Que facer en Lalín

10 cousas polas que recomendo visitar Lalín

Río Arnego polo Concello de Lalín
Río Arnego polo Concello de Lalín

1: Gozar da natureza

Lalín está situado no corazón do territorio galego, no que domina unha paisaxe de fermosos vales cheos de soutos, carballeiras e ríos de augas cristalinas.

Fraga de Catasós Lalin
Fraga de Catasós

Por esta razón, nas terras do Concello de Lalín, temos moitos lugares onde podemos gozar da natureza, ainda que se hai que escoller un par deles serían sen dúbida a Fraga de Catasós, un fermoso bosque autóctono declarado Monumento Nacional, e a Serra do Candán, incluído na Rede Natura 2000.

Tronco dun castiñeiro na Fraga de Catasós
Tronco dun castiñeiro na Fraga de Catasós

Tamén hai lugares fermosos a carón dos ríos. Por exemplo en Ponte Taboada, ao carón do Río Deza, e a Ponte dos Cabalos, nas beiras do Río Arnego.

Grabados serpentiformes nos megalitos de Alperiz
Grabados serpentiformes nos megalitos de Alperiz

2: Coñecer a nosa historia

No Concello de Lalín hai unha morea de lugares onde podemos ver as pegadas que deixaron os nosos antepasados. Se comezamos polo neolítico, en Alperiz temos o Altar do Sol, un lugar onde xacen varios monumentos megalíticos. Na pedra dun dos dólmenes, destacan uns curiosos grabados serpentiformes.

Castro de Doade
Castro de Doade

Da idade do ferro temos unha multitude de castros espallados polo Concello, sendo o de Doade o que foi excavado máis recentemente. Dentro da idade media, podemos contemplar o románico na Igrexa de San Martiño de Lalín de Arriba, así coma as pontes medievais de Ponte Taboada e Ponte dos Cabalos.

Ponte dos Cabalos
Ponte dos Cabalos

Xa no barroco, temos numerosas igrexas espalladas polas terras do Concello de Lalín.

Museo etnográfico da Casa do Patrón
Museo etnográfico da Casa do Patrón

3: Descubrir curiosos museos

Unha cousa que me chamou moito a atención de Lalín é a cantidade de museos, algúns deles ben curiosos. Na vila de Lalín, está o Museo Municipal Ramón Aller, onde podemos ver os obxectos do astrónomo e matemático local Ramón Aller, así como numerosos cadros do pintor, tamén de Lalín, Laxeiro.

Museo da Marioneta no Pazo de Liñares
Museo da Marioneta no Pazo de Liñares

No lugar de Prado, no interior do fermoso Pazo de Liñares, temos nin máis nin menos que tres museos: O da marioneta, o do aviador local Loriga (coñecido por facer o primeiro traxecto Madrid – Filipinas), e o arqueolóxico.

Museo da marioneta, Loriga e arqueolóxico no Pazo de Liñares
Museo da marioneta, Loriga e arqueolóxico no Pazo de Liñares

Outro museo, neste caso etnográfico, é o da Casa do Patrón en Doade, a carón do castro. É un museo completísimo, que ocupa catro casas (unha delas é a reconstrucción dunha vivenda castrexa), onde temos unha completísima colección de obxectos antigos con moitas temáticas (oficios, cociña, escola, gandeiría, etc…).

Museo da Casa do Patrón
Museo da Casa do Patrón

No museo mesmo podemos xantar, xa que tamén se dan comidas por encargo feitas no forno tradicional.

Pazo de Bendoiro
Pazo de Bendoiro

4: Relaxarse nuns aloxamentos con encanto

Hai moitos tipos de aloxamento onde durmir dentro do Concello de Lalín, tanto na vila como no rural.

Hotel Torre do Deza
Hotel Torre do Deza

Desde económicos hostais ate hoteis con spa (como o hotel Torre do Deza), casas de turismo rural ou mesmo pazos, como o Pazo de Bendoiro, tamén con spa.

Pazo de Bendoiro
Pazo de Bendoiro

Sen dúbida, non vai ser nada difícil encontrar o aloxamento máis axeitado aos nosos gustos.

Cocido en Lalín
Cocido en Lalín

5: Degustar a súa famosa gastronomía

Falar de Lalín é falar do cocido. E podo asegurar que é o sitio onde mellor se fai.

A gastronomía de Lalín
A gastronomía de Lalín
A gastronomía de Lalín
A gastronomía de Lalín

Mais tamén podo dicir que a gastronomía de Lalín vai moito máis aló, xa que en restaurantes como O Asturiano, Alto da Pena, Fogar de Breogán, Bodegón a Cunca ou a Casa do Patrón, teño probado comida de excelente calidade.

Sobremesas
Sobremesas
En Lalín, tamén hai lugar para os vexetarianos
En Lalín, tamén hai lugar para os vexetarianos

E onde comer o mellor cocido? Pois en moitos dos restaurantes espallados pola vila e o concello, como por exemplo no Bodegón Currás, Casa Cabanas ou na Casa do Patrón.

Ruta de sendeirismo polo Concello de Lalín
Ruta de sendeirismo polo Concello de Lalín

6: Camiñar polas súas numerosas rutas de sendeirismo

Se queremos gozar da natureza o mellor é botarnos a andar. E en Lalín temos varias rutas de sendeirismo ben sinalizadas, como as que pasan polos montes de Zobra ou por Doade. Ademáis, desde a mesma vila, hai varios quilómetros de paseo a carón do Río Pontiñas.

Castrodeza
Castrodeza

7: Contemplar as últimas correntes arquitectónicas

Así como falamos antes do patrimonio histórico, en Lalín tamén temos onde contemplar obras arquitectónicas contemporáneas ben curiosas.

Monumento a Loriga, na Vila de Lalín
Monumento a Loriga, na Vila de Lalín

O monumento a Loriga, feito na época da Segunda República é un deles.

Interior da Casa do Concello de Lalín
Interior da Casa do Concello de Lalín

Ainda que máis recente e espectacular é o propio edificio do Concello, o coñecido como Castro Tecnolóxico, obra dos arquitectos Mansilla e Tuñón, que destaca sobre todo por estar construído en varias formacións completamente circulares, é dicir, sen esquinas. Hoxe alberga tamén a sede de Castrodeza.

Área de Rodó
Área de Rodo

8: Xantar no medio da natureza en fermosas areas recreativas

Se somos amantes de xantar e pasar o día no campo, polo Concello de Lalín hai dúas boas áreas recreativas.

Área recreativa de Mouriscade
Área recreativa de Mouriscade

A primeira delas é a de Mouriscade, situada a carón dun río, onde temos un muíño e unha ruta de sendeirismo que nos levará ate Doade. Outra área recreativa é a de Rodo, baixo un fermosísimo bosque de frondosas.

Camiño de Santiago en Ponte Taboada
Camiño de Santiago en Ponte Taboada

9: Evadirse nos Camiños de Santiago

Polas terras do concello de Lalín pasan dous Camiños de Santiago: O Camiño Sanabrés e o Camiño de Inverno. Ambos camiños (moi ben sinalizados) son moi recomendables para fuxir da saturación de peregrinos do Camiño Francés, en especial o de Inverno.

Camiño de Inverno por terras de Lalín
Camiño de Inverno por terras de Lalín

Só o Camiño de Inverno pasa polo centro da vila de Lalín, xuntándose co Sanabrés no lugar de Laxe.

Produtos gastronómicos de Lalín
Produtos gastronómicos de Lalín

10: Probar a excepcional calidade dos productos locais

Xa falei antes do ben que se come en Lalín. E iso é sen dúbida pola boa calidade dos productos locais. Aparte de todo o relacionado co porco, tamén hai empresas doutros sectores alimenticios que saben facer as cousas ben.

Produtos locais de Lalín
Produtos locais de Lalín

Embutidos coma a Lalinense, queixos como os de Anzuxao, mel coma a de Zobra, licores como os de Pousa,…son bos exemplos diso.

Produtos locais de Lalín
Produtos locais de Lalín

Algúns deles, podemos compralos no mercado da vila, onde tamén encontraremos outros produtos da terra.

Área recreativa García Sánchez
Área recreativa García Sánchez

Máis información sobre Lalín:

Ruta turística polo Concello de Lalín

Páxina oficial de turismo do Concello de Lalín

5 comentarios sobre “Que facer en Lalín”

  1. Decir que non é o lugar de O Rodó senón O Rodo e os queixos Anzuxao. Polo demais unha moi boa descripción sobre qué facer no concello de Lalín.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.