguir ata case a fronteira con Finlandia. Neste traxecto, a E4 ten tramos de 2, 3 e catro carrís. Os tramos de 3 carrís son moi parecidos ós que se ven nalgunhas estradas de por exemplo Francia ou Alemaña, onde o terceiro carril se vai alternando entre cada sentido para facilitar o adiantamento, non como aquí que só se usan en tramos de pendente ascendente. Algúns tramos de 2 carrís teñen arcéns moi grandes, e os suecos os utilizan para deixarte adiantar aínda que veña un vehículo de fronte (con seguridade, iso si), cousa que se agradece. O que non me gustou en absoluto das estradas suecas son os seus gardarraís, compostos por unha especie de cabos de aceiro trenzados, nada seguros para os motoristas.

Gardarraís con cabos de aceiro. Suecia

Outra cousa que non me gustou das estradas suecas (e de escandinavia en xeral) é a ausencia total de firmes drenantes, polo que as estradas acumulan moita auga cando chove con certa intensidade.

A estrada E4, neste tramo con tres carrís, baixo a choiva. Suecia

A partir destas latitudes, ademais, hai que ter especial coidado cos alces nas estradas, sobre todo nas zonas indicadas nos sinais e ó iniciar ou rematalo día, xa que poden ocasionar accidentes moi graves, tendo en conta que estes animais poden chegar a pesar ata 450 quilos e medir mais de 2 metros de alto.

Perigo: alces

Ésta estrada cruza cidades como Sundsvall ou Ornsköldsvik, que están ben organizadas e teñen pouco tráfico, polo que se perde pouco tempo atravesándoas. A E4 discorre tamén pola interesante zona a nivel paisaxístico Costa Alta, Höga Kusten en sueco, patrimonio da humanidade pola Unesco, e resultado da elevación do terreo ó fundirse os glaciares; aínda que a intensísima choiva non nos permitiu ver esa paisaxe.

Xa ben entrada a tarde, a choiva comezou a diminuír, e decidimos parar nun camping que vimos anunciado na estrada en Byske, pouco despois de Skellefteå. O camping, pensado mais que nada a pasar as vacacións en familia na praia, era grande e ben equipado, e tiña acceso directo á praia. Alí pasamos a noite nunha cabaña (a última que quedaba libre) con cociña, televisión e baño por 73 €, que non está mal, tendo en conta que era temporada alta. http://www.skelleftea.se/byskehavsbad/

Cabaña no camping de Byske. Suecia

Gastos pagados no día: 1396 SEK ( 131.7 €)

Km percorridos no día: 650.0 km

Tempo chuvioso  todo o día  ata a chegada ó camping de Byske

11 DE XULLO: BYSKE – IVALO

Despois de un par de días de chover sen parar, hoxe o día preséntase practicamente despexado e unha temperatura perfecta. Levantámonos cedo para seguir o noso camiño, coa intención de pasar a noite nalgún lugar de Finlandia. Xa a media mañá chegamos á fronteira finesa, e pouco despois xa estabamos a altura de Rovaniemi. A cidade de Rovaniemi non ten nada de especial, salvo o complexo turístico que está xusto por onde pasa o Círculo Polar Ártico.

Círculo Polar Ártico. Rovaniemi (Finlandia)

Aparte de carteis e outros símbolos que indican que estamos xusto no círculo polar (onde a partires de aquí existen días completos de 24 horas, aumentando o número de días completos canto máis ó norte), tamén existen tendas de recordos así coma o Santa Claus Village, a casa de Papa Noel, que nos negamos a visitar.

A casa de Papá Noel. Rovaniemi (Finlandia)

Unha vez cruzamos o Círculo Polar seguimos pola estrada 4 ou E75, cruzando continuos bosques de coníferas (piceas e piñeiros silvestres), bidueiros e moitos lagos como o da foto, por iso a Finlandia se lle coñece como o pais dos mil lagos.

Lago na Laponia. Finlandia

A estrada apenas ten tráfico. Non hai poboacións durante varios quilómetros. Non se ven mais que bosques de coníferas, bidueiros e algún lago. Na radio do coche pódese escoitar unha emisora rusa. De vez en cando se cruza diante do coche unha manada de renos. Estamos xa na Laponia.

Estrada 4, ou E75 na Laponia. Finlandia

Ésta é unha zona moi aillada, e en inverno a comunicación por estrada é moi difícil. Supoño que por iso a estrada transformábase nunha pista de aterrizaxe de avionetas nalgún tramo, como se pode ver nesta foto

Nalgún tramo, a estrada se transforma nunha pista de aterrizaxe de avionetas

Decidimos parar a durmir en Ivalo, un pouco antes que de costume xa que neste país hai que adiantar no reloxo unha hora máis. A vila non ten ningún interese turístico, pero dispón de servizos de aloxamento, supermercados, gasolineras, etc… para facer escala no camiño. Nesta poboación é habitual atoparse renos polas rúas, a min esta imaxe recórdame á serie Doctor en Alaska, aínda que nese caso era un alce.

Renos en Ivalo. Finlandia

Nós pasamos a noite nun camping nunha cabaña con baño, ducha, televisión e ata sauna por 50€ (aquí en Finlandia usan o euro). Antes de durmir, dimos un paseo por Ívalo e o lago próximo ó camping. Aquí xa nunca se fai noite de todo nesta época do ano.

Gastos pagados no día:  112 €

Km percorridos no día: 622.0 km

Tempo soleado e temperaturas moi agradables

12 DE XULLO:  IVALO – CABO NORTE

Hoxe erguímonos cedo, xa que estamos a aproximadamente 400km do Cabo Norte, polo que tiñamos pensado chegar hoxe ó noso destino. Saímos de Ivalo dirección Inari e paramos nunha explanada ó carón da estrada para ver o gran lago Inarijärvi, onde nos atopamos a uns viaxeiros de Madrid que ían na súa autocaravana tamén ó Cabo Norte, cos seus tres fillos pequenos, un deles un bebé.

Pouco despois de Inari, collemos a estrada 92 que nos levará ata Karasjok, xa en Noruega. Esta estrada é bastante estreita e está feita sen desmonte ningún, polo que é case todo recto e con moitos cambios de rasante. Pouco antes de Karasjok cruzamos a fronteira Noruega, onde hai dúas cabinas que parecen de peaxe, pero non hai ninguén así que seguimos. Hai que ter coidado porque en certas estradas de Noruega son habituais as peaxes.

Fixemos unha pequena parada en Karasjok, máis que nada para visitar o Parlamento Sami. Os sami son os habitantes orixinarios de toda esta rexión do norte de Escandinavia, a Laponia, que se estende polo norte de Suecia, Noruega e Finlandia e a Península de Kola en Rusia. Antigamente eran nómadas, e vivían da cría de renos, como seguen facendo algúns na actualidade. En Karasjok, ademais do Parlamento existe un museo sami, que non nos resultou moi atractivo.

Parlamento sami. Karasjok (Noruega)

Dende Karasjok seguimos cara ó norte por unha estrada que pouco a pouco vai gañando en altitude, cruzando unha zona alta onde a única vexetación arbórea existente son salgueiros ananos.

Salgueiros ananos

Non moitos quilómetros despois xa nos atopabamos nas beiras do fiordo Porsangen, no Océano Ártico.

Tendas sami á beira do fiordo Porsangen (Noruega)
Fiordo Porsangen (Noruega)

A estrada que nos leva cara o norte discorre pola marxe oeste do fiordo, case sempre pegadiña ó mar. É unha estrada bastante estreita e cun firme algo deteriorado. Nesta estrada xa te atopas cun número importante de vehículos con matrículas de distintas nacionalidades, especialmente autocaravanas e bastantes motocicletas, xa que o Cabo Norte é un destino mítico entre os moteros. Seguindo esta estrada, e tras sufrir un “atasco” causado por unha manada de renos nas proximidades de Russenes, chegamos por fin á illa onde se atopa o Cabo Norte: Magerøya. A illa está comunicada co continente cun impresionante túnel baixo o mar. Como o túnel descende moita profundidade ten unha fortísima pendente de baixada (ollo ós freos) e logo de subida. Despois de cruzar o túnel hai que pagar o correspondente peaxe (21 €).

Dende o citado posto de peaxe ata o Cabo Norte hai uns 40 km., aínda que nós decidimos alongar esta distancia para visitar a pequena poboación de Gjesvær, coa escusa de explorar un pouco este preciosísimo entorno. A Illa de Magerøya é un lugar completamente desprovisto de vexetación arbórea, tendo en conta o seu clima extremo. O seu litoral é espectacular, xa que está formado por pequenos fiordos e múltiples cantís que son o hábitat de diversas especies de aves. Non ten máis que tres poboacións: Honningsvåg (a capital), Skarsvåg e Gjesvær.

Entorno de Gjesvær. Noruega

Despois de contemplar a paisaxe de Gjesvær, decidimos que xa era hora de visitar o noso obxectivo da viaxe: O Cabo Norte, polo que, tras reservar unha cabaña na poboación de  Skarsvåg, puxemos rumbo a ese lugar. Conforme nos íamos aproximando ó noso destino non podíamos conter a emoción, que nos foi cortada de súpeto ó ter que abonar na peaxe correspondente os 32€ esixidos por entrar no recinto onde se atopa o complexo turístico do Cabo Norte. Unha vez pagada a peaxe deixamos o coche no aparcamento, repleto de autocaravanas, e nos diriximos ata a famosísima bola do mundo que simboliza este lugar, situado nin mais nin menos que a 71º 10´ 21” N, o punto de Europa máis setentrional accesible por estrada.

Bola do mundo. Cabo Norte (Noruega)

Despois das fotos pertinentes xunto a bola do mundo, decidimos visitar o complexo turístico onde hai , entre outras cousas, un bar restaurante, unha tenda de recordos, un miradoiro, unha capilla, etc,… así como un cine onde se pode ver unha película de un cuarto de hora sobre a vida durante todo o ano neste lugar. Nós non perdimos moito tempo no complexo e saímos para gozar das impresionantes vistas do lugar.

Cantil do Cabo Norte, coa bola do mundo

Aproveitamos para pasear polos arredores e para facer distintas fotos, considerándonos uns afortunados por estar disfrutando deste lugar, con unhas condicións meteorolóxicas nada comúns por aquí: practicamente despexado, uns 18 grados e sen vento.

Outra visión da bola do mundo. Cabo Norte (Noruega)
Monumento ós nenos do mundo. Cabo Norte (Noruega)

Aínda que se considera este punto como o máis setentrional (xa que é accesible por estrada e ademais remata nun impresionante cantil), en realidade está un pouquiño máis ó norte o cabo Knivskjellodden, xusto á carón do Cabo Norte, onde só se pode acceder facendo unha ruta a pe de unhas horas.

Knivskjellodden está, en realidade, un pouco máis ó norte que o Cabo Norte

Despois de disfrutar deste lugar voltamos á cabaña que reservamos pola tarde en Skarsvåg, onde nos obsequiamos cunha estupenda cea regada cun bo viño de mencía galego, como non podía ser menos. Despois, calzámonos coas nosas botas de monte para andar durante un rato ata o noso punto escollido para ver o sol de medianoite, sitio recomendado por un empregado do camping.

O lugar estaba situado a uns 45 minutos de Skarsvåg andando monte arriba, e as vistas que se tiñan nese lugar, co Cabo Norte ó fondo eran simplemente espectaculares. Estivemos nese lugar entre as 23 horas do día 12 de xullo e a 1 do día 13 de xullo, é dicir, estivemos contemplando o final do día e o inicio de outro, solpor e amencer, sen poñerse o sol polo horizonte. Este momento será inesquecible, axudado ademais, pola ausencia case total de nubes, sen vento, unha agradable temperatura e, o que é para min máis importante, sen presenza humana ó noso redor que poderamos ver, polo que ó único son, aparte da pequena oleaxe do mar, eran as das aves que aniñaban nos cantís próximos. Nesta foto (que é a da cabeceira do meu blog) da conta de todo isto.

Sol de medianoite sobre o Cabo Norte

Despois de disfrutar de ese par de horas do sol de medianoite, voltamos á Skarsvåg á pasear pola poboación, eran máis da unha da mañá e lucía o sol.

Skarsvåg: A poboación máis próxima ó Cabo Norte

Tras o paseo por Skarsvåg, voltamos á cabaña á durmir (moi boa, 53 €, situada dentro do Cámping Kirkeporten, segundo o seu propietario, é o camping situado máis ó norte de Europa: http://www.kirkeporten.no ). Mañá comezaríamos a viaxe de retorno. Levábamos percorridos exactamente 5.887 quilómetros. Tiñamos que facer polo menos outros tantos de volta. Esperabamos disfrutalos tanto como os de ida.

Gastos pagados no día:  20 € + 1357 NOK (173.2 € en total)

Km percorridos no día: 481.0 km

Tempo soleado e temperaturas moi agradables

13 DE XULLO:  CABO NORTE – SKIBOTN

O día volvía estar completamente soleado, e con bastante calor para estas latitudes. Como tiñamos decidido, agora tocaba visitar as famosas Illas Lofoten, dedicando este día para acercarnos o máximo posible a elas, polo que faremos o máximo de quilómetros posible, pero con múltiples paradas para disfrutar da impresionante paisaxe da estrada E6, que percorre gran parte da costa noruega.

Durante 140 km, temos que voltar pola mesma estrada (E 69) ata o cruce coa E6, polo que temos que volver cruzar a Illa de Magerøya, o túnel baixo o mar que a une ó continente, e seguir a estrada E69 ata Russenes, sempre ó carón da fermosa paisaxe do fiordo Porsangen.

Estrada E 69, a carón do fiordo Porsangen
Estrada E 69, a carón do fiordo Porsangen

Esta estrada é bastante estreita, tortuosa e con numerosos túneles sen iluminar. Dentro dun destes, tivemos que auxiliar a unha parella de moteros alemáns que perderan o equilibrio ó entrar nun túnel debido a humidade da estrada e a ausencia de luz. Só quedou nun susto e seguiron sen problemas.

Pouco despois de Russenes, tomamos nun cruce á dereita a estrada E6 dirección Alta. Esta estrada ata Alta (110 km) é polo xeral bastante boa, ancha e sen apenas curvas para ser unha estrada de Noruega. A partires de Alta serán estreitas, con curvas e un firme regular.

Estrada E6 entre Russenes e Alta
Estrada E6 entre Russenes e Alta

Alta pódese considerar cidade nestas latitudes, xa que supera os 10.000 habitantes. É famosa polas súas pinturas rupestres e por ser un lugar extraordinario para divisar auroras boreais no inverno.

Fiordo onde se atopa a cidade de Alta: Altatjorden
Fiordo onde se atopa a cidade de Alta: Altatjorden

Os case 300 km que separan Alta de Skibotn pola E6 discorren por paisaxes impresionantes coma se pode ver nas seguintes fotos. Recomendo percorrer esta estrada con calma, disfrutando do percorrido.

Paisaxe á beira da E6 (Noruega)
Paisaxe á beira da E6 (Noruega)
Fiordo Kvænangen (Noruega)
Fiordo Kvænangen (Noruega)
Fiordo Kvænangen (Noruega)
Fiordo Kvænangen (Noruega)
Paisaxe á beira da E6 (Noruega)
Paisaxe á beira da E6 (Noruega)

Xa ben entrada a tarde decidimos buscar unha cabaña en Skibotn. Atopamos no primeiro camping que vimos, o Skibotn Camping NAF, e por uns 50 €  nos aloxamos nunha cabaña aceptable, con unhas excelentes vistas ó mar. Pouco despois de chegar ceamos algo (agás unha especie de filloa rechea que mercamos nunha gasolinera próxima, que non a dimos comido ningún dos dous, e iso que eu son bo comedor) e logo paseamos un bo rato pola vila, o seu pequeno porto e, sobre todo, pola beira do fiordo, disfrutando dun fermoso atardecer.

Porto de Skibotn (Noruega)
Porto de Skibotn (Noruega)
Porto de Skibotn (Noruega)
Porto de Skibotn (Noruega)
Larsbergbukta, Skibotn (Noruega)
Larsbergbukta, Skibotn (Noruega)
Atardecer en Skibotn (Noruega)
Atardecer en Skibotn (Noruega)

Neste lugar, a mediados de Xullo, aínda non se chega facer de noite de todo.

Gastos pagados no día:  1009.2 NOK (113.9 € en total)

Km percorridos no día: 510.9 km

Tempo soleado e temperaturas moi agradables

14 DE XULLO:  SKIBOTN – KABELVÅG

Hoxe madrugamos coa intención de dedicar o día a visitar as Illas Lofoten, polo que saímos de Skibotn rumbo Svolvær, a “capital” das Lofoten. A estrada ata alí está en regular estado, agás un tramo que foi inaugurado fai pouco tempo, con numerosas pontes e túneles,  un deles baixo o mar. Pouco despois de pasar Svolvær, decidimos buscar unha cabaña nun camping para pasar a noite, e así dedicar o día a percorrer as illas en coche.

Reservamos a cabaña en Kabelvåg, a pouca distancia de Svolvær, no Orsvågvær Camping, cun precioso entorno.

Camping Orsvågvær, en Kabelvåg (Lofoten, Noruega)
Camping Orsvågvær, en Kabelvåg (Lofoten, Noruega)

Despois de deixar as cousas no camping, comezamos a ruta turística polas Lofoten visitando Henningsvær, unha pequena aldea de pescadores enclavada en pequenas illas e unidas por estrada a través de dúas grandes pontes. Un paseo por esta localidade é a mellor maneira de coñecela.

Henningsvær (Lofoten, Noruega)
Henningsvær (Lofoten, Noruega)

Despois seguimos pola E10, que percorre toda a costa das Lofoten ata Å, onde remata a estrada. A E10 é considerada unha estrada turística, e dispón de múltiples aparcamentos e lugares de interese sinalizados. Percorrer a estrada en si, disfrutando das vistas, xa é un pracer. Nós realizamos múltiples paradas ó longo da mesma, contemplando  paisaxes como as que se mostran a continuación.

Ponte na néboa (Lofoten, Noruega)
Ponte na néboa (Lofoten, Noruega)
Un lugar á carón da E10 (Lofoten, Noruega)
Un lugar á carón da E10 (Lofoten, Noruega)
Illa de Moskenesøya (Lofoten, Noruega)
Illa de Moskenesøya (Lofoten, Noruega)
Illa de Moskenesøya (Lofoten, Noruega)
Illa de Moskenesøya (Lofoten, Noruega)
Illa de Moskenesøya (Lofoten, Noruega)
Illa de Moskenesøya (Lofoten, Noruega)
Å (Lofoten, Noruega)
Å (Lofoten, Noruega)
Å (Lofoten, Noruega)
Å (Lofoten, Noruega)

A estrada remata en Å, unha acolledora aldea de pescadores onde se conservan varias casas tradicionais de madeira, que na actualidade soen utilizarse como aloxamentos para turistas. Å, que se pronuncia como se fose unha “o”, é a última poboación das Lofoten, e atópase xusto en fronte da forte corrente de Moskenes, unha das máis grandes que existen no mundo. A mellor forma de ver Å é dando un paseo.

Despois de disfrutar de Å e do seu entorno, percorremos a E10 de volta outra vez ata o camping, volvendo disfrutar da paisaxe das Lofoten.

Illas Lofoten (Noruega)
Illas Lofoten (Noruega)

Despois de dedicar o día a percorrer as Lofoten, chegamos tarde ó camping, xusto á hora de cear.  Alí coñecemos a Xavier, un catalán residente nunha localidade ó norte de Noruega que estaba de vacacións coa súa familia neste lugar “ó sur”, e que nos contou interesantes historias da vida diaria nestes lugares, sobre todo en inverno.

Gastos pagados no día:  1350 NOK (152.4 € en total)

Km percorridos no día: 662.8 km

Tempo soleado e temperaturas moi agradables, con algunhas néboas litorais.

15 DE XULLO:  KABELVÅG – JUKKASJÄRVI

Hoxe erguémonos coa intención de ir adiantando camiño de volta. Xa levamos dúas semanas de viaxe e aínda nos queda moito camiño por percorrer. Descartamos voltar pola estrada da costa de Noruega, xa que precisariamos moito tempo (e cartos) e ademais, a iso gustaríanos adicarlle outra viaxe. Polo tanto regresaremos por Suecia, primeiro dirección Kiruna, e despois seguiremos pola estrada E4 ata Dinamarca.

Partimos entón dirección Kiruna pola E10, desandando o percorrido de onte ata Bjerkvik, e pouco antes de Narvik, comezamos a ascender a serra cara ó interior da Península Escandinava. A estrada ata a fronteira con Suecia atravesa unhas fermosas paisaxes de montaña. Neste tramo, pódese ver ademais algún recordatorio da Batalla de Narvik do 1940, e xa preto da fronteira, moitas cabañas de madeira privadas.

Cabañas, preto da fronteira con Suecia
Cabañas, preto da fronteira con Suecia

Tras pasar o posto fronteirizo, pasamos pola localidade de Abisko, famosa polo ski e o seu parque nacional. O entorno xunto o lago Torneträsk e bastante fermoso.

Estrada E10 xunto o lago Torneträsk (Suecia)
Estrada E10 xunto o lago Torneträsk (Suecia)

Uns 100 km despois xa chegabamos a Kiruna, unha das cidades mais importantes destas latitudes, xa que conta con mais de 20.000 habitantes e unha importante industria entorno a extracción de ferro. A poboación en si non ten nada a destacar, o noso xuízo, dende o punta de vista turístico, salvo a súa igrexa de madeira. Aproveitamos o paso por esta localidade para mercar comida nun centro comercial.

Buscamos aloxamento na localidade próxima de Jukkasjärvi, famosa polo coñecido Hotel de Xeo. Alí atopamos unha cabaña dentro dunha propiedade que era como unha especie de camping xunto un lago. A cabaña en si estaba bastante ben e tiña un prezo razoable 550SEK (51€). Despois de cear, paseamos xunto o lago disfrutando da paisaxe.

Lago en Jukkasjärvi (Suecia)
Lago en Jukkasjärvi (Suecia)

Esta era a última noite por encima do Círculo Polar Ártico desta viaxe. Nestas latitudes e nestas datas, tampouco se chega facer de noite de todo.

Gastos pagados no día:  1069.5 SEK (100.9 € en total)

Km percorridos no día: 428.0 km

Tempo soleado, con algunhas choivas intermitentes. Temperaturas bastante mais baixas que os últimos días.

16 DE XULLO:  JUKKASJÄRVI – ANTJÄRN

Temos por diante dúas xornadas de moitos quilómetros para cruzar toda Suecia de norte á sur. Saímos cedo para aproveitar ben o día de viaxe. Tomamos a E10 dirección Luleå, unha estrada moi recta, en bo estado e sen apenas tráfico, salvo algún insufrible tramo en obras, sen asfalto e sen sinalizar. Parece mentira que nun país como Suecia as obras nestas latitudes non se sinalicen, nin sequera cando se corta un carril (e durante varios quilómetros!).

Interminables obras sen sinalizar na E10 (Suecia)
Interminables obras sen sinalizar na E10 (Suecia)

E como é frecuente nestes lugares, hai que ter coidado con certos usuarios da estrada

Usuarios da estrada E10 (Suecia)
Usuarios da estrada E10 (Suecia)

Despois de superar a localidade de Malmberget, cruzamos de novo o Círculo Polar Ártico. Neste lugar tamén se indica por onde cruza esta liña imaxinaria, pero non ten nada que ver co que vimos en Rovaniemi hai uns días, xa que aquí non hai ningún complexo turístico.

Limite do Círculo Polar Ártico na E10 (Suecia)
Limite do Círculo Polar Ártico na E10 (Suecia)

Antes da localidade de Luleå, tomamos a estrada E4, que vai paralela á costa do Golfo de Botnia, e que xa coñecemos, pois foi a que utilizamos na “subida”.  Desta vez, non tivemos tanta choiva como fai uns días neste mesmo percorrido, así que polo menos disfrutamos da paisaxe da Costa Alta que hai a carón da estrada.

Ó chegar á localidade de Härnösand, decidimos buscar unha cabaña para pasar a noite. No camping da localidade xa as tiñan ocupadas, pero moi amablemente, chamaron por teléfono a un camping próximo para ver se tiñan algunha libre.

No Antjärns Camping, situado en Antjärn, a poucos quilómetros de Härnösand, dispoñían dalgunha libre, así que para alí imos. A cabaña era moi boa e barata (425SEK, é dicir, 40€), e o camping excelente e moi ben atendido. Estaba a carón dun pequeno lago, e dispoñía de sauna e de moitas actividades para nenos. Como curiosidade, tiñan un Citroën Mehari coa carrozaría feita en madeira (e andaba!).

http://www.antjarnscamping.com/uk_cmp_index.htm

Citroën Mehari con carrozaría de madeira no Camping Antjärn (Suecia)
Citroën Mehari con carrozaría de madeira no Camping Antjärn (Suecia)

Ceamos e dimos un paseo polos arredores do camping, unha paisaxe chea de lagos, pinos e piceas.

Antjärn (Suecia)
Antjärn (Suecia)

Gastos pagados no día:  879 SEK (83 €)

Km percorridos no día: 808.6 km

Algunhas choivas durante o día. Temperaturas inferiores a 10ºC pola mañá.

17 DE XULLO:  ANTJÄRN – STRÖMSNÄSBRUK

Hoxe volvemos ter por diante outro día de seguir facendo camiño cara ó sur. A verdade é que Suecia é un país moi grande, e atravesalo leva o seu tempo. Volvemos coller a E4, e volvemos pasar por poboacións que xa cruzamos na viaxe de ida: Sundsvall, Uppsala, Estocolmo, Jönköping,… Por sorte, non chove e hai pouco tráfico, incluso na circunvalación de Estocolmo. Xa pola tarde, e tras case 900 km decidimos parar a buscar onde durmir en Strömsnäsbruk, despois de superar a localidade de Jönköping. Atopamos unha cabaña dun particular (estilo a de Jukkasjärvi, preto de Kiruna), moi boa, con cociña, baño, sala, habitación separada,  por 500SEK (uns 47€).

Cabaña onde nos aloxamos en Strömsnäsbruk (Suecia)
Cabaña onde nos aloxamos en Strömsnäsbruk (Suecia)

En Strömsnäsbruk aproveitamos para facer a compra no noso último día en Suecia nesta viaxe, e de paso, dar un paseo para estirar as pernas despois das tantas horas de coche de hoxe. Para iso, nesta localidade hai un bo paseo xunto o lago.

Paseo xunto ó lago en Strömsnäsbruk (Suecia)
Paseo xunto ó lago en Strömsnäsbruk (Suecia)

Gastos pagados no día:  1306 SEK (123.2 €)

Km percorridos no día: 890.8 km

Tempo despexado en xeral e temperaturas agradables. Algunha treboada ó final do día

18 DE XULLO:  STRÖMSNÄSBRUK – BERGEN

Despois de dous días de tantas horas no coche, hoxe decidimos seguir o noso camiño de volta con mais calma, intentando non facer moito mais de 500km. Polo que temos pensado parar a durmir nalgún lugar preto de Hamburgo, en Alemaña, para así dirixirnos ó día seguinte ata a Selva Negra, no extremo suroccidental do país, e tomar alí un día de descanso.

Tomamos a E4 e logo a E6 ata cruzar de novo a Ponte do Öresund (e pagar outra vez os 37€ de peaxe), entrando en Dinamarca uns quilómetros ata chegar a Rødbyhavn, onde colleremos de novo o ferry que nos levará ata Puttgarden, en Alemaña (75€). Desta vez, tivemos que esperar unha hora para embarcar.

Xa en Alemaña, e tras pasar Hamburgo, decidimos buscar onde durmir na localidade de Bergen, xa que preto desta poboación podemos visitar o antigo campo de concentración de Bergen – Belsen. Así que, como imos ben de cartos respecto o que tiñamos pensado gastar, decidimos buscar un hotel para durmir, e atopamos o SeminarHotel Schulz, un bo hotel de tres estrelas por 78€ con almorzo e wifi incluido: http://www.seminarhotel-schulz.de/content/unser-haus-seminare.html

Unha vez localizado onde durmir, decidimos buscar o antigo campo de concentración. Como non vimos a sinalización, acabamos entrando nunha base militar próxima, onde moi amablemente nos indicaron onde quedaba o antigo campo de concentración.

Entrada ó campo de concentración de Bergen-Belsen (Alemaña)
Entrada ó campo de concentración de Bergen-Belsen (Alemaña)

Este campo de concentración utilizouse entre os anos 1940 e 1945, e estímanse un número de vítimas superior á 50.000, contabilizando prisioneiros de guerra do exército aliado e xudeus.

Túmulos no campo de concentración de Bergen-Belsen (Alemaña)
Túmulos no campo de concentración de Bergen-Belsen (Alemaña)

O campo organízase en varios túmulos como o que se pode ver nesta fotografía. O conxunto a verdade é que impresiona moito, tendo en conta a cantidade de falecidos neste triste lugar.

Monumento ás vítimas do campo de concentración de Bergen-Belsen (Alemaña)
Monumento ás vítimas do campo de concentración de Bergen-Belsen (Alemaña)

Tamén existe un monumento recordando os que morreron neste lugar

“Á memoria de todos aqueles que morreron neste lugar” Bergen-Belsen (Alemaña)
“Á memoria de todos aqueles que morreron neste lugar” Bergen-Belsen (Alemaña)

Entre os túmulos, atopamos a lápida de Margot e Anne Frank (quen escribiu o seu “Diario de Ana Frank”), que faleceron neste lugar pouco antes de ser liberado o campo de concentración.

Lápida de Margot e Anne Frank no campo de concentración de Bergen-Belsen (Alemaña)
Lápida de Margot e Anne Frank no campo de concentración de Bergen-Belsen (Alemaña)

De volta a Bergen, aproveitamos a Wifi do Hotel para ver o correo electrónico e reservar unha casa de turismo rural en Francia onde durmir cando pasemos por ese país dentro duns días.

Despois dimos un paseo por Bergen e ceamos nun restaurante unha estupenda comida (por cantidade e calidade) polo módico prezo de 24 € en total

Gastos pagados no día:  395 SEK, 560 DKK e 69 € (181.5 € en total)

Km percorridos no día: 580.9 km

Treboadas pola mañá. Ceo nuboso pola tarde. Temperaturas agradables

19 DE XULLO: BERGEN – TITISEE

Como onte fixemos menos quilómetros que os dous días anteriores, estabamos bastante mais descansados; pero aínda nos quedaban uns 600 km para chegar o noso “lugar de descanso” da viaxe, A Selva Negra.

Case todos os km que temos por diante son por autopistas alemáns, que, como xa teño comentado neste diario, é unha mestura de tráfico intenso, obras e de algún intre rodando a altas velocidades. As veces que conducín por aquí sempre foron así. Pese a todo, chegamos á Friburgo (cidade de “entrada” da Selva Negra) sobre as catro da tarde.

Dentro da Selva Negra, decidimos quedarnos a durmir esta noite e a seguinte na localidade de Titisee. A razón é simplemente sentimental, xa que no camping desta localidade tamén pasaramos dúas noites no noso primeiro viaxe a Alemaña, aló polo ano 2005, e gustounos moito este lugar, no alto da fermosa Selva Negra, e xunto un lago.

Pero desta vez, que viaxamos cunha mellor situación económica, aloxarémonos nun hotel en lugar do camping, e para celebrar o feliz retorno da nosa viaxe acabamos nin mais nin menos que nun hotel de catro estrelas, o Hotel Alemannenhof, a carón do Lago de Titisee. Custa 135 € a noite con almorzo, nunca en ningunha viaxe pagamos tanto por durmir, pero tíñamos ganas de darnos este luxo:

http://www.drubba.com/d/alemannenhof/

Vista dende a terraza do Hotel Alemannenhof en Titisee (Alemaña)
Vista dende a terraza do Hotel Alemannenhof en Titisee (Alemaña)
Lago Titisee dende a terraza do Hotel Alemannenhof en Titisee (Alemaña)
Lago Titisee dende a terraza do Hotel Alemannenhof en Titisee (Alemaña)

Para relaxarnos aínda máis, dimos un bo paseo por Titisee e aproveitamos para cear unha pizza e tomarnos unhas cervexas ata a noite.

Gastos pagados no día:  90€

Km percorridos no día: 683.0 km

Bo tempo, con algunhas nubes. Temperaturas agradables.

20 DE XULLO: TITISEE – TITISEE

Hoxe xornada de descanso, polo que o coche só o usaremos para facer turismo pola Selva Negra, aproveitando para visitar lugares que non vimos na nosa viaxe de fai catro anos. Despois de almorzar (o estupendo almorzo tipo buffet do hotel), dedicámonos a facer algunhas compras, encher o depósito de gasoil, etc… para logo explorar a rexión o resto do día.

Comezamos facendo unha ruta paisaxística circular de Schönau – Müllheim – Staufen – Wieden – Schönau, que merece a pena polos seus fermosos paisaxes rurais do interior da Selva Negra, e a curiosa zona hortícola e vinícola nos arredores de Müllheim e Staufen.

Baixando hacia Badenweiler. Selva Negra (Alemaña)
Baixando hacia Badenweiler. Selva Negra (Alemaña)

Preto do final desta ruta circular, hai unha estrada que tras uns poucos quilómetros nos deixa preto da cima ó Monte Belchen, de 1413 metros de altitude, no que o tramo final de ascensión se pode facer andando ou en teleférico (a estrada está pechada ó trafico salvo vehículos autorizados). Nos escollemos a opción de camiñar, que falta nos fai despois destes tres últimos días de coche.

Sendeiro de ascensión ó cumio de Belchen. Selva Negra (Alemaña)
Sendeiro de ascensión ó cumio de Belchen. Selva Negra (Alemaña)

O sendeiro é bo e sen demasiada pendente, e en menos dunha hora xa se chega ó cumio do monte Belsen. Hai algunha vaia electrificada para controlar o ganado que non se deben tocar, xa que dan unha descarga considerable, e que puden comprobar eu mesmo.

Preto co cumio de Belchen. Selva Negra (Alemaña)
Preto co cumio de Belchen. Selva Negra (Alemaña)

Xa no cumio, as vistas nun día con visibilidade como este, son estupendas. Ó Norte e o Este, a grande masa montañosa e forestal da Selva Negra, ó Oeste, o Río Rhin e a Alsacia francesa, e ó Sur, Basel (Suíza) cos Alpes ó fondo, e se o día estivese aínda máis claro, poderíase ver ata o Mont Blanc.

O Rhin e a Alsacia dende o cumio do monte Belchen. Selva Negra (Alemaña)
O Rhin e a Alsacia dende o cumio do monte Belchen. Selva Negra (Alemaña)

A Selva Negra recibe o seu nome pola cor das árbores deste lugar, que son polo xeral piceas (Picea abies), dunha cor verde escura. Segundo teño lido, soen estar danadas pola choiva ácida, moi frecuente en Centroeuropa por mor da contaminación atmosférica. Eu a verdade non vin exemplares danados.

Piceas na Selva Negra (Alemaña)
Piceas na Selva Negra (Alemaña)

Despois do ascenso ó Belchen, voltamos a Schönau, e dende alí acercámonos ata Schluchsee, preciosísima localidade con bonita arquitectura da Selva Negra, outro dos encantos desta rexión.

Indicadores, en Schluchsee. Selva Negra (Alemaña)
Indicadores, en Schluchsee. Selva Negra (Alemaña)

Tras a excursión, voltamos de novo a Titisee a descansar un rato, e tomarnos na terraza do hotel unhas cereixas e moras silvestres que acabamos de mercar. Despois, damos un paseo ó redor do lago para rematar de novo en Titisee, para beber unhas cervexas e cear.

Lago de Titisee. Selva Negra (Alemaña)
Lago de Titisee. Selva Negra (Alemaña)
Titisee e o seu lago. Selva Negra (Alemaña)
Titisee e o seu lago. Selva Negra (Alemaña)

En Titisee hai unha gran cantidade de restaurantes, xa que é un lugar bastante turístico. Nós ceamos no restaurante Bergsee, moi recomendable, por calidade da comida, cantidade e bo prezo.

Gastos pagados no día:  82€

Km percorridos no día: 178.5 km

Bo tempo, con algunhas nubes. Temperaturas agradables.

21 DE XULLO: TITISEE – ORADOUR SUR GLANE

Por nos quedariamos un par de días máis neste lugar, pero tiñamos que estar na casa o día 24, así que continuamos ca nosa viaxe de regreso. No hotel de Bergen reservamos por internet unha casa rural nunha aldea preto de Oradour sur Glane, a poucos quilómetros de Limoges (Francia), polo que tiñamos por diante uns 700 km ata alí.

Estes 700 km os fixemos estupendamente, xa que non tivemos apenas tráfico, nin polas estupendas autopistas de peaxe francesas, nin polas súas  as veces mediocres estradas nacionais. O único a resaltar son algúns tramos en obras na N-145. O noso percorrido foi: Titisee – Friburgo – Mulhouse – Chalon sur Saône – Montluçon – Limoges – Oradour sur Glane.

Pola tarde chegamos a Oradour sur Glane e nos puxemos a buscar a casa que tiñamos reservada. Pero as indicacións que vimos en internet non se correspondían coa realidade, xa que non atopabamos a casa por ningún lado. Despois de unha hora larga de busca, atopamos por casualidade o lugar: unha preciosa casa a carón dun muíño, todo un conxunto moi ben restaurado.

A casa atópase no lugar de La Fauvette, xusto á carón dereita da estrada D9 saíndo de Oradour dirección Javerdat.

A casa e todo o conxunto son unha marabilla, pero mellor aínda son os seus propietarios (Amanda e Mike), simpáticos e moi amables e atentos. Nada máis chegar invitáronnos a unha cervexa para coñecernos e refrescarnos un pouco da intensa calor que facía, interesándose pola nosa viaxe. Amanda e Mike son ingleses, e acaban de poñer en marcha este fermoso aloxamento fai escasos días, polo que están moi ilusionados. Supoño que terán éxito, xa que as instalacións son moi boas, o prezo é moi razoable (a nos cobráronnos 50 €, almorzo incluído) e a atención dos propietarios é excelente.

