Torre Avala

Viaxe a Serbia

Diario da viaxe dunha semana a Serbia por libre.

Torre Avala
Torre Avala

Si prefieres leer esta entrada en castellano pincha en este enlace

Ainda que unha semana é moi pouco tempo para visitar este país, para nós foi unha excelente toma de contacto. Neste post conto como foi esta curta mais interesante viaxe, así como tamén algunhas recomendacións e os gastos da mesma.

Río Danubio e Sava en Belgrado
Río Danubio e Sava en Belgrado

Día 1: Porto – Belgrado

Saímos de Porto no voo directo a Belgrado. No momento da nosa viaxe (verán de 2025), había dous voos directos de Porto a Belgrado á semana. Chegamos a Belgrado xa á medianoite, en medio dunha onda de calor onde se superaban os 30 grados a esa hora da noite. Como tiñamos reservado un taxi ao hotel, xa fomos directos ao mesmo.

Igrexa ortodoxa de San Sava
Igrexa ortodoxa de San Sava

Día 2: Belgrado

Belgrado é unha cidade que ben merece un par de días para vela. No noso primeiro día nela, fomos visitar o que probablemte sexa o edificio máis fermoso da cidade: a igrexa ortodoxa de San Sava. Tamén aproveitamos para visitar a parte do Forte de Belgrado, onde hai fermosas vistas ao Danubio e ao río Sava. Unha das cousas que máis nos está sorprendendo de Belgrado é que todo o transporte público é gratuito, xa sexan os buses, tranvías ou trolebuses.

Museo da Iugoslavia
Museo da Iugoslavia

Día 3: Belgrado

No segundo día nesta cidade visitamos o Museo de Ciencia e Tecnoloxía, así outro dos imprescindibles en Belgrado: O Museo de Iugoslavia. Nel, pódese ver o mausoleo de Tito, así coma unha enorme exposición cos distintos agasallos que lle deron os diferentes líderes mundiais.

Río Danubio preto de Donji Milanovac
Río Danubio preto de Donji Milanovac

Día 4 : Belgrado – Donji Milanovac

Penso que dous días son suficientes para ver Belgrado, así que no noso terceiro día en Serbia decidimos alugar un coche no aeroporto e tomar rumbo ao Danubio. Chegamos á localidade de Donji Milanovac, onde reservamos un apartamento con vistas ao Danubio, xusto na fronteira con Romanía.

Lepenski Vir
Lepenski Vir

Día 5: Donji Milanovac

Desde Donji Milanovac, seguimos á beira do Danubio cara o norte para ver un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes da prehistoria, Lepenski Vir, da época entre mesolítico e neolítico, duns 8000 anos. Tamén visitamos o Forte de Galubac, un imponente castelo ás beiras do Danubio.

Forte de Galubac
Forte de Galubac

Día 6: Donji Milanovac

No día de hoxe, continuamos polo Danubio mais desta vez, cara o sur. Fomos ata a cidade de Kladovo, para ver o que queda da antiga ponte romana de Trajano, que cruzaba o Danubio ate Severin (hoxe en Romanía).

Estatua de Decéfalo no Danubio
Estatua de Decéfalo no Danubio

A pouca distancia, está o templo, tamén romano, de Diana, do que só quedan ruinas. De volta a Donji Milanovac, pódese ver na outra beira do Danubio a enorme estatua do Rei Dacio Decéfalo, unha das mellores vistas do lugar.

Asentamento romano de  Viminacium
Asentamento romano de Viminacium

Día 7: Donji Milanovac – Surcin

Deixamos Donji Milanovac para ir a Surcin, unha cidade preto do aeroporto de Belgrado. Aproveitamos o camiño ata Surcin para visitar, primeiro, o asentamento romano de Viminacium, e despois, a Torre Avala, con espectaculares vistas aos arredores de Belgrado.

Torre Avala
Torre Avala

Día 8: Surcin – Porto

No último día en Serbia, pouco máis que devolver o coche de aluguer e voltar para o aeroporto. Nunhas tres horas, cun voo directo, estabamos de volta en Porto

En coche por Serbia
En coche por Serbia

Gastos

A continuación, comparto aquí os aloxamentos, algúns gastos e o custe final da viaxe, tendo en conta que inclúe absolutamente todo (billete de avión, aloxamentos, comida, entradas, coche de aluguer,…) para dous adultos e un neno de 7 anos.

Apartamento en Donji Milanovac
Apartamento en Donji Milanovac

Aloxamentos:

  • Central Point Belgrado (Belgrado): 142,47€ 3 noites (47,49€ noite)
  • Apartament Danubius (Donji Milanovac): 159€ 3 noites (53 € noite)
  • Kimmy Hotel (Surcin): 83,35 1 noite

Outros gastos:

  • Billetes de avión (3): 973,99€
  • Cea (Il Pomodoro, Belgrado): 3470 DN (29,49€)
  • Entrada Museo Iugoslavia: 1200 DN (10,2€)
  • Coche aluguer: 233 €
  • Entrada Lepenski Vir: 1200 DN (10,2€)
  • Entrada Torre avala: 800 DN (6,8€)
  • Cea (Pizzeria Ramazzotti, Surcin): 3580 DN (30,43€)

Gasto total da viaxe, 2372,15€ en 8 días (790,72€ persoa).

Así foi a nosa viaxe a Serbia. E, como é habitual neste blogue, se tedes algunha dúbida ou se queredes deixar algún consello máis, non dubidedes en escribir un comentario.

Un comentario sobre “Viaxe a Serbia”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.