Turexpo 2018

As principais propostas do sector turístico no Turexpo 2018 de Silleda

O polbo á mugardesa en Turexpo
O polbo á mugardesa en Turexpo

Tras a nosa visita ao pasado Turexpo 2018 de Silleda, comparto con vós o que consideramos as mellores propostas turísticas que alí coñecimos, moitas de elas ben interesantes, e que seguramente serán varios dos nosos próximos destinos.

No Pozo del Sotón, podemos baixar a unha mina
No Pozo del Sotón, podemos baixar a unha mina

Asturias non podía faltar neste evento, tanto polos recursos turíscos que ofrece como pola súa proximidade. Asturias coñeceuse durante moitos anos como «Paraíso Natural», froito dunha campaña de moito éxito. Supoño que por esta razón, este ano Asturias quiso mostrar en Turexpo un lado diferente, máis urbano, cun protagonismo claro das súas cidades.

Avilés
Avilés

Se comezamos por Avilés, esta cidade mostra moitos encantos agochados baixo a súa fama de cidade industrial. E que Avilés, mellorou moitísimo estes últimos anos, liderada por unha boa restauración do seu casco antiguo. Paga a pena visitala, e volo digo eu que traballei alí dous anos. De Oviedo xa é famoso, sobre todo, o seu patrimonio artístico. Está rodeado de igrexas prerrománicas, e a súa catedral é das máis famosas que existen. Polo seu lado, Xixón, que conta cunha promoción turística sobresaliente, ofrécenos múltiples actividades que van moito máis aló que o sol e praia.

Carbón do Pozo del Sotón
Carbón do Pozo del Sotón

Sen sair de Asturias, e cunha proposta ben diferente, chamounos a atención o Pozo del Sotón, unha experiencia única que te permite descender a unha mina asturiana e exercer de mineiro durante varias horas.

Porto e Norte
Porto e Norte

Portugal estaba moi presente en Turexpo. E que o país veciño está facendo moito en promocionarse. Destaca a acción de Porto e Norte, consorcio turístico no que se reúnen varios concellos do Norte de Portugal, así como o que se moven neste ámbito moitos outros concellos da zona, como Esposende ou Braga.

Ostras de Marinha Passagem
Ostras de Marinha Passagem

Se imos cara máis ao sur deste país, destacan tamén as propostas de Marinha Pasagem (onde podemos coñecer o cultivo e probar as deliciosas ostras), así como descubrir a zona de Coimbra e Luso (coa impresionante Mata do Buçaco ao seu carón).

Curiosa guía de Esposende
Curiosa guía de Esposende

Se queremos esquecernos de organizar a viaxe pola zona pola nosa conta, podemos confiar no Grupo Gala para ensinarnos estes lugares, como pudimos comprobar en Turexpo.

Traxe da festa viquinga de Catoira
Traxe da festa viquinga de Catoira

Por último, non podían faltar en Turexpo a promoción de distintos concellos galegos. Había moitos, e sería moi extenso falar de cada un dos que estaban alí. Entre eles destacan os de Alfoz e O Valadouro, concellos da Mariña Lucense non tan coñecidos por carecer de costa, mais que contan con ben interesantes recursos como castelos, fervenzas ou antas.

Produtos de Folgoso do Courel
Produtos de Folgoso do Courel

Ademáis, aquí en Turexpo, podemos ver, en directo, como traballaba un zoqueiro da zona. Sen sair da provincia de Lugo, estaba tamén o concello de Folgoso do Courel, presentando moitas das súas delicias gastronómicas, que teñen fundamentalmente como materia principal a castaña.

Pementos de Arnoia
Pementos de Arnoia

Se imos á provincia de Ourense, chamounos a atención a mostra que tiña en Turexpo o Concello de Xunqueira de Espadañedo, dándonos a coñecer a cerámica de Niñodaguia; así como o Concello de Arnoia, coa Festa do Pemento como reclamo estrela. Na provincia de Pontevedra gustounos moito o de Cuntis, Lalín e A Estrada, tres concellos onde están facendo cousas moi interesantes na promoción turística, así como o de Catoira, coa Festa Viquinga como prato principal.

Información do Concello de Cuntis
Información do Concello de Cuntis

Rematamos na Provincia da Coruña co show cooking de Mugardos, onde probamos o polbo á mugardesa, ademais do de Neda (onde degustamos o seu pan) e o Consorcio Turístico de Arousa Norte, onde coñecimos moitas cousas que visitar nos Concellos de Riveira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo. E había moitos máis, e todos eles con excelentes propostas. Agardamos que os anos vindeiros se continúe con este traballo de divulgación turística para os que tanto amamos viaxar.

Agradecementos: A organización de Turexpo, aos distintos expositores que visitamos, aos bloggers que nos acompañaron e a Carlos, de Tuvergal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.