Lalín está situado no corazón do territorio galego, no que domina unha paisaxe de fermosos vales cheos de soutos, carballeiras e ríos de augas cristalinas.
Por esta razón, nas terras do Concello de Lalín, temos moitos lugares onde podemos gozar da natureza, ainda que se hai que escoller un par deles serían sen dúbida a Fraga de Catasós, un fermoso bosque autóctono declarado Monumento Nacional, e a Serra do Candán, incluído na Rede Natura 2000.
Unha ruta en coche ou moto polo mellor da Ribeira Sacra
A Ribeira Sacra é un dos lugares máis completos desde o punto de vista turístico. Por un lado, pola súa paisaxe, con excelentes miradoiros sobre os ríos Miño e Sil. Por outro lado, polo seu valor histórico, con importantes igrexas románicas e mosteiros (de aí o nome de Ribeira Sacra), así coma de pisadas romanas.
Por último, reúne moitas actividades que fará imposible aburrirse como poden ser rutas de sendeirismo, btt ou turismo enolóxico, ao ser a Ribeira Sacra tamén unha denominación de orixe vinícola. A mellor forma de percorrer a Ribeira Sacra é Seguir leyendo Ruta en coche pola Ribeira Sacra→
Guía práctica para a visitar a Rapa das Bestas de Sabucedo
A Rapa das Bestas de Sabucedo é unha das festas tradicionais máis coñecidas do noso país, así que non podería faltar unha entrada neste blog con información para gozar desta gran festa. Agardo que vos guste e vos sexa útil!
Ruta turística polo mellor do Concello de A Estrada
Para un santiagués coma min o Concello de A Estrada non é en absoluto descoñecido. De feito, xa visitei o Pazo de Oca en outras ocasións, paseei varias veces ao carón do Río Ulla en lugares como Pontevea ou o Xirimbao, e mesmo non fai moito tempo que contemplei a paisaxe da comarca desde miradoiros como o de San Miguel de Castro.
Guía da visita a unha das lagoas máis famosas da Terra Chá
Nas chairas do centro da provincia de Lugo, en plena Terra Chá, podemos gozar dun espazo natural que é un auténtico paraíso para os amantes das paisaxes e da natureza, e en especial as aves: A Lagoa de Cospeito.
É, ademáis, un lugar único para pasear e relaxarse, xa que se pode percorrer todo ao seu redor por un bonito sendeiro.
Guía para visitar o Templo de Santalla de Bóveda (tamén coñecido polo seu nome en castelán Santa Eulalia de Bóveda), unha xoia da nosa historia única no mundo
Moi preto da cidade de Lugo, temos un dos templos máis interesantes e a súa vez máis descoñecidos do país: O templo de Santalla de Bóveda.
Hai bastantes teorías en relación a súa orixe, xa que algúns din que é celta e outros o sitúan na época romana, como un templo adicado ao Deus Mitra ou a Deusa Cibeles.
Guía para visitar un dos entroidos máis orixinais da nosa terra
En que consiste o Entroido do Oso de Salcedo?
O entroido da aldea de Salcedo, situado no Concello de Pobra do Brollón (Lugo), é sen dúbida un dos máis orixinais da Galiza. Non ten nada que ver cos entroidos que estamos acostumados a ver por aquí, aínda que si os hai similares en lugares tan lonxanos como nos Alpes, Romanía ou mesmo no Xapón.
Consiste na representación dun oso, que percorre as rúas de Salcedo manchando aos veciños (e visitantes) con auga misturada con cinza. Tanto ten que tentemos fuxir do oso; se ve que non Seguir leyendo O ENTROIDO DO OSO DE SALCEDO→
Cando falamos de Lalín, o primeiro que pensamos é na Feira do Cocido e na súa gran calidade gastronómica. E Lalín é moito máis ca iso; xa que sen sair dos límites deste concello do centro do país, podemos pasar uns días visitando interesantes museos, ollando paisaxes que namoran, facendo rutas de sendeirismo e, como non, probando a súa fantástica comida local.
A VILA DE LALÍN
Para comezar a nosa ruta turística pola Vila de Lalín, o mellor é situarnos no vangardista e pintoresco Concello. Esta famosa obra dos arquitectos Mansilla e Tuñón, coñecida como O Castro Tecnolóxico, ten un deseño que non Seguir leyendo RUTA TURÍSTICA POLO CONCELLO DE LALÍN→
Moi preto de Marín, na parroquia de Mogor, temos uns dos gravados rupestres máis interesantes da Galiza.
Trátase de tres conxuntos de grupos de petróglifos ben diferenciados, onde destacan sobre todo os labirintos e cazoletas. O conxunto encóntrase nun bo estado de conservación e conta cun centro de interpretación no lugar.
A Lenda de Santa Mariña, e pegadas castrexas, romanas e medievais, a pouca distancia de Allariz
Poucos lugares hai onde a historia e a lenda sexan tan sorprendentes como en Augas Santas. Quen chega ate aquí, ven sen dúbida buscando algo único. A quen lle guste a historia, vai gozar dunha serie de impresionantes restos da cultura castrexa, romana e medieval, que non son nada comúns. Por outro lado, os amantes das lendas, xa sexan paganas ou cristiáns, van ter neste lugar unha boa fonte para a súa imaxinación, porque non hai pedra, árbore, fonte,…que non teña un significado en toda esta parroquia.
A maior parte dos visitantes chegan á aldea de Santa Mariña de Augas Santas desde Allariz, que é ao concello ao que pertence, e se encontra a só 6 kilómetros do seu centro.
Esta aldea xa, por si soa, hai que dedicarlle un tempo para dar un paseo por ela. Declarado Conxunto Histórico – Artístico, conta con moitas casas tradicionais ben conservadas e nun bo estado en xeral. Ten, ademais, algún artesán nas súas rúas. A igrexa de Santa Mariña, románica do século XII con engadidos do XVIII, destaca sobre o Seguir leyendo AUGAS SANTAS: ENTRE A HISTORIA E A LENDA→