A Lagoa de Cospeito

Guía da visita a unha das lagoas máis famosas da Terra Chá

Lagoa de cospeito, lugo, terra cha

Nas chairas do centro da provincia de Lugo, en plena Terra Chá, podemos gozar dun espazo natural que é un auténtico paraíso para os amantes das paisaxes e da natureza, e en especial as aves: A Lagoa de Cospeito.

Situación da Lagoa de Cospeito
Situación da Lagoa de Cospeito

É, ademáis, un lugar único para pasear e relaxarse, xa que se pode percorrer todo ao seu redor por un bonito sendeiro.

A Lagoa de Cospeito, Lugo, terra cha
A Lagoa de Cospeito

A LAGOA DE COSPEITO

A lagoa tivo considerables dimensións no pasado, e foi desecada posteriormente para conseguir terras de uso agrícola. Mais grazas as labores de restauración levadas hai case 20 anos, temos hoxe en día unha lagoa de considerables dimensións, que alberga no seu interior unha boa mostra de fauna e flora relacionada cos medios lacustres.

Sendeiro ao redor da Lagoa de Cospeito
Sendeiro ao redor da Lagoa de Cospeito

O SENDEIRO AO REDOR DA LAGOA

Xa sexa para descobrir a fauna e flora da Lagoa de Cospeito, para contemplar a paisaxe, ou simplemente dar un paseo, podemos percorrer todo o perímetro da lagoa por un sendeiro tan ben sinalizado que é imposible perderse.

Sendeiro ao redor da Lagoa de Cospeito
Sendeiro ao redor da Lagoa de Cospeito

Ademáis, dito sendeiro é completamente chan, polo que é apto para nenos e persoas maiores.

Sendeiro ao redor da Lagoa de Cospeito
Sendeiro ao redor da Lagoa de Cospeito

O sendeiro ten unha lonxitude de aproximadamente 3,5 km, está rodeado de vexetación, e dispón de varias casetas de observación para contemplar a paisaxe lacustre.

caseta de observacion de aves, lagoa de cospeito, terra cha
Nestas casetas podemos observar as aves

AS AVES

Unha das principais razóns para visitar a Lagoa de Cospeito é a contemplación de aves. A lagoa, é un bo lugar para especies ligadas a hábitats acuáticos (ánades, garzas,…), así coma aves migratorias.

observatorio de aves
A Lagoa de Cospeito é un perfecto observatorio de aves

Para observalas, temos cinco casetas repartidas ao redor da lagoa, ocultas entre a vexetación, onde podemos sentarnos e ver as aves con calma. Recomendo, como non, levar uns bos prismáticos.

Caseta de observación e miradoiro
Caseta de observación e miradoiro

COMO CHEGAR

A Lagoa de Cospeito está a só 25 km da cidade de Lugo, e a apenas uns metros do centro de Feira do Monte, capital do Concello de Cospeito. Para chegar desde a autoestrada A6, tomaremos a saída de Rábade e seguiremos en dirección Cospeito pola LU-444 ate chegar a Feira do Monte.

Cómo chegar á Lagoa de Cospeito
Cómo chegar á Lagoa de Cospeito

Nesta localidade, irémonos fixando nos indicadores (o primeiro deles desviaranos por un cruce á esquerda), que nos levarán ate o aparcamento principal da lagoa, xusto ao carón do centro de información. Neste lugar, podemos optar por ascender ate o primeiro dos miradoiros, ou facer o sendeiro circular que rodea á lagoa.

Centro de información da Lagoa de Cospeito
Centro de información da Lagoa de Cospeito

Pois ate aquí a guía da visita á Lagoa de Cospeito. Se tedes algunha pregunta máis ou queredes deixar algún consello máis non dubidedes en escribir un comentario.

Sendeiro pola Lagoa de Cospeito
Sendeiro pola Lagoa de Cospeito

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *