Palloza en Piornedo

Piornedo de Ancares

O mellor lugar para ver as pallozas nos Ancares

Situada a uns 1300 metros de altitude, aos pés dos cumios da Serra de Ancares, Piornedo é unha aldea onde parece que non pasou o tempo.

Palloza en Piornedo
Palloza en Piornedo

Na aldea de Piornedo, aínda hoxe se poden ver as típicas pallozas, vivendas con teito de palla habitadas ate hai ben pouco tempo por persoas e gando.

Palloza: vivenda tradicional dos Ancares
Palloza: vivenda tradicional dos Ancares

Algunha de estas pallozas pódese visitar, algo que sen dúbida recomendo facer. A que visitamos nós a última vez que estivemos en Piornedo só custa 1 euro por persoa.

Palloza - museo en Piornedo
Palloza – museo en Piornedo

Piornedo é tamén un bo lugar para gozar da montaña, xa que desde aquí se pode facer algunha ruta de sendeirismo coma a coñecida ascensión ao Pico Mustallar (11.4 km ida e volta nunhas 5 horas e 832 metros de desnivel positivo).

Piornedo é un lugar excepcional para o sendeirismo
Piornedo é un lugar excepcional para o sendeirismo

Tamén é un bo lugar para os que nos gusta a bici. Se levamos unha bici de estrada, recomendo subir desde Piornedo ate Porto Ancares, que foi final de etapa na Vuelta no ano 2012. Nós subimos ese porto nese mesmo ano nas nosas bicis de montaña.

Subida a Porto Ancares
Subida a Porto Ancares

E se preferimos a bici de montaña, nestes montes tamén hai boas rutas.

En bici polos arredores de Piornedo
En bici polos arredores de Piornedo
Subida aos Tres Bispos no 2012
Subida aos Tres Bispos no 2012

Tamén é un bo lugar para ir con nenos, xa que hai moitos animais e contacto coa natureza,

Piornedo é un bo lugar para ir con nenos
Piornedo é un bo lugar para ir con nenos

Aínda que Piornedo é unha aldea ben fermosa, pódese ver tamén algún feismo. Agardamos que co tempo se vaian solucionando.

Feismo en Piornedo
Feismo en Piornedo

Estes feismos son, afortunadamente, moi escasos aquí, así que Piornedo segue a ser un dos imprescindibles da Nosa Terra.

Piornedo
Piornedo
Piornedo
Piornedo
Piornedo
Piornedo

Polo tanto, paga a pena vir ate aquí, aínda que teñamos que pasar case unha hora por unha estreita estrada chea de curvas.

Teixo na entrada de Piornedo
Teixo na entrada de Piornedo

Ademais, tamén recomendo visitar lugares preto de aquí coma o antigo glaciar de Os Tres Bispos, o Castelo de Doiras, a localidade de Navia de Suarna ou a aldea de Balouta.

Os Tres Bispos
Os Tres Bispos
Castelo de Doiras
Castelo de Doiras
Navia de Suarna
Navia de Suarna

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.