A Oslo en caravana

DE COMPOSTELA A OSLO EN CARAVANA

Diario dunha viaxe desde Compostela a Oslo en caravana

A Oslo en caravana
A Oslo en caravana

Compartín aquí varias viaxes aos países nórdicos en coche (Cabo Norte, Fiordos Noruegos, Suecia,…), cos seus correspondentes diarios de viaxe, así como consellos para conducir por eses países. Agora, publico unha viaxe aos Países Escandinavos algo diferente xa que, ao igual que os últimos catro veráns, utilizamos a nosa caravana.

Cruzando Francia en caravana
Cruzando Francia en caravana

Coma de costume, falarei primero da viaxe e a ruta, e rematarei con consellos e o custe total da viaxe. Comezamos!

Camping nos Países Baixos
Camping nos Países Baixos

O inicio da viaxe: De compostela aos Países Baixos

Saímos desde Compostela cara Francia, facendo unha parada polo camiño para pasar a noite na localidade de Cabuérniga (Cantabria). Despois de cruzar a fronteira de Irún, decidimos parar outra noite en Urt, nun cámping que xa estivemos o ano pasado de camiño aos Alpes Italianos. Ao seguinte día, continuamos unha boa tirada de kms até Nouâtre, xa ben entrados no centro de Francia.

Aparcamento para caravanas nas áreas de servizo
Aparcamento para caravanas nas áreas de servizo

Neste lugar, decidimos estar un par de noites para descansar algo dos días anteriores, tendo en conta que viaxamos cun neno de 8 anos. Neste lugar, moi preto dos turísticos castelos do Río Loire (que xa visitamos no 2010), decidimos ver o Museo Maurice Dufresne, onde hai unha interesante colección de distintos tipos de maquinaria antiga, que vai desde unha guillotina móbil usada durante a Revolución francesa, até unha máquina trilladora de gran movida por un cabalo a galope.

Museo Maurice Dufresne
Museo Maurice Dufresne

Ao día seguinte seguimos cara ao Norte, pasando París polo terrible tráfico do Periferique e, tras facer unha parada en Peronne (onde xa estivemos no 2022), pasamos Bélxica e chegamos á cidade de Eindhoven, nos Países Baixos. Nesta cidade, tendo en conta a nosa afición ao mundo da automoción, visitamos o Museo DAF, da coñecida marca de camións e turismos fundada nesta cidade.

Skagen, Dinamarca
Skagen, Dinamarca

Seguindo cara o norte: Alemaña e Dinamarca

Coma o noso obxectivo era chegar aos Países Nórdicos, pouco tempo lle dedicamos a Alemaña na viaxe de ida. Só unha parada para facer noite pouco despois de Bremen.

Lago preto de Bremen
Lago preto de Bremen

Ao día seguinte paramos un par de días en Tinglev, pouco despois de cruzar fronteira danesa. Aquí visitamos o campo de traballo de Froslevlejrens, utilizado polos alemáns durante a ocupación danesa da Segunda Guerra Mundial.

Tamén visitamos a localidade costeira de Aabenraa e, no lado da costa Atlántica, a Illa de Romo, onde aínda fican tamén ruinas de búnkeres alemáns.

Batería de canóns da Segunda Guerra Mundial en Frederickshavn
Batería de canóns da Segunda Guerra Mundial en Frederickshavn

Dinamarca non é un país moi grande, e cruzalo de Norte a Sur faise en apenas unhas horas. Ademais, xa non ten ese tráfico tan intenso das Autobahn alemanas.

Skagen (Dinamarca), onde se xunta o Báltico e o Atlántico
Skagen (Dinamarca), onde se xunta o Báltico e o Atlántico

Pasamos outro par de días no Norte e, aínda que xa estivemos no 2017, fomos ata o Skagen, onde se xuntan os dous mares (Báltico e Atlántico). Sen dúbida un lugar moi especial. Tamén visitamos sitios da costa atlántica, así coma a batería de canóns de Frederikshavn.

Lago na taiga sueca
Lago na taiga sueca

Primeiros días en Suecia e chegada a Noruega

Para ir a Suecia montamos no ferry de Frederikshavn a Gotemburgo, que dura unhas catro horas.

Entrando en Gotemburgo no ferry
Entrando en Gotemburgo no ferry

Como Gotemburgo é unha cidade que xa coñecemos doutras viaxes continuamos ata Trollhättan, onde paramos outros dous días. E paga a pena, xa que Trollhättan é unha tranquila pequena cidade sueca con un canal onde se pode ver como pasan os barcos polas esclusas. Tamén foi o lugar onde empezou a fábrica de coches sueca SAAB, onde visitamos o museo desta desaparecida marca de automóbiles inspirados na aviación.

En bici pola taiga en Arjäng
En bici pola taiga en Arjäng

A seguinte parada foi en Arjäng, nun cámping preto dun lago rodeado de bosques da taiga. Un fermoso lugar onde gozar da natureza durante tres días. Aquí, fixemos rutas de sendeirismo e de bicicleta pola taiga. Ademais, fomos até un interesante cemiterio de automóbiles que leva abandonado durante máis de 30 anos.

Cemiterio de coches abandonado na taiga
Cemiterio de coches abandonado na taiga

Ver como a natureza se xuntou con estos vehículos fai deste lugar único, o que fai que veña até aquí xente desde lugares moi remotos, sobre todo aficionados aos coches, fotografía ou mesmo ornitoloxía.

Tyrifjorden, Noruega
Tyrifjorden, Noruega

Arjäng está a pouca distancia da fronteira noruega, polo que non tivemos que facer moitos km para chegar ao noso seguinte destino: Krokkleiva, á beira do Lago Tyrifjorden. Escollimos este lugar pola súa tranquilidade (pasamos por aquí no 2011) e pola súa proximidade a Oslo.

Oslo
Oslo

De feito, un dos tres días que estivemos aquí foi para coñecer a capital noruega. Nesta cidade visitamos o Museo Flam, así como o Museo Nacional, ademais de dar un paseo polo centro urbán.

Kongens Utsikt, Noruega
Kongens Utsikt, Noruega

Os outros días fixemos unha excursión até o miradoiro Kongens Utsikt, e fomos a localidade de Horten, para ver, sobre todo, o interior do submarino da guerra fría que teñen exposto no museo marítimo.

Submarino en Horten (Noruega)
Submarino en Horten (Noruega)
Illa de Utoya
Illa de Utoya

O Lago Tyrifjorden foi un bo lugar para pasar estes días en Noruega, por ser un sitio ben tranquilo e bonito, aínda que baixo a sombra dos terribles atentados do 2011 da Illa de Utoya (o noso cámping estaba xusto en frente desta illa).

Hoherodskopf (Alemania)
Hoherodskopf (Alemania)

Ultimos días en Suecia e volta a Alemania

Comezamos a volta cara ao Sur pola costa, cruzando Oslo de novo e despois pola costa sueca. Paramos en Lidköping unha noite para visitar a uns amigos e despois seguimos cara Karlsborg.

DC3 usado na Segunda Guerra Mundial en Karlsborg (Suecia)
DC3 usado na Segunda Guerra Mundial en Karlsborg (Suecia)

Continuando ao Sur, paramos dúas noites en Knäred, un tranquilo lugar preto da costa do Sur de Suecia. De volta á Alemania,desta vez decidimos utilizar a Ponte do Oresund para entrar en Dinamarca, e despois o ferry de Rodby a Puttgarden.

Ponte do Oresund entre Dinamarca e Suecia
Ponte do Oresund entre Dinamarca e Suecia

A primeira noite en Alemania pasámola preto de Puttgarden, en Burg auf Fehmarn, onde só pasamos unha noite debido a saturación de turismo nesta zona. Aínda así, pudimos ver o interior do submarino U-boot de Fehmarn.

Submarino U-boot en Fehmarn
Submarino U-boot en Fehmarn

A nosa seguinte parada alemana foi Wolfsburgo. Aquí foi a orixe da Volkswagen e, como aficionados ao mundo da automoción, pasamos o día visitando a Autostadt, a Cidade do Automóbil, todo un centro de actividades relacionado con esta marca.

Autostadt en Wolfsburgo
Autostadt en Wolfsburgo

Ademáis, e fóra do Autostadt, está o Museo Volkswagen, como complemento do anterior. Seguimos a cruzar o país facendo unha parada en Gross – Eichen, non moi lonxe de Frankfurt, de camiño a Francia.

Brantôme, Francia
Brantôme, Francia

Francia e volta a Compostela

E aínda que a nosa seguinte parada é en Francia, estamos moi preto da fronteira alemana. Aquí imos pasar tres días visitando lugares entre os dous países, pasando dun ao outro con frecuencia, algo impensable durante non hai moitos anos.

Altos Fornos de  Völklingen
Altos Fornos de Völklingen

Os altos fornos de Völklingen, Patrimonio da Humanidade, a Rotonda de trens abandonada de Bénestroff e, sobre todo, os distintos restos da Liña Maginot (e Sigfredo) que se poden ver nesta zona, fai que pague a pena pasar aquí uns días.

Rotonda de Bénestroff
Rotonda de Bénestroff
Infraestructura da Liña Maginot en Ouverage du Simserhof
Infraestructura da Liña Maginot en Ouverage du Simserhof
Infraestructura antitanque da Liña Sigfredo
Infraestructura antitanque da Liña Sigfredo

Cruzar Francia sempre foi para nós un pracer. E desta vez imos con máis calma ca na nosa viaxe de ida.

Lago d'Orient
Lago d’Orient

De camiño de volta, e despois de parar en Géraudot, preto do Lago d’Orient, pasamos dúas noites en Châtres sur Cher , preto de Valençay, onde está o castelo onde estivo desterrado Fernando VII durante a Guerra da Independencia, e onde hai ademais un interesante museo de coches.

Castelo de Valençay
Castelo de Valençay

De camiño ao Sur, paramos en Oradour sur Glane, visitando (xa por terceira vez) as rúas do antigo emplazamento arrasado polos alemáns na Segunda Guerra Mundial.

Oradour sur Glane
Oradour sur Glane

Os seguintes dous días foron en Brantôme, xa preto de Périgueux, con fermosísimos pobos e paisaxes. E para rematar o retorno por Francia, estivemos dous días máis en Arthez de Béarn, xa preto dos Pirineos, onde visitamos Navarrenx e Orthez.

Arthez de Béarn
Arthez de Béarn

A volta desde aquí a Compostela foi case do tirón, con só unha parada a pasar a noite en Xixón. Con isto remataba a nosa viaxe até Noruega en caravana, despois de 40 días e facendo un total de case 9000 km en coche e 345 en bicicleta.

Consellos e gastos

A ruta: Fomos decidindo a ruta o día anterior ou con dous días de antelación. Os ferries os reservamos sempre o día anterior, buscando ás veces a opción máis económica.

Camping en Noruega
Camping en Noruega

Campings: Para evitar que algún camping esté completo, os reservamos ou o día anterior ou o mesmo día. Tentamos buscalos sempre preto da ruta e de lugares interesantes por ver. Poño aquí a lista dos camping onde estivemos e o prezo por noite:

· El Molino de Cabuérniga (Cabuérniga, Cantabria): 48€

· La Ferme des 4 Chênes (Urt, Francia): 57 €

· Camping de la Motte (Nouâtre, Francia): 20,72€

· Camping du Port de Plaisance (Péronne, Francia): 40,66€

· Camping Kempenstee (Knegsel, Países Baixos): 28,55€

· Moin Camp (Sottrum. Alemaña): 39€

· Terkelsbol Lystfiskeri Camping (Tinglev, Dinamarca): 45,95 €

· Tolne Camping (Tolne, Dinamarca): 52,13 €

· Stenrösets Camping (Trollhättan, Suecia): 42,41 €

· Sandaholm Camping (Arjäng, Suecia): 37,14 €

· Utvika Gard Camping (Krokkleiva, Noruega): 45,29 €

· First Camp Kronocamping (Lidköping, Suecia): 59,31€

· Karlsborgs Camping (Karlsborgs, Suecia): 40,36€

· Flammabadet (Knäred, Suecia): 35,20 €

· Camping Südstrand (Burg auf Fehmarn, Alemaña): 51,60 €

· Camping Allersee (Wolfsburgo, Alemaña): 35 €

· Camping Gross – Eichen (Gross – Eichen, Alemaña): 29€

· Camping Coeur d’Alsace (Harskirchen, Francia): 33,58 €

· Camping de la Fromentelle (Géraudot, Francia): 25,50 €

· Camping les Saules (Châtres sur Cher, Francia): 15,95 €

· Camping Far Ouest (Brântome, Francia): 39,7 €

· Camping l’oréedu Bois (Arthez de Béarn, Francia): 28,20 €

· Camping Deva (Xixón, Asturies): 45 €

Combustibles: Este foi un dos veráns que tivemos os combustibles máis caros. En algún país como Holanda ou Alemania case pagamos a gasolina a 2,5 € litro. O país máis barato foi Suecia, xa que estaba subvencionado (entorno aos 1,3 € litro).

Camiño de terra en Suecia
Camiño de terra en Suecia

Peaxes: Ademáis das autoestradas francesas, tamén tivemos peaxes (peaxe electrónico) na cidade de Oslo en Noruega, Gotemburgo en Suecia e para cruzar a Ponte do Oresund entre Dinamarca e Suecia.

Conducción con caravana: Conducir coa caravana nesta viaxe foi moi fácil, xa que as estradas son polo xeral anchas e non ten un relevo moi accidentado. En Suecia foi o país máis fácil para ir coa caravana, xa que a súa pouca densidade de poboación fai que haxa moi to espazo, e sexa fácil até ir a facer a compra ao supermercado coa caravana.

Facendo a compra coa caravana en Suecia
Facendo a compra coa caravana en Suecia

Exemplo de gastos: Poño aquí exemplo do que pagamos por algunhas cousas na viaxe:

· Entradas Museo Maurice du Fresne: 24€

· DAF Museum: 36 €

· Ferry Frederickhavn – Gotemburgo: 314,90€

· Entrada Museo Nacional de Oslo: 41,92 €

· Peaxe Ponte de Oresund: 142,65 €

· Ferry Rodby – Putgarden: 194,4 €

· Entradas Autostadt: 60€

· Entradas Völklingen: 34 €

· Entradas Ouverage du Simserhof: 28€

· Entradas Chateau de Valençay e Museo do Automóbil: 50€

A caravana no ferry
A caravana no ferry

Gastos totais: O total de gastos incluíndo absolutamente todo (combustible, comida, camping, ferries, entradas,…), para dous adultos e un neno de 8 anos foi de 5823,6 € en 40 días.

Bosque de taiga
Bosque de taiga

Até aquí o diario da viaxe a Oslo con caravana. Agardo que vos gustase e, como é habitual neste blogue, se tedes algunha dúbida, ou se queredes deixar algún consello máis, non dubidedes en escribir un comentario.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.