Na súa web podedes ver fotos da casa, actividades e tarifas:

http://lemoulindelafauvette.com/12/

Gastos pagados no día:  365.6 € (inclúe as dúas noites no caro hotel de Titisee)

Km percorridos no día: 736.3 km

Día despexado, con moita calor pola tarde. Treboada pola noite.

22 DE XULLO: ORADOUR SUR GLANE – SAN VICENTE DE LA BARQUERA

Despois de almorzar e de despedirnos de Mike, Amanda e familia, decidimos ir visitar a interesante poboación de Oradour sur Glane, que foi construída de novo tras a súa destrución no ano 1944, ó carón do antigo emprazamento.

O 10 de xuño do 1944, a división nazi das SS Das Reich arrasou a cidade queimando no seu interior á toda a poboación, que se negou a abandonar o lugar. No centro da vila hai tamén un monumento de recordo ós 642 mártires deste suceso.

As ruínas da cidade anterior á súa destrución se poden visitar, así como o centro de interpretación, que forman un conxunto. As ruínas están tal cal quedaron no ano 1944, polo que se pode pasear polo interior da mesma vendo os restos das casas, rúas, algún coche, etc…

Placa de recordo ás mártires da matanza do 10 de xuño de 1944 en Oradour Sur Glane
Placa de recordo ás mártires da matanza do 10 de xuño de 1944 en Oradour Sur Glane
Ruinas do antigo emprazamento de Oradour Sur Glane
Ruinas do antigo emprazamento de Oradour Sur Glane

Tras visitar Oradour sur Glane, tomamos de novo a estrada N-141 dirección Burdeos. Esta estrada discorre por autovía e as veces por estrada convencional, con algún tramo en obras. Mentres non rematen de construír a circunvalación, a estrada cruza La Rochefoucauld, unha poboación que ten un bonito castelo que compre parar a contemplar.

Castelo de La Rochefoucauld (Francia)
Castelo de La Rochefoucauld (Francia)

O resto da xornada foi seguir facendo quilómetros a través de autopistas e autovías. Non atopamos apenas tráfico, nin en puntos coma a circunvalación de Burdeos ou o tramo entre Bayona e Donostia, tramos que soen ter bastantes retencións nestas épocas do ano. Tras pasar Donostia decidimos seguir pola A8 en vez de tomar a A1 a Burgos, xa que nos apetecía parar a durmir nalgún punto da costa.

Como acostumamos a facer cando voltamos dunha viaxe por Europa, cando entramos en Euskadi sempre paramos a disfrutar da excelente comida vasca, neste caso na localidade de Zumaia, e así de paso volver contemplar a paisaxe costeira entre Zarautz e Getaria, que tanto nos gusta e recordos nos trae de outros viaxes por estas terras.

Seguimos o noso camiño e decidimos parar a durmir en San Vicente de la Barquera, unha bonita vila da costa cántabra. Escollemos o Hotel Azul de Galimar, de tres estrelas: 85€ con garaxe pero sen almorzo. Aínda que non é barato, o prezo o consideramos normal para ser un bo hotel nun sitio tan turístico no verán como é San Vicente de la Barquera. http://www.hotelazuldegalimar.es/

Para rematar o día, celebramos a nosa última cena da viaxe no Mesón Madrid, no centro da vila.

Gastos pagados no día:  155.3 €

Km percorridos no día: 688.3 km

Día con tempo variable. Algunha treboada nocturna.

23 DE XULLO: SAN VICENTE DE LA BARQUERA – LUGO

Este é o último día desta viaxe e estamos medio tristes, porque non temos ningunha gana de que se acabe. Pero por outro lado estamos contentos polo tanto que disfrutamos do mesmo. Estamos seguros de que imos voltar a algún dos sitios que visitamos nesta viaxe, como soemos facer cando nos gusta moito un lugar (como por exemplo Titisee, que xa estiveramos no 2005).

Almorzamos no centro de San Vicente e damos un paseo pola zona do castelo, como tamén xa fixeramos noutra viaxe. Gústame San Vicente, pero prefiro estar noutra época do ano con menos turistas e veraneantes.

San Vicente de la Barquera (Cantabria)
San Vicente de la Barquera (Cantabria)

Seguimos a estrada A8 dirección Asturias e paramos en Avilés a comer. Sempre que paso por Asturias, onde tiven a sorte de vivir dous estupendos anos, aproveito para comer un dos meus pratos favoritos: ou a fabada, ou o cachopo. Neste caso decanteime polo cachopo, no Bar Parrillada Vistamar, en Coto Carcedo (concello de Castrillón, moi preto de Avilés).

Xa ben entrada a tarde cruzamos a Ponte dos Santos de Ribadeo. Estamos xa a menos de 100km de Lugo.

Nada mais chegar a Lugo, tomamos uns viños para celebrar a nosa chegada: Estamos contentos polo ben que o pasamos e que todo saíra ben. Non nos importaría volver facer esta mesma viaxe ó día seguinte.

Gastos pagados no día:  136 €

Km percorridos no día: 343.5 km

Bo tempo e temperaturas agradables.

E se facemos os cálculos de toda a viaxe:

Gastos pagados en toda a viaxe: 3094.2 € (1547.1 € cada un)

Km percorridos en total: 12398.6 km

GUIA DA VIAXE

Documentación:

Todos os países polos que pasamos pertencen a Unión Europea salvo Noruega, e neste último caso tamén pertence ó Grupo Schengen, polo que o único requisito de entrada nos países para cidadáns da UE é que leven o seu DNI. De todas formas, non está de máis levar o pasaporte.

Fronteiras:

Nalgúns sitios son inexistentes, coma por exemplo nos países do Benelux. Respecto o resto, o único que poden controlar nalgunhas delas pode ser que non nos pasemos da cantidade de alcohol ou tabaco permitido.

Seguridade persoal:

Todos os países que visitamos son moi seguros, así que a única norma de seguridade a seguir é a do sentido común: non deixar cartos nin obxectos de valor á vista no coche, vixiar a carteira e mochila en aglomeracións, etcétera…

Urxencias sanitarias:

Para axilizar os trámites en caso dunha urxencia sanitaria nestes países, recoméndase levar a Tarxeta Sanitaria Europea, que calquera beneficiario da seguridade social a pode pedir gratuitamente nas oficinas da seguridade social. En moitas oficinas as dan o momento.

Cómpre levar ademais certos medicamentos de uso corrente para a diarrea, estreñimento, paracetamol, alcohol, auga osixenada, …

Comunicacións:

A cobertura de móbiles é moi ampla en toda Europa, aínda que algo inferior nas zonas do norte de Escandinavia mais deshabitadas ou montañosas. Nalgunhas compañías pode ser preciso chamar a atención ó cliente por se hai que activar algo para chamar dende o estranxeiro. Nós levabamos dous móbiles, un de contrato e outro de tarxeta e de dúas compañías distintas, e ó móbil de contrato tivo problemas para chamar nalgúns países. Tamén é recomendable informarse de que compañías teñen tarifas máis baratas nos países para así escoller dende o noso móbil a compañía máis económica (con selección do operador manual).

As veces é recomendable buscar acceso a internet para falar coa familia (e aforrar cartos en chamadas), buscar aloxamento, información turística, etc… Nós levamos un ordenador portátil e atopamos distintas redes wifi polo camiño en hoteis, restaurantes, bares, campings,… En Francia atopamos menos redes wifi que noutros países, pero sempre queda o truco de ir a un Mc Donalds a tomar polo menos un refresco, xa que alí todos teñen wifi gratuíta. Se non levades ordenador, sempre se pode atopar un cíber ou unha biblioteca pública.

Información turística:

En moitas das localidades que visitamos contan con oficinas de turismo onde proporcionan información turística gratuitamente. Nós informámonos antes da viaxe de moitos dos lugares turísticos por medio de guías de viaxe e internet. Ademais, levabamos con nós varias guías de países, algunhas nosas e a maioría prestadas gratuitamente por bibliotecas públicas. As que máis utilizamos foron as guías de El Pais Aguilar e as de Lonely Planet.

Cartos:

Convén levar cartos en metálico e en tarxeta. Os cartos en metálico non se deben gardar todos xuntos, senón en lugares separados, para evitar roubos e perdas. Case todos os países que visitamos usan o euro como moeda, agás Dinamarca (usa coronas danesas DKK), Suecia (coronas suecas SEK) e Noruega (coronas noruegas NOK). Nós levabamos algo de DKK, SEK e NOK en metálico dende aquí, e se non se leva pódese cambiar aló en bancos ou no ferry (nos cambiamos no ferry de Puttgarden os cartos en metálico que nos sobraron á volta), noutros lugares convén vixiar ben a comisión.

Débese levar ademais varias tarxetas, mellor as de crédito que as de débito, xa que estas últimas non as aceptan nalgúns lugares (peaxes de Francia, aparcamentos, etc..). Visa ou Mastercard como tarxetas de crédito e Visa Electron e Maestro como de débito son das máis frecuentes.

Horarios:

Hai que ter en conta que os establecementos destes países sempre pechan antes que aquí, polo que moitas tendas sobre as 5 e media da tarde xa están pechadas. Os restaurantes e bares igual, polo que compre adiantar a hora da comida e da cea. Isto tamén é importante á hora de buscar aloxamento, especialmente en localidades pequenas.

Cómpre destacar que en Finlandia se debe adiantar unha hora máis o reloxo.

Ónde durmir:

En todos os países visitados hai moitas posibilidades de aloxamento en cantidade e calidades, e nos durmimos en moitos tipos distintos salvo o camping, que si temos utilizado moitas veces noutras viaxes.

En Francia escollemos as casas de turismo rural, moi boas por calidade e prezo, xa que inclúen almorzo e as veces dereito a cociña. Na páxina  http://www.toprural.com/ pódense atopar e reservar moitas delas. Pero tamén hai moitos camping e hoteis baratos como os da cadea Formule 1. No resto de Europa decantámonos desta vez polos hoteis, onde se atopan moitos e dunha grande variedade de prezos. Tamén son frecuentes os aloxamentos tipo Bed & Breakfast, do estilo onde nos quedamos a primeira noite en Suecia, e bastante recomendables.

Nos países nórdicos todo é máis caro, polo que cómpre apertarse o cinto e non escoller hoteis. Nós utilizamos as numerosas cabañas, que soen estar en campings ou en casas paticulares, moitas delas anunciadas ó carón das estradas co símbolo ou o nome Stuga (Suecia) ou Hytter (Noruega). Nas cabañas tes que levar as túas propias sábanas, e deixar todo recollido e limpo, por iso son tan baratas. Soen ter unha pequena cociña e algunhas baño, ducha ou incluso sauna. Hainas de 2 ata 6 prazas.

Nas poboacións máis grandes hai que ter en conta os aloxamentos tipo albergue, bastante económicos, e os Hostel, tipo hostal moi frecuentado pola xuventude, onde tamén hai que levar as propias sábanas, e os baños e duchas son compartidos. Nós escollemos este tipo de aloxamento para durmir en Estocolmo.

A maior parte das veces non reservamos aloxamento, salvo as casas rurais francesas e o hostel de Estocolmo que reservamos antes para avisar que chegabamos tarde. Se viaxades por libre desta forma aconséllovos non reservar nunca salvo se sabedes fixo que ides durmir alí.

Ónde comer:

Nos países que percorremos existen múltiples opcións en canto ó comer. Respecto ó almorzo, moitos hoteis e aloxamentos tipo Bed & Breakfast xa o inclúen, e ademais moi completo salvo os que busquedes un zume de laranxa natural. As cabañas dos países escandinavos soen ter unha pequena cociña, polo que se pode quentar un pouco de leite e unhas tostadas para facer un bo almorzo.

A hora de comer, hai moitas opcións nestes países, dende restaurantes de luxo ata hamburgueserías. Nós en bastantes ocasións xantamos de bocadillo e latas, por cadrarnos no medio dun traxecto, por aforrar tempo, por aforrar cartos ou por estar nun lugar apartado onde non había outra opción.

Para cear as opcións tamén son moi numerosas. Na maior parte dos países que visitamos cear fora non supón un gasto excesivo sempre e cando busques os lugares axeitados. Así por exemplo, nos fixemos tres ceas abundantes en Alemaña sen superar nunca os 30€. Non se pode dicir o mesmo dos países escandinavos, que son máis caros, especialmente Noruega, onde aconsellamos cear aproveitando as cociñas das cabañas para así aforrar uns cartos, mercando a comida nun supermercado. En Francia recomendamos cear nas abundantes creperías.

O vehículo:

Para realizar unha viaxe tan longa como esta cómpre revisar ben o vehículo antes de saír, sobre todo se conta con moitos anos ou uso. Eu aproveitei para cambiar as rodas dianteiras que xa as tiña bastantes gastadas e poñerlle unha roda de reposto de tamaño normal, por se acaso.

Para rodar polas estradas destes países compre levar o permiso de circulación do vehículo, o recibo do seguro e recoméndase tamén a carta verde do seguro. Non está de máis pedir na compañía de seguros un parte europeo de accidente. Se o vehículo non leva distintivo do estado na placa de matrícula, debe colocar un adhesivo identificativo. Nalgúns países é obrigatorio levar, aparte do que xa o é aquí, un extintor e un botiquín de primeiros auxilios homologado, que se poden mercar nas tendas de accesorios.

Respecto ó combustible se pode atopar en todos estes países gasolina sen chumbo e gasóleo en todos eles sen problemas, iso si, máis caros. En Francia é recomendable repostar en gasolineiras dos centros comerciais, algo moi habitual alí, xa que o aforro respecto as estacións de servizo das autopistas é considerable. No Norte de Escandinavia convén non apurar moito o depósito, xa que pode haber bastante distancia entre estacións de servizo. Ningunha das gasolineiras onde repostamos tiñan servizo atendido, como é común nestes países, e incluso as hai sen personal en caixa, polo que se debe de pagar coa tarxeta de crédito no mesmo surtidor (nós tratábamos de non usar este tipo de estacións). Os prezos varían tamén entre as estacións de servizo do mesmo país, pero para facer unha comparación entre países, cito o prezo por litro de gasóleo dalgunhas estacións de servizo que atopamos polo camiño:

· Euskadi: 0.945 €/l

· Francia (nunha autopista): 1.16 €/l

· Alemaña: 1.029 €/l

· Suecia: 11.04 SEK/l = 1.042 €/l

· Finlandia: 1.009 €/l

· Noruega: 11.13 NOK/l = 1.256 €/l

Conducir:

O primeiro é facerse cun bo mapa de estradas. Co obxectivo de non andar con varios mapas, utilizamos o mapa de Europa de Michelín, que xa o temos utilizado noutras viaxes e estamos acostumados a el. As veces resulta interesante ter algún máis dunha zona en concreto cunha escala máis detallada; nós para elo usábamos os mapas das guías. Aparte tiñamos un G.P.S. con mapa de Europa de Viamichelín, sen actualizar dende o 2006, e sen incluír Bélxica e Holanda. Aínda que non é infalible, si serve de gran axuda.

En Francia son moi frecuentes as autopistas de peaxe, moi boas pero caras. O límite máximo nelas é de 130 km/h pero con humidade baixa ata 110 km/h. Hai bastantes radares, uns sinalizados e outros non. Os condutores soen cumprir escrupulosamente cos límites de velocidade.

En Bélxica e Holanda as autopistas son moi numerosas e todas gratuítas. Están limitadas a 120km/h. Soen ter moito tráfico, xa que son zonas moi poboadas.

En Alemaña cómpre destacar que non hai límite de velocidade nalgúns tramos dalgunhas autopistas (todas gratuítas). Aínda así, as veces non é recomendable correr moito nestes tramos se hai mal tempo ou moito tráfico. Hai moitos tramos en obras. Están recomendadas as luces de cruce durante ó día, pero non son obrigatorias.

Nos países escandinavos os límites de velocidade son bastante estritos. Poucos son os tramos de autopista onde permitan circular a 120 km/h. Ademais, é necesario cumprir ó 100% coas normas de circulación, xa que as multas son carísimas, así que se vedes un límite de 60, é de 60, nin máis nin menos. Os radares son moi frecuentes, e moitos deles están sinalizados. Hai algunhas estradas que están en regular estado, sobre todo as das zonas menos poboadas, xa que teñen o firme deteriorado polas quitaneves. Hai que ter moitísimo coidado cos alces (atropelar un alce soe ser mortal, debido ó seu tamaño), e presentes en calquera lugar (excepto Dinamarca), e os renos, máis pequenos pero máis numerosos cos alces, e só nas rexións do norte. Salvo casos excepcionais, como pontes moi longas, non hai que pagar peaxes, agás en Noruega, onde hai peaxes ata para entrar en varias poboacións. En todos os países escandinavos é obrigatorio as luces de cruce todo o día, así que coidado con non acendelas ó empezar andar (aconsello pegar algo no coche para non esquecerse), e coidado con non apagalas ó parar, se non queredes quedar sen batería.

Aparcar:

Para aparcar nas cidades hai dúas opcións: Ou buscar un aparcamento subterráneo (máis cómodo, seguro e caro), ou buscar unha zona de aparcamento público na rúa. Neste último caso, buscar onde aparcar soe ser difícil, perdendo ás veces moito tempo en buscar un sitio libre. Cómpre, ademais, levar cartos soltos para os parquímetros, e controlar o seu límite de tempo. Nalgunhas poboacións dos países nórdicos hai que comprar un disco nun estanco que indica ó tempo de estacionamento.

DESGLOSE DE GASTOS PAGADOS POR DÍA

2 de Xullo: Lugo – Saint Yzans de Médoc

Peaxes: 22.1 €

Comida: 27.2 €

Gasoil: 35 €

Total: 84.3 €

3 de Xullo: Saint Yzans de Médoc – Bricqueville

Ferry a Royan: 28.5 €

Peaxes: 14.7 €

Comida: 8.8 €

Gasoil: 55 €

Aloxamento en Saint Yzans: 57 €

Total: 164 €

4 de Xullo: Bricqueville – Bruxas

Peaxes: 16.5 €

Comida: 14.7 €

Gasoil: 33 €

Aloxamento en Bricqueville: 50 €

Cea: 25 €

Total: 139.2 €

5 de Xullo: Bruxas – Neümunster

Aparcamento: 7.3 €

Gasoil: 32 €

Aloxamento en Bruxas: 120 €

Cea: 20 €

Total: 179.3 €

6 de Xullo: Neümunster – Båstad

Gasoil: 31 €

Aloxamento en Neümunster: 99 €

Ferry: 64 €

Peaxe Ponte Öresund: 395 SEK

Comida: 18 SEK

Total: 194 € + 413 SEK

7 de Xullo: Båstad – Gotemburgo

Aloxamento en Båstad: 650 SEK

Total: 650 SEK

8 de Xullo: Gotemburgo – Estocolmo

Gasoil: 300 SEK

Aloxamento en Estocolmo: 870 SEK

Comida: 110 SEK

Total: 1280 SEK

9 de Xullo: Estocolmo – Älvkarleby

Gasoil: 370 SEK

Aloxamento en Älvkarleby: 510 SEK

Comida: 85 SEK

Aparcamento: 195 SEK

Café: 25 SEK

Total: 1185 SEK

10 de Xullo: Älvkarleby – Byske

Gasoil: 360 SEK

Aloxamento en Byske: 800 SEK

Comida: 186 SEK

Almorzo: 50 SEK

Total: 1396 SEK

11 de Xullo: Byske – Ivalo

Gasoil: 30 €

Aloxamento en Ivalo: 50 €

Comida: 22 €

Recordos: 10 €

Total: 112 €

12 de Xullo: Ivalo – Cabo Norte

Gasoil: 20 €

Aloxamento en Skarsvåg: 485 NOK

Peaxe Illa Magerøya: 192 NOK

Peaxe entrada ó complexo Cabo Norte: 280 NOK

Recordos: 400 NOK

Total: 20 € + 1357 NOK

13 de Xullo: Cabo Norte – Skibotn

Gasoil: 260.2 NOK

Aloxamento en Skibotn: 450 NOK

Peaxe Illa Magerøya: 192 NOK

Comida: 107 NOK

Total: 1009.2 NOK

14 de Xullo: Skibotn – Kabelvåg

Gasoil: 330 + 300 NOK

Aloxamento en Kabelvåg: 460 NOK

Recordos: 110 NOK

Comida: 150 NOK

Total: 1350 NOK

15 de Xullo: Kabelvåg – Jukkasjärvi

Gasoil: 290 SEK

Aloxamento en Jukkasjärvi: 550 SEK

Comida: 229.5 SEK

Total: 1069.5 SEK

16 de Xullo: Jukkasjärvi – Antjärn

Gasoil: 410 SEK

Aloxamento en Antjärn: 425 SEK

Comida: 44 SEK

Total: 879 SEK

17 de Xullo: Antjärn – Strömsnäsbruk

Gasoil: 518 SEK

Aloxamento en Strömsnäsbruk: 500 SEK

Comida: 288 SEK

Total: 1306 SEK

18 de Xullo: Strömsnäsbruk – Bergen

Gasoil: 45 €

Ferry: 560 DKK

Peaxe Ponte Öresund: 395 SEK

Cea: 24 €

Total: 395 SEK + 560 DKK + 69 €

19 de Xullo: Bergen – Titisee

Aloxamento en Bergen: 78 €

Cea: 12 €

Total: 90 €

20 de Xullo: Titisee – Titisee

Gasoil: 35 €

Comida: 17 €

Cea: 30 €

Total: 82 €

21 de Xullo: Titisee – Oradour Sur Glane

Gasoil: 52.8 €

Peaxes: 14.8 €

Aloxamento en Titisee: 270 €

Comida: 28 €

Total: 365.6 €

22 de Xullo: Oradour Sur Glane – San Vicente de la Barquera

Gasoil:  40 €

Peaxes: 15.3 €

Aloxamento en Oradour: 50 €

Comida: 8 €

Cea: 42 €

Total: 155.3 €

23 de Xullo: San Vicente de la Barquera – Lugo

Gasoil:  25 €

Aloxamento en San Vicente: 85 €

Comida: 23 €

Almorzo: 3 €

Total: 136 €

TOTAL: 1790 € + 8573.5 SEK + 3716.2 NOK + 560 DKK

A 25/7/2009 o cambio de SEK, NOK e DKK a € era o seguinte:

Por 1 €:

· 10.5995 SEK

· 8.8600 NOK

· 7.4447 DKK

Polo que o gasto total foi de 3094.2 € (1547.1 € cada un)

FIN

Se desexades mais información, podedes escribir a cabonorte2009@hotmail.es