Fin de semana na SELVA DE IRATI

 

A Selva de Irati é un inmenso bosque de mais de 17.ooo Ha  situado principalmente nos vales de Salazar e Aezkoa, no Pirineo Navarro, aínda que se extende tamén pola cara norte dos Pirineos, en terras baixo administración francesa. Este bosque ten un valor ecolóxico e paisaxístico enorme, xa que se considera a maior masa de bosque mixto de faia (Fagus sylvatica) e abeto blanco (Abies alba) de Europa. Nós escollimos para visitar este entorno este fin de semana de mediados do mes de Outubro, xa que a cor das faias no outono(de folla caduca) contrastan co verde intenso dos abetais, polo que a paisaxe resulta moi fermosa.

 

Rio Urisuria

 

Interior dun faial
Interior dun faial

 

Sendeiro en Irati
Sendeiro en Irati

Polo interior do bosque hai moitísimas rutas de sendeirismo e todas moi ben sinalizadas. Nós fixemos catro, que son as que nos pareceron máis interesantes e que recomendamos: Camino vello á koixta ( NA 69, 5.5km), Camino vello á Casas de Irati (NA 60A, 5.4km), Os Paraísos – Erlan ( NA 54C, 4,6km) e Bosque de Ursario (NA 57B, 6.7km), todas elas de pouca dificultade, xa que non superan os 300m de desnivel. Nas oficinas de información do parque ofrecen un mapa das rutas con moi boa información, previo pago de 2€ (cousa que non me gustou, xa que en moitos parques esta información é gratuita).

 

Río de montaña. Irati
Río de montaña. Irati

O accidentado relevo da zona, fai que sexan habituais estes ríos estacionais de montaña.

 

Bosquete de abetos entre as faias
Bosquete de abetos entre as faias

Nesta foto se pode observar un pequeno bosquete de abetos dentro do bosque mixto.

 

Cabalos no Bosque de Ursario. Selva de Irati
Cabalos no Bosque de Ursario. Selva de Irati

Nas zonas máis altas, a presenza de gando é notable, como estes cabalos no Bosque de Ursario…

 

Proximidades do Refuxio de Azpegi
Proximidades do Refuxio de Azpegi

… e estas cabras nas proximidades do Refuxio de Azpegi.

 

Ermita de Nosa Señora das Neves. Irati
Ermita de Nosa Señora das Neves. Irati

En pleno corazón de Selva de Irati, está a pequena e fermosa ermita de Nosa Señora das Neves. Aquí comezan e rematan entre outras, as rutas NA 69 e  Na60A respectivamente.

 

Subida ó Porto de Larrau
Subida ó Porto de Larrau

Entre as vertentes norte e sur do Pirineo, temos entre outros o Porto de Larrau, moi coñecido pola súa dificultade para ós ciclistas, especialmente na vertiente francesa.

 

Paisaxe karstico en Larra
Paisaxe karstico en Larra

e nas proximidades do Porto de la Pierre St Martin, con arredor de 1800m de altitude, pódese admirar o impresionante paisaxe kárstico de Larra, sempre que non haxa moita névoa, como neste caso. Aquí pódense observar varios exemplares de piñeiro negro (Pinus uncinata)

 

Mojón fronteirizo 212, e ó fondo, un monumento megalítico
Mojón fronteirizo 212, e ó fondo, un monumento megalítico

 No Porto de Orgambidé, tamén froiteirizo, podemos observar aparte dun “mojón” que serve para delimitar con claridade a “raia” da fronteira, algún monumento megalítico, bastante frecuentes nesta zona.

 

Vertente francesa do Porto de Orgambidé
Vertente francesa do Porto de Orgambidé

 

Praciña en Larrau
Praciña en Larrau

Como complemento á visita á Selva de Irati, pódese aproveitar para visitar fermosísimas poboacións como Orreaga,  Ochagavía (da que non subo fotos xa que desta vez a visitamos de noite) ou Larrau, Sainte Engracie ou Saint Jean Pied de Port, éstes tres xa baixo administración francesa.

 

Igrexa do século XI en Ste Engrace
Igrexa do século XI en Ste Engrace

 En Ste Engrace, destaca a súa antiga e fermosa igrexa do século XI, xunto a un curioso cemiterio.

 

Rúa en St Jean Pied de Port
Rúa en St Jean Pied de Port

E rematamos a viaxe na fermosísima localidade de St Jean Pied de Port, onde xa estiveramos fai uns anos, e que aproveitamos para voltar a visitar. Para min, un dos pobos mais bonitos dos Pirineos.

 

St Jean Pied de Port
St Jean Pied de Port

Outra imaxe de St Jean Pied de Port

Respecto o aloxamento, na zona hai moitísimas posibilidades, ainda que o maís abundante e recomendable son os distintos aloxamentos rurais. Desta vez escollimos a Posada Sarigarri, de 58 € noite en temporada alta, almorzo aparte (7€). A nós gustounos moito esta casa, o trato dos propietarios foi formidable e a cea (18€) foi excelente por calidade e cantidade: http://www.toprural.com/hotel-rural/posada-sarigarri_f-es-31-8264.htm#cappre

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *