Visita ao Castro de Candaz

Guía da visita ao Castro de Candaz

castro de candaz

Aínda que hai moitos castros espallados por todo o territorio galego, moi poucos se encontran nunha paraxe tan curiosa como o Castro de Candaz.

Castro de Candaz
O Castro de Candaz, emerxe do Encoro de Belesar coa seca

Situado nunha península no Río Miño, en plena Ribeira Sacra, o primeiro que debemos saber é que este castro está case todo o ano baixo as augas do Encoro de Belesar, así que só teremos uns poucos días ao ano (salvo casos de sequías prolongadas ou traballos de mantemento do encoro) para poder visitalo, polo xeral nos meses de setembro e outubro. Nesta entrada comparto con vós unha guía sobre a súa visita.

Castro de Candaz
Castro de Candaz

Como chegar

O Castro de Candaz encóntrase ao carón da aldea de Xillán, no Concello de Chantada (Lugo), a aproximadamente 9 km da capital do concello. A mellor forma de achegarse é pola N-540, desviándose á altura do quilómetro 48, nun cruce á dereita sen sinalizar, que está nunha curva con dúas paradas de autobús a ambos lados da estrada (se vimos desde Lugo cruzaremos a estrada N-540 por unha ponte).

Se hai moitos visitantes, non podemos pasar de aquí
Se hai moitos visitantes, non podemos pasar de aquí

Xusto despois do cruce cruzaremos a aldea de Paracostoira, e a poucos metros, chegaremos ao lugar de Mosteiro, onde en días de gran afluencia de xente teremos que deixar o coche (unha valla soe cortarnos o paso nestas situacións).

Onde aparcar

Nos días de gran afluencia de xente deixaremos o coche nunha explanada ao carón dun cementerio, xusto á entrada da aldea de Mosteiro.

Se hai moitos visitantes, debemos deixar o coche aquí
Se hai moitos visitantes, debemos deixar o coche aquí

Se non hai unha valla que nos impida continuar, podemos seguir un pouco máis, ate a aldea de Xillán. Ate aquí a estrada é moi estreita, e as veces dous coches crúzanse con dificultade, por iso ás veces cortan o tráfico.

Aquí deixaremos o coche se non hai moita afluencia de público
Aquí deixaremos o coche se non hai moita afluencia de público

De todas formas, se nos fose posible seguir, un bo lugar para deixar o coche sería a carón do Pazo da Portada. A partir de aquí mellor ir andando.

O acceso ao castro

Unha vez aparcado o coche hai que seguir un camiño, polo xeral sinalizado, cara o Río Miño.

Acceso a pé sinalizado
Acceso a pé sinalizado

Non é que sexa moita distancia, aínda que si ten moita pendente (sobre todo de subida á volta) e ao final do mesmo, chegando ao castro, é moi estreito e con moita pedra.

Sendeiro de camiño ao castro
Sendeiro de camiño ao castro

De todos os xeitos, as vistas ás vides da Ribeira Sacra ao principio, e ao Río Miño e o castro ao final, fan do camiño un bo paseo.

O castro

O que poidamos ver do castro así como o acceso ao seu interior dependerá do nivel de auga no encoro.

Entrada ao castro
Entrada ao castro

Si está moi baixo se pode pasear por el perfectamente, aínda que teremos que ir con coidado pola gran cantidade de pedras.

Castro de Candaz
No castro

No castro pódense distinguir unha certa cantidade de edificios, polo xeral de forma rectangular.

Castro de Candaz
Castro de Candaz

Ao redor do mesmo, temos un bo número de terrazas, así como os restos dunha fortaleza medieval.

Os arredores

O castro encóntrase nunha das zonas máis fermosas de toda a xeografía galega, a Ribeira Sacra. Neste enlace, déixovos unha ruta en coche para coñecer os lugares máis fermosos da Ribeira Sacra. Algún deles, como o miradoiro do Cabo do Mundo, ou a Igrexa de Santo Estebo de Ribas do Miño, están a pouca distancia do Castro de Candaz.

Cabo do Mundo, Ribeira Sacra
Cabo do Mundo, Ribeira Sacra

Ate aquí a guía de visita ao Castro de Candaz. Se tendes algunha dúbida, ou queres facer unha achega sobre este lugar, podedes escribir un comentario.

2 pensamientos sobre “Visita ao Castro de Candaz”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *