Guía da visita ás Illas Berlengas

Si prefieres leer esta entrada en castellano pincha en este enlace
Por que visitar as Illas Berlengas
As Illas Berlengas son un auténtico paraíso para os amantes da natureza e as paisaxes costeiras. Hai unha gran variedade de aves asociadas a este hábitat, nun entorno espectacular.

Onde están as Illas Berlengas
A uns 10 km da costa de Peniche (centro de Portugal)

Como chegar
Saen barcos desde o porto da localidade de Peniche. Non os hai en tempada baixa ou cando as condicións meteorolóxicas son malas. En tempada alta compre reservar o billete, xa que as prazas son limitadas.

Canto costa
A nós un billete de adulto de ida e volta (2026) costou 25€, e o neno 17€.

Que facer nas Illas Berlengas
Unha vez nas illas, pódese dar un paseo en barco pola costa leste da illa (contrátase na empresa do barco que te leva á illa, e costa 10€ persoa). Tamén se pode visitar o forte da illa (Forte de San Xoan Bautista) e mesmo dar un paseo andando rodeando a illa. Todo isto se pode facer nunhas 4 horas. Se non queremos andar, no porto da illa hai un restaurante e un bar.




Paga a pena visitar as Illas Berlengas?
Sem dúbida si, sempre e cando nos guste gozar das paisaxes costeiras e da natureza.

E se tedes algunha dúbida, ou se queredes deixar algún consello máis, non dubidedes escribir un comentario.




Un comentario sobre “AS ILLAS BERLENGAS”