OS PUBS DE IRLANDA

Cousas que debes saber cando entres nun pub en Irlanda

Tomando unha Guinness nun pub escoitando música en directo
Tomando unha Guinness nun pub escoitando música en directo

Por que hai que ir aos pubs en Irlanda?

Os pubs son visita obrigada cando se viaxa a este país, ao ser o lugar onde están gran parte dos irlandeses, de todas as idades, no seu tempo libre. Sen dúbida son o sitio ideal para tomar contacto coa xente local e de coñecer a súa forma de vida, polo que non tería sentido unha viaxe a Irlanda se non entramos nun pub.

Pub nunha pequena localidade irlandesa
Pub nunha pequena localidade irlandesa

Cales son os mellores?

Mellor buscar pubs sen turistas. Se estamos en Dublín, eu recomendo fuxir dos grandes pubs da zona do Temple Bar, no centro da cidade, que aparte de ser máis caros, hai máis xente de outros países que irlandeses. Por esta razón, tanto en Dublín como en outras localidades turísticas, o mellor é distanciarse un pouco do centro e buscar locais máis auténticos.

Pub The Temple Bar, Dublín
Pub The Temple Bar, Dublín

Personalmente, eu gosto moito dos pubs das localidades máis pequenas do país, onde se coñece todo o mundo e un foráneo non pasa en absoluto desapercibido. Nestes casos, coa axuda dunhas pintas e un pouco de habilidade social, é probable que en pouco tempo estemos falando coa xente, e mesmo non sería raro que nos convidasen a unha ronda.

Alcohol de distintas graduacións nun pub
Alcohol de distintas graduacións nun pub

Que se pode tomar?

Ainda que tamén é habitual a venta de bebidas alcohólicas de elevada graduación como o whisky, o máis común é tomar cervexas. Hai cervexas de varias marcas e tipos, e case todas se poden tomar de presión. Poden ser rubias (blonde) ou negras, onde a máis coñecida é sen dúbida a Guinness, moi demandada pola sociedade irlandesa.

O que custan un par de pintas no Temple Bar
O que custan un par de pintas no Temple Bar

Canto costa unha pinta de Guinness?

Unha pinta (aproximadamente 600ml) de Guinness soe andar en torno aos 4 euros nun pub non turístico e subir ate case os 6 euros nun local como o mítico Temple Bar. O resto das cervexas de presión soen ter un prezo similar. As bebidas alcohólicas de maior graduación son ainda máis caras, e a cantidade que botan nestes lugares nunha copa é ridícula se as comparamos coas de aquí. Por certo, é habitual pagar ao pedir a consumición.

Música en directo nun pub
Música en directo nun pub

Hai sempre música en directo?

É moi común escoitar nos pubs irlandeses música en directo. Nos pubs turísticos é sen dúbida máis habitual, pero soen ser actuacións bastantes formais. De novo, eu recomendo buscar locais máis auténticos, onde a música en directo a menudo é so en fins de semana e vacacións, pero que nos farán sentir como se estivesemos en familia.

Nalgúns pubs dan tamén comidas
Nalgúns pubs dan tamén comidas

Cal é o horario habitual?

O horario de apertura depende do local, especialmente se dan tamén comidas. O de feche soe ser sobre a medianoite, ainda que nas fins de semana pode prolongarse ate como moito a unha da mañá. Na zona do Temple Bar de Dublín os pubs fechan máis tarde, polo que neste caso soen ser unha boa opción para os que nos gusta alongar a noite.

Unha Guinness nun pub
Unha Guinness nun pub

Espero que esto vos sirva de axuda para visitar os pubs de Irlanda e coñecer a auténtica sociedade irlandesa. E como é habitual neste blog, se queredes engadir algunha recomendación, tendes algunha dúbida ou queredes comentar algunha experiencia vosa, non dubidedes en poñer un comentario.

Entradas relacionadas:

O Mellor de Irlanda: 10 cousas imprescindibles deste país

Guía práctica para viaxar polo Reino Unido e Irlanda

Viaxe a Escocia e Irlanda en coche

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *