Visita ao templo de Santalla de Bóveda

Guía para visitar o Templo de Santalla de Bóveda (tamén coñecido polo seu nome en castelán Santa Eulalia de Bóveda), unha xoia da nosa historia única no mundo

santalla de boveda, lugo

Moi preto da cidade de Lugo, temos un dos templos máis interesantes e a súa vez máis descoñecidos do país: O templo de Santalla de Bóveda.

Santalla de Bóveda

Hai bastantes teorías en relación a súa orixe, xa que algúns din que é celta e outros o sitúan na época romana, como un templo adicado ao Deus Mitra ou a Deusa Cibeles.

santalla de bóveda, lugo
O templo, a carón da igrexa

O que si parece que está claro é a orixe precristiá, xa que todo apunta que os ritos relizados no lugar son pagáns.

Vista desde o exterior da entrada ao templo
Vista desde o exterior da entrada ao templo

O TEMPLO

O primeiro que chama a atención do templo é que está baixo o nivel do chan, aínda que nun pasado houbo un piso superior, que foi derruído e do que agora só fica unha pequena parede na parte orientada ao norte.

Arco de ferradura, santalla de boveda
Arco de ferradura

Na entrada do templo hai, sobre todo, dous elementos que destacan. Por un lado, o arco en forma de ferradura, posiblemente o máis antigo da Península. Por outro lado, as imaxes esculpidas en pedra aos lados da entrada pola que se accede ao centro, que representan, entre outros motivos, a danzantes con arcos florais.

Danzantes esculpidos na pedra
Danzantes esculpidos na pedra

Pero o máis curioso do templo está no seu interior. Ademáis do pequeno estanque (desecado durante o século pasado durante unha penosa restauración), e de tres columnas con preciosos capiteis, o máis característico son sen dúbida as pinturas, que representan diversas aves e que datan, posiblemente, da época romana.

Piscina, capiteis e murais
Piscina, capiteis e murais

A VISITA

A entrada ao templo é gratuita, e ten o seguinte horario de apertura:

  • Martes, mércores, xoves e venres: de 8:30 a 14:30 horas

  • Sábados: de 10:00 a 14:00 horas

  • Domingos, luns e festivos: pechado

Trátase dun horario bastante ridículo, xa que non está aberto precisamente os días de máis visitas turísticas.

Interior do templo, coas preciosas pinturas
Interior do templo, coas preciosas pinturas

De todos os xeitos, se temos a sorte de poder ir neste horario, o primeiro a onde teremos que ir é a oficina de información, situada a poucos metros cara á aldea.

Oficina de información, santalla de boveda
Oficina de información

Nesta oficina, aparte de darnos toda a información que desexemos do lugar, tamén podemos ver algúns restos da restauración, como a pedra que regulaba a auga que chegaba ao templo, unha pedra cunha estela solar, ou as ménsulas do antigo teito do santuario.

Sistema de regulación da auga
Sistema de regulación da auga
Estela solar
Estela solar

O ENTORNO

O templo está situado nunha típica aldea do rural galego, xusto ao carón da igrexa.

A aldea de Santalla de Bóveda
A aldea de Santalla de Bóveda

Desde este lugar, pódese facer unha ruta de sendeirismo circular de case 5 quilómetros que nos levará pola típica paisaxe agraria destas terras.

Ruta de sendeirismo polos arredores de Santalla de Bóveda
Ruta de sendeirismo polos arredores de Santalla de Bóveda

Ademáis, a pouca distancia deste lugar, pasa o Camiño de Santiago Primitivo, polo que pode ser unha boa parada para os peregrinos que fan dito Camiño.

Santalla de Bóveda
Santalla de Bóveda

COMO CHEGAR

Santalla de Bóveda encóntrase a só 15 quilómetros do centro da cidade de Lugo.

Ruta desde Lugo
Ruta desde Lugo

Para chegar ate aquí, sairemos de Lugo pola estrada de Ourense (N-540), e despois xiraremos á dereita pola LU – P – 2901 xusto ao pasar a gasoliñeira de Repsol que hai despois da Ponte do Miño. A máis o menos un quilómetro do templo, collemos o desvío á dereita pola LU – P – 2903, que está sinalizado, e nos levará ate o mesmo templo.

Interior do templo
Interior do templo

Pois ate aquí a nosa visita ao templo de Santalla de Bóveda. Se tendes algunha dúbida ou queredes deixar aquí algún consello máis, anímovos escribir un comentario.

Un comentario sobre “Visita ao templo de Santalla de Bóveda”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.