Sureste de Francia e Mónaco

Esta viaxe realizámola nas vacacións de Semana Santa do 2009, percorrendo o sureste de Francia, concretamante pola rexión de Provenza e Costa Azul, así coma a visita ó minúsculo (en superficie) Principado de Mónaco. Penso que é unha viaxe bastante recomendable, e que se pode facer en relativamente pouco tempo (uns 6-7 días mínimo incluído ida e volta en coche) e con poucos cartos se seguides os meus consellos.

Cap Ferrat. Costa Azul
Cap Ferrat. Costa Azul

Ésta é unha imaxe do Mediterráneo na Costa Azul, concretamente en Cap Ferrat, a escasos 5km de Niza. Todas esas árbores que temos en primeiro plano son un anaco do xardín dunha casa!

Eze
Eze. Costa Azul

A costa azul non só ten poblacións cheas de ostentación e chalés de luxo, senón que tamén podemos atopar “village” mais tranquilas como ésta: Eze.

 

St Paul du Vence
St Paul du Vence. Costa Azul

 Outro lugar tranquilo: St Paul du Vence. Foi un lugar moi concurrido por pintores importantes como Picasso, Matisse, etc… por iso na actualidade está plagado de galerías de arte.

Gourdon
Gourdon. Costa Azul

 E outro sitio tranquilo (que se agradece nesta zona, chea de turistas!), a bonita aldea de Gourdon. É recomendable visitala, xa que ten poucos turistas (non soe vir nas guías), está moi ben conservada e ten unhas vistas espectaculares de toda a costa (dende alí, podes ver ata a illa de Córcega se o día está despexado!).

Outra imaxe de Gourdon
Outra imaxe de Gourdon

 Outra imaxe da aldea de Gourdon. O gato xa da sensación de tranquilidade…

Falecidos das guerras mundiais
Falecidos das guerras mundiais. Gourdon

 Como curiosidade, en todos os viaxes que teño feito por Francia, chámame a atención os recordatorios que teñen en prácticamente todos lugares dos seus mortos nas guerras mundiais. Ditos recordatorios consisten polo xeral nunha especie de monumento coma a da foto, co nome dos falecidos e o ano da defunción, polo xeral os da 1ª guerra (sempre moitísimo mais numerosos) separados dos da 2ª guerra. Nesta foto son as do pobo anterior (que eu penso que non chega nin os 100 habitantes) e xa ten 7 mortos na 1ª guerra e un na 2ª.

Falecidos na batalla da liberación. Gourdon
Falecidos na batalla da liberación. Gourdon

 E incluso as hai de só unha batalla, como ésta das vítimas do lugar entre o 21 e 22 de agosto (na batalla da liberación da 2ªguerra mundial, xa que o 6 de xuño foi o desembarco de Normandía e o 25 de agosto liberaron París).

Porto de Mónaco
Porto de Mónaco

 Agora un pouco de luxo propio da zona. Ésto non é nin mais nin menos que Mónaco. En primeiro plano o porto (menudas gamelas!) e atrás o Palacio dos Grimaldi (estará por alí o Albertito, Carolina…).

Vista xeral de Mónaco
Vista xeral de Mónaco

Unha vista xeral de Mónaco. Non ten nada, só edifícios…

Gran Casino. Mónaco
Gran Casino. Mónaco

Éste é o famoso Gran Casino.

Ferrari frente o Gran Casino. Mónaco
Ferrari frente o Gran Casino. Mónaco

Algún dos modelos (de coches,claro) bastantes frecuentes no Principado.

Polo túnel da Fórmula 1. Mónaco
Polo túnel da Fórmula 1. Mónaco

O túnel da Formula 1. E xa está, Mónaco non da para mais!.

St Tropez
St Tropez. Costa Azul

Ésta é unha imaxe do bonito pobo de St Tropez, posto de moda pola belísima actriz Brigitte Bardot, que veraneaba neste lugar.

Iate en St Tropez. Costa Azul
Iate en St Tropez. Costa Azul

St Tropez está cheo, aparte de turistas, de grandes iates como éste. ¿Cántos millóns de euros valerá éste?.

Costa Azul entre St Tropez e Cannes
Costa Azul entre St Tropez e Cannes

Ésta é outra imaxe da Costa Azul, entre St Tropez e Cannes.

Pont du Gard. Provenza
Pont du Gard. Provenza

Ésta é a Pont du Gard, xa na rexión da Provenza. Din que é o acueducto mais grande do mundo. É o que está no billete de 5 euros.

Pont du Gard. Provenza
Pont du Gard. Provenza

Outra imaxe da Pont du Gard.

Árbores ó carón da estrada
Árbores ó carón da estrada

Ésta é unha imaxe dunha típica carretera secundaria francesa. Os árbores na cuneta non son moito mais seguros cos gardarraís de aquí! Como te salgas da estrada…

Carcassone. Provenza
Carcassone. Provenza

Tamén na Provenza, pretiño de Cataluña, está esta fermosísima cidade amurallada chamada Carcassone. É imprescindible parar.

Penso que é unha viaxe bastante recomendable, e pódese facer de maneira económica se buscades un bo aloxamento con cociña, como poden ser as casas de turismo rural francesas (ou gites de france), que as hai bastante económicas e de boa calidade. Nós quedamos nunha que está bastante preto da costa e das cidades de Niza, Mónaco e St Tropez, costaba 58 euros noite incluído o almorzo, e tiña cociña (importante de cara a aforrar cartos, xa que podes facer unha boa cena na casa mercando a comida nun supermercado), ademais Dominique, a propietaria, era moi amable, atenta e falaba español. http://www.toprural.com/casa-rural-habitaciones/villa-thocha_f-fr-eb-27897.htm

 

0 pensamientos sobre “Sureste de Francia e Mónaco”

  1. Gourdon aparece en la película “To catch a thief” de 1955 dirigida por Alfred Hitchcock y protagonizada por Cary Grant y Grace Kelly. Película recomendable por cierto.

    Un saludiño desde Vigo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